Page 1

TEMA 7

O SISTEMA NERVIOSO

SANDRA PARADA NOGUEIRAS CURSO 2009-10


ÍNDICE 1- Os sistemas de coordinación 2- Tecido nervioso: neuronas e neuroglia 3- A sinapse 4- Organización do sistema nervioso: - Anatónica: Sistema nervioso central (SNC) - Éncéfalo - Medula espiñal Sistema nervioso periférico (SNP) - Nervios - Funcional: Sistema nervioso somático Sistema nervioso autónomo ou vexetativo: - Simpático - Parasimpático 5- A influencia das drogas 6- Principais enfermidades orgánicas e psicolóxicas 7- Hábitos saudables


1 - Os sistemas de coordinación A función de relación se define como a capacidade que teñen os seres vivos de percibir estímulos (externos e internos) e respostar a eles. Para levela a cabo existen un conxunto de procesos que podemos esquematizar da seguinte maneira: • A adaptación do noso organismo ás cambiantes condicións tanto do medio externo como do medio interno do corpo • A relación e coordinación das diferentes partes do noso corpo para que actúen como unha unidade De forma resumida, a función de relación pode esquematizarse seguinte maneira: da


Os procesos implicados na función de relación son realizados por varios órganos e sistemas que actúan do seguinte modo: os órganos sensoriais captan a información do entorno en forma de estímulo e transmítena ao sistema nervioso; este percíbea, procésaa e desenvolve unha resposta, que é transferida a continuación aos órganos efectores, que son os responsables de a levar a cabo. Os órganos efectores son: 1. O aparato locomotor (constituIdo polos músculos e os ósos), que se encarga do movemento do organismo (resposta motora). 2. O sistema endócrino, que produce hormonas reguladoras do funcionamentcs do organismo (resposta secretora). Ademais de centralizar e procesar a información que chega ao noso organismo, o sistema nervioso ten outras funcións: • Recibe a información transmitida polos órganos sensoriais. • Interpreta esa información. • Elabora respostas axeitadas. • Transfire as ordes necesarias aos distintos órganos efectores. • Coordina o funcionamento de todos os órganos do noso corpo. • Realiza as funcións intelectuais e mentais. • É o responsable das emocións e dos sentimentos do ser humano.


2 - Tecido nervioso Como xa estudamos no primeiro tema do curso o sistema nervioso se atopa constituido principalmente por tecido nervioso formado por 2 tipos celulares: Neuronas e células da Glia.

CÉLULAS DA GLIA Están intercaladas entre as neuronas as que protexen, illan e alimentan. Podemos diferenciar 5 tipos: -Astrocitos: Rodean os capilares formendo a barreira hematoencefálica -Microglia: actúa ante as inflamacións -Oligodendrocitos: que proporcionan a Mielina as neuronas do SNC -Células de Schawnn: que proporcionan a Mielina as neuronas do SNP -Células ependimarias: producen e regulan o Líquido Cefalorraquídeo (LCR)


NEURONAS Morfoloxía da Neurona

As neuronas son as células máis diferenciadas do noso organismo. Teñen unha parte semellante a calquera outra célula, denominada corpo celular ou soma, e unhas prolongacións especializadas, que son de dous tipos: Dendritas. Son curtas, moi numerosas e ramificadas. Axones: Son longas e presentan unha pequena ramificación no seu extremo, cuxo punto final se denomina botón sináptico. Polo xeral, só hai un único axón en cada neurona.


Tipos de Neuronas Podemos clasificar as nauronas segundo a súa forma:

Monopolar: con unha única prolongación Bipolar: con 2 prolongacións Multipolar: con moitas prolongacións

Ou segundo a súa función

Sensitiva: leva a información captada polos receptores ó SNC Motora: Leva a información elaborada polo SNC ata os efectores De asociación ou interneuronas: Forman parte do SNC e conectan as neuronas sensitivas coas motoras


Fisioloxía da neuronas As neuronas reciben e transmiten sinais. A transmision destes sinais levase a cabo mediante impulsos nerviosos que se propagan mediante fenómenos eléctricos (despolarización da membrana plasmática) e químicos (sinápse) As neuronas non están en contacto entre si como demostrou coas súas observacións Santiago Ramón y Cajal (Nobel de medicina en 1906) senón que entre elas existe un espazo sináptico.

A transmisión do impulso levase a cabo sempre no mesmo sentido, dende o axón da neurona 1 á dendrita da neurona 2


3 - A SINAPSE

Na sinapse non se produce contacto físico entre as neuronas xa que, a pesar de se atoparen moi próximas, existe un estreito espazo entre elas coñecido como brecha ou fendedura sináptica. No extremo do axón hai unhas vesículas (estrutura membranosa en forma de bolsiña) moi pequenas que conteñen unhas substancias que reciben o nome de neurotransmisores. Cando o impulso nervioso chega ao extremo do axón, as vesículas rómpense e os neurotransmisores son liberados á brecha sináptica onde se unen á membrana da dendrita da neurona adxacente, o que pode facer que esta inicie un novo impulso nervioso. Na sinapse, a corrente nerviosa non é continua de principio a fin, senón que nun momento determinado remata e, entón, comeza unha nova. As sinapses son, por tanto, puntos de control da transmisión da corrente nerviosa, pois, dependendo do tipo de neurotransmisores e da frecuencia e intensidade dos impulsos que chegan, esta pode continuar ou non.


TRANSMISIÓN ELÉCTRICA

LER ARTIGO / VER VIDEO


RECORDADE A transmisión se produce por unha corrente eléctrica e unha corrente química (neurotransmisores) entre 2 neuronas que non están físicamente unidas (sinapse)


4 - Organización do sistema nervioso Sistema nervioso central (SNC) O sistema nervioso central está formado pola medula espiñal e o encéfalo, que son os centros que integran e procesan a información. Debido á súa grande importancia e á fraxilidade das súas estruturas, o sistema nervioso central está protexido de posibles lesións externas mediante: • O cranio e a columna vertebral, en cuxo interior está aloxado. • Tres membranas, denominadas meninxes, situadas entre a protección ósea e os órganos nerviosos. De dentro a fóra, as meninxes son a piamáter, a aracnoides e a duramáter. Entre as meninxes atópase o líquido cefalorraquídeo. que atenúa o efecto dos golpes sobre os centros nerviosos.


O ENCÉFALO O encéfalo é a parte do sistema nervioso central aloxada dentro do cranio ou caixa cranial. No encéfalo diferéncianse catro rexións: o bulbo raquídeo, o tronco cerebral, o cerebelo e o cerebro. 1• O bulbo raquídeo constitúe a prolongación da medula. Nel existen varias zonas de substancia gris rodeadas por substancia branca. As vías nerviosas ascendentes e as descendentes pasan polo bulbo, onde se entrecruzan, de xeito que a metade cerebral dereita recibe información do lado esquerda do corpo, e viceversa. Por iso, a mobilidade dun lado do corpo é provocada polo lado contrario do cerebro. Ademais, o bulbo raquídeo, que tamén forma parte do sistema autónomo, encárgase de regular varias funcións corporais, como o latexo cardíaco, a presión sanguínea e a ventilación pulmonar, entre outras. 2• O tronco cerebral engloba varias partes do encéfalo, comprendidas entre o bulbo raquideo e o cerebro, que regulan os estados de sono e vixilia, os reflexos visuais e auditivos, a comunicación entre o cerebro e outras partes do encéfalo, así como a selección dos estímulos que pasarán ao cerebro. Por outro lado, unha parte do tronco cerebral, o hipotálamo, está conectada coa hipófise, controlada por el. A hipófise é unha glándula endócrina que segrega hormonas reguladoras do resto das glándulas do organismo (como veremos no seguinte tema)


• O cerebelo atópase na parte posterior do encéfalo. O seu aspecto externo ten certa semellanza co cerebro, xa que, ao igual que este, presenta pregamentos na súa superficie. Está formado por substancia gris na súa zona externa e por substancia branca na súa zona interna. Esta última presenta un aspecto ramificado, polo que tamén recibe o nome de árbore da vida. O cerebelo é o órgano encargado de recibir a información relativa ao equilibrio que envía o oído. A partir dela, regula a actividade dos músculos que interveñen no mantemento do equilibrio. Ademais, coordina as ordes motoras enviadas polo cerebro para que os movementos sexan precisos. isto resulta fundamental naquelas actividades nas que participan varios músculos diferentes, como andar, montar en bicicleta ou realizar calquera traballo que requira precisión.


• O cerebro é a parte máis grande do encéfalo e o órgano nervioso máis importante. Está composto por substancia branca na súa zona interior e por substancia gris na súa zona exterior, a cal forma a cortiza cerebral, unha capa de só 2 mm de espesor que constitúe a adquisición evolutiva máis importante do sistema nervioso dos animais, pois dirixe a conduta aprendida. Ademais, sen cortiza cerebral non se pode aprender nin efectuar movementos voluntarios, entre outros actos nerviosos. Nos seres humanos, a cortiza cerebral ten unha extensión moito maior que en calquera outro grupo de organismos, polo que presenta abundantes pregamentos para se poder axustar ao volume da caixa cranial. Estes pregamentos poden ser de dous tipos: • Circunvolucións cerebrais. Son numerosas e pouco profundas. • Cisuras. Son escasas e profundas. Unha das cisuras divide o cerebro en dous hemisferios, dereito e esquerdo, que están conectados polo corpo caloso, unha banda formada por substancia branca. As restantes cisuras e circunvolucións delimitan diferentes áreas da cortiza cerebral, coñecidas como lóbulos, as cales teñen funcións distintas. Os lóbulos reciben o nome do óso do cranio baixo o que se localizan (frontal, parietal...).


As funcións do cerebro son variadas e complexas: 1. Recibe información de todos os órganos sensoriais, excepto do órgano do equilibrio, e produce as sensacións correspondentes. As vías nerviosas que transmiten estas informacións rematan en zonas específicas da cortiza cerebral. 2. Procesa a información recibida e elabora as respostas e as ordes para os órganos efectores. 3. Coordina e controla o funcionamento de todas as partes do sistema nervioso. 4. Alberga as facultades intelectuais ou funcións nerviosas superiores, como a memoria, o raciocinio, a intelixencia, a consciencia e a vontade.


MEDULA ESPIÑAL A medula espiñal é un cordón nervioso que percorre o interior do canal formado pola columna vertebral. A substancia gris localízase no centro da medula espiñal e presenta forma de ás de bolboreta; a substancia branca atópase situada na súa zona externa. No interior da substancia gris atópase un pequeno conduto, o epéndima, que a percorre de arriba a abaixo e contén liquido cefalorraquídeo. Da medula parten nervios cara a todos os lugares do organismo, excepto cara á cabeza. As fúncións da medula son as seguintes: • Realiza actos reflexos. Chámase así a elaboración dunha resposta ante un estímulo sen a participación do cerebro. Conduce os impulsos sensitivos cara ao cerebro e as ordes motoras procedentes deste aos órganos efecto- res. Así, ademais de se producir o acto reflexo, hai conexión da medula co cerebro, o cal recibe a información e elabora unha orde que pode modificar a resposta reflexa.


Sistema nervioso periférico (SNP) O sistema nervioso periférico é o encargado de conectar os receptores co SNC, e os centros nerviosos cos órganos efectores. Está constituido polos nervios.

Os nervios son a unión de varios axóns pola mielina que os protexe e impide o paso da corrente electrica de uns axóns a outros


Segundo o sentido en que transmitan o impulso nervioso, os nervios clasificanse en: 1. Nervios sensitivos. Transmiten información procedente só dos órganos sensoriais. 2. Nervios motores. Envían ordes aos distintos órganos efectores. 3. Nervios mixtos. Conteñen áxones de ambos tipos (sensitivos e motores).


Segundo o punto do sistema nervioso central de onde parte, existen nervios craniais e nervios raquídeos: 1. Nervios craniais. Proceden do encéfalo. Son doce pares sensitivos e motores. 2. Nervios raquídeos ou espiñais. Saen da medula espiñal. Trátase de 31 pares de nervios mixtos. Cada nervio raquídeo sae da medula en forma de dúas raíces, que se reúnen pouco tempo despois para constituír un único cordón nervioso. Todas as neuronas sensitivas entran na medula pola raíz posterior, mentres que todas as neuronas motoras saen da medula pola raíz anterior.

Nervios raquídeos

No percorrido dalgúns nervios obsérvanse uns pequenos avultamentos, coñecidos como ganglios nerviosos, formados por agrupacións de corpos de neuronas.

Nervios craneais


O SISTEMA NERVIOSO SOMÁTICO Intervén no movemento corporal voluntario.

O SISTEMA NERVIOSO AUTÓNOMO OU VEXETATIVO O sistema nervioso autónomo ou neurovexetativo ou involuntario, é o encargado da correcta regulación e coordinación dos órganos internos, é dicir, daquelas funcións que son independentes da vontade. Os centros superiores do sistema nervioso autónomo localízanse na zona lateral gris da medula espiñal, no bulbo raquídeo e no hipotálamo, e deles parten fibras nerviosas que innervan os distintos órganos.


Existen dous tipos de sistema nervioso autónomo: simpático e parasimpático. • Sistema nervioso simpático. Encárgase de activar os órganos do corpo para que traballen de xeito máis intenso. • Sistema nervioso parasimpático. Ao contrario que o anterior, a súa acción provoca a relaxación e o funcionamento máis lento e menos intenso dos órganos.


FUNCIONAMENTO DO SISTEMA NERVIOSO Actos voluntarios Mover a cabeza cara ao lugar de onde procede un son é un acto voluntario. Realizamos todos os actos voluntarios, do máis sinxeio ao máis complexo, baixo o control do cerebro. O estímulo recollido polo receptor, neste caso os oídos, transmítese polos nervios sensitivos ata chegar ao cerebro, onde se analiza e se elabora unha resposta, como por exemplo volver a cabeza. A resposta elaborada é enviada, en forma de impulsos nerviosos, desde o cerebro a través dos nervios motores aos músculos (efectores) que moven a cabeza. Nun acto voluntario a resposta e voluntaria e consciente. A elaboración da resposta realízase no cerebro.


Actos reflexos Cando retiramos a man ao queimarnos, estamos realizando un acto reflexo. Este tipo de actos non dependen da vontade, polo que as respostas que producen son involuntarias e non se controlan. Nun acto reflexo non intervén o cerebro, polo que o percorrido do impulso nervioso é moito máis curto e a resposta é moito máis rápida. A resposta do organismo ante un estimulo nun acto reflexo é involuntaria, e o centro nervioso que intervén na elaboración da resposta é a medula espiñal. Os actos reflexos lévanse a cabo mediante unha estrutura nerviosa chamada arco reflexo, en que interveñen os seguintes elementos: • Un receptor, que capta o estímulo (por exemplo, a pel, que recibe a queimadura). • Unha neurona sensitiva, que leva o impulso nervioso desde o receptor cara á medula espinal. • Unha neurona de asociación, situada na medula, que pon en contacto a neurona sensitiva coa motriz. • Unha neurona motora, que conduce a resposta ata o efector. • Un efector (músculo), que realiza o movemento dando unha resposta (o músculo contráese e retira o brazo).


5 – A influencia das drogas A definición común de droga é a dunha substancia química que, introducida no organismo, altera unha ou varias funcións. Atendendo a esta definición, os medicamentos son drogas. Non obstante, as substancias que habitualmente se consideran como drogas son utilizadas sen prescrición médica.

Efectos das drogas As drogas actúan sobre o sistema nervioso central e producen tolerancia e dependencia. • A tolerancia é a capacidade do organismo para desenvolver unha resistencia aos efectos dunha substancia tóxica e para se adaptar a ela tras o seu consumo prolongado. Como consecuencia, o organismo require cada vez malores doses da droga para conseguir o mesmo efecto. • A dependencia ou adicción é a necesidade de consumir droga para que o organismo poida funcionar axeitadamente. A carencia desta substancia provoca alteracións e síntomas graves, e para a persoa adicta a droga convértese nun obxectivo prioritario, o que ten importantes consecuencias na súa vida familiar, social, emocional, laboral, etc. A dependencia pode ser de dous tipos: fisica e psíquica. • Física. O organismo habituado a unha droga xa non pode prescindir dela, pois a súa carencia ocasiona trastornos no funcionamento de vahos órganos, vómitos, tremores, suoración intensa, diarrea, dores, etc. Este conxunto de síntomas constitúe o denominado síndrome de abstinencia. • Psíquica. As drogas alteran o funcionamento do cerebro e provocan unha sensación de pracer e benestar que cesa ao se interromper o seu consumo, polo que ocasionan nas persoas adictas malestar, ansiedade e insatisfacción. A dependencia psíquica das drogas débese a que exercen unha acción directa sobre o sistema nervioso central. Na súa maioría interfiren na transmisión da corrente nerviosa na sinapse e provocan a alteración de determinadas funcións, diferentes segundo o tipo de droga consumida, isto é posible porque interactuan cos neurotransmisores


DROGAS CONTRA NEUROTRANSMISORES O encéfalo funciona analizando a información procedente dos sentidos e crea modelos do que Ile semella que é o mundo, que se anovan constantemente mediante informacións novas que Ile chegan desde o exterior. Na transmisión destas informacións desempregan un papel primordial os neurotransmisores. As drogas, tanto as legais (como o alcol e o tabaco), como as ilegais (cocaína, heroína, haxix, LSD, etc.) son substancias químicas que potencian ou inhiben a acción dos neurotransmisores, que poden incidir no mecanismo da sinapse, alterar a transmisión da información e, eventualmente, enganar o encéfalo. Cando isto ocorre, o mundo exterior non coincide coas imaxes creadas no noso interior: para cada individuo unicamente existe o mundo que o seu cerebro constrúe. A característica principal das drogas é a súa psicoactividade, xa que se trata de substancias con capacidade de alterar o normal funcionamento do cerebro. No consumo de drogas procúrase un efecto estimulante, calmante, para evadirse ou modificar a percepción sensorial, etc. Algunhas drogas, como a morfina, son empregadas como medicamentos para aliviar a dor. Outras, como a heroína (que é un derivado da morfina), a cocaína, o LSD ou o alcol, crean adicción. Un exemplo é o éxtase, que provoca estados de pánico e ansiedade e, nalgúns casos, chegar a ser mortal porque orixina derrame cerebral ou paro cardíaco xerado polo brusco incremento da temperatura.


Non precisas mercar drogas para te sentires ben, basta con potenciares as tĂşas propias drogas internas, isto ĂŠ, os neurotransmisores das sinapses responsables da sensaciĂłn de benestar.


Tipos de drogas Polo seu efecto sobre o sistema nervioso, distínguense tres tipos de drogas: 1.

Depresoras do sistema nervioso central. Retardan os procesos nerviosos. Pertencen a este tipo o opio e os seus derivados (heroína, morfina...), os sedantes, os tranquilizantes, os somníferos e o alcol.

2.

Estimulantes. Activan de forma anormal o sistema nervioso. Inclúense neste grupo a cocaína, as anfetaminas, algunhas drogas de deseño e a nicotina do tabaco.

3.

Psicodélicas. Producen alteracións da percepción sensorial. É o caso do LSD, a mescalina, o cannabis e as drogas de síntese, como o éxtase.

Consecuencias do consumo de drogas 1.

Consecuencias médicas a curto prazo. Derivan, fundamentalmente, da intoxicación producida por unha cantidade elevada de droga no organismo. Estas consecuencias varía dependendo da droga e da dose consumida: estados de embriaguez, convulsións, hipertensión, taquicardias e, incluso, coma e morte. Tamén hai que considerar dentro deste apartado o risco de sufrir accidentes de todo tipo, debidos ás alteracións da percepción que causa o consumo de drogas.

2.

Consecuencias médicas a medio e longo prazo. Ao igual que as anteriores, son moi diversas, mais a maioría ocasionan lesións do sistema nervioso e provocan a aparición de vahos tipos de demencia, psicose e trastornos do comportamento. En moitos casos, prodúcense tamén lesións hepáticas e do aparato circulatorio. Ademais, cando as drogas se introducen no organismo por medio de xiringas e estas son compartidas, existe o risco de contaxio dalgunhas enfermidades infecciosas (sida, hepatite B...).

3.

Consecuencias sociais. As drogodependencias son a causa de numerosos problemas tanto para o individuo afectado, que pouco a pouco vai perdendo interese poios seus estudos, traballo, familia, etc., como para o resto da sociedade. A adquisición da droga supón un desembolso económico enorme que, con frecuencia, conduce á persoa adicta á delincuencia para o poder levar a cabo.


A loita contra as drogodependencias Esta loita presenta dous aspectos: 1.

Prevención. A motivación das persoas que comezan a consumir algún tipo de droga é moi diversa: busca de novas sensacións, imitación da conduta de amigos ou persoas do entorno social ou laboral, fuxida dos problemas persoais, etc. A información e a educación resultan fundamentais para previr o consumo de drogas. É imprescindible que os gobernos de todos os países adopten medidas para combater o narcotráfico e impedir a dispoñibilidade das drogas.

2.

Deshabituación. Para conseguir que unha persoa drogodependente abandone as drogas, cómpre seguir varios pasos: • Lograr que o individuo afectado se convenza da existencia do problema e decida curarse voluntariamente. • Levar a cabo un proceso de desintoxicación para suprimir a dependencia fisica da droga. • Acabar coa dependencia psíquica. Este paso adoita resultar máis dificil que o anterior, xa que constitúe un proceso longo no cal é necesario un control constante para evitar recaídas. • A reinserción plena dos ex drogadictos no mundo laboral e na vida social.


6 – Principais enfermidades do SN


7 – HÁBITOS SAUDABLES


ACTIVIDADES


Los actos voluntarios. Son actos que producimos desde la CORTEZA CEREBRAL. Esta corteza es la parte más superficial del cerebro y presenta una superficie muy arrugada y plegada para que haya más área de corteza. Todo lo que llega aquí se hace consciente, es decir, nos damos cuenta de que sucede algo. La información que han captado los órganos de los sentidos llega a la corteza cerebral y nosotros respondemos de una forma voluntaria y también consciente. Todas las vías nerviosas que determinan estímulos y actos conscientes finalizan o arrancan en la corteza cerebral. Debemos, por tanto, diferenciar dos zonas claramente distinguibles por su función: •La CORTEZA SENSITIVA. Es la encargada de recibir los estímulos captados por nuestros órganos de los sentidos. Está formada por una corteza visual, una zona auditiva, una zona olfativa, una zona sensitiva y el área del habla. •La CORTEZA MOTORA. Produce las respuestas y las envía a los órganos efectores. En la interpretación de los estímulos, así como en la posterior producción de respuestas, juegan un papel importante, la memoria, el aprendizaje que hayamos tenido, nuestro estado de ánimo e, incluso, si tenemos hambre o hemos comido. Todo esto da lugar a que, para una misma situación, dos personas produzcan respuestas completamente diferentes, o que un mismo individuo dé diferentes respuestas frente a los mismos estímulos, según sea su situación en cada momento. Los homúnculos Cada uno de nuestros sentidos y cada uno de nuestros órganos motores (manos y pies, brazos y piernas, cara, lengua, etc.) son controlados por una cantidad determinada de corteza cerebral, de forma que cuanto mayor es la sensibilidad de un sentido, o mayor es la complejidad de movimiento que puede producir un órgano motor, mayor es la cantidad de corteza cerebral que se requiere para su control; así por ejemplo, el tacto de la yema de los dedos, de los labios y de los genitales externos está controlado por una gran cantidad de corteza cerebral, igual que el movimiento de los dedos y el de la lengua. Cuando representamos una figura humana con el tamaño de sus órganos de acuerdo a la cantidad de corteza cerebral que los controla, surgen unas figuras muy curiosas que se denominan "HOMÚNCULOS", como el que ves en la imagen.


sistema nervioso  

presentacion para 3º eso curso 2010