CONTOS POR TELÉFONO
- GIANNI RODARI
1 CEIP Xoaquín Loriga
3ºCURSO
CONTOS POR TELÉFONO
- GIANNI RODARI
Gianni Rodari
Gianni Rodari naceu nunha cidade do Norte de Italia, en 1920. De familia moi humilde e orfo de pai desde os nove anos, foi criado a partir de entón por unha tía súa e despois educado en internados e seminarios. Cando terminou a Segunda Guerra Mundial, finalizou os seus estudos de Maxisterio e comezou a traballar como xornalista. Pero foi polos anos 60 cando comezou a percorrer as escolas italianas, lendo os seus contos. Contaba historias moi, moi fermosas, pero tamén escoitaba dos nenos e nenas os contos que eles lle contaban. Rodari era un mago namorado das palabras. En 1970, concedéronlle o Premio Hans Christian Andersen, o maior galardón internacional para un escritor deste xénero. Os seus libros están cargados de humor, imaxinación e unha fantasía desbordante. Faleceu en Roma, o 14 de abril do ano 1980 2 CEIP Xoaquín Loriga
3ºCURSO
CONTOS POR TELÉFONO
- GIANNI RODARI
1.Érase unha vez... ...O Señor Bianchi de Varese. Era representante de comercio e seis da cada sete días pasábaos viaxando por toda Italia, do leste ao oeste, ao sur, ao norte e polo medio, vendendo medicamentos. O domingo volvía á súa casa, e o luns pola mañá marchaba outra vez. Pero antes departir, a súa filla lembráballe: - Xa sabes, papá : un conto cada noite. Porque aquela nena non podía durmirse sen que lle contasen un conto, e a súa nai xa lle contara todos os que sabía, mesmo ata tres veces. E así, cada noite, estivese onde estivese, o señor Bianchi telefonaba a Varese ás nove en punto e contáballe un conto á súa filla. Este libro é , pois , precisamente o dos contos do señor Bianchi. Veredes que todos son un pouquiño curtos : claro , o señor Bianchi tiña que pagar as chamadas do seu peto e por iso non podía facer chamadas moi longas. Só algunha vez, cando realizara unha boa venda, permitíase uns minutos de máis. Dixéronme que cando o señor Bianchi telefonaba a Varese, as señoritas da centraliña suspendían todas as chamadas para escoitar os seus contos. Claro! Algúns son tan bonitos.... que haberá que escoitalos
3 CEIP Xoaquín Loriga
3ºCURSO
CONTOS POR TELÉFONO
- GIANNI RODARI
2.O paseo dun despistado Mamá, vou dar un paseo. - Pois vai Giovanni, pero anda con ollo cando cruces a rúa. - Está ben, mamá. Adeus mamá. - Es tan distraído... fillo. - Si, mamá. Adeus, mamá. Giovanni márchase moi contento e durante o primeiro treito da rúa pon moita atención. De cando en vez párase e tócase. - Estou enteiro? Si - e rise só. Está tan contento da súa propia atención, que se pon a brincar como un paxariño, pero logo queda mirando apampado os escaparates, os coches e as nubes, e , loxicamente, comezan os infortunios. Un señor moi amable, dálle o aviso: - Pero que despistado es! Ves? Xa perdiches unha man. - Anda, é certo! Pero que despistado son! Ponse a buscar a man, pero o que atopa é un bote baleiro e pensa : "Estará baleiro de verdade? A ver. E que había dentro antes de que estivese baleiro? Non estaría baleiro sempre, desde o primeiro día..." Giovanni esquécese de buscar a súa man e logo esquécese tamén do bote, porque resulta que acaba de ver un can coxo, e para alcanzar o can coxo antes de dobre a esquina, perde todo un brazo. Mais nin sequera se dá de conta, e continúa a correr. Unha boa señora chama por el: 4 CEIP Xoaquín Loriga
3ºCURSO
CONTOS POR TELÉFONO
- GIANNI RODARI
-Giovanni, Giovanni: o teu brazo! Pero nada!, non a oe. - Que lle imos a facer! - suspira a boa muller -. Levareillo á súa nai. E diríxese cara á casa da nai de Giovanni. - Señora, téñolle aquí o brazo do seu fillo. -Ai, que despistado! Xa non sei que facerlle nin que dicirlle. - Bah, xa se sabe, os rapaces sonlle todos así. Pouco despois chega unha velliña, e despois o aprendiz dea panadería, e logo un tranviario, e mesmo unha mestra xubilada, e todos van traendo anacos de Giovanni: unha perna, unha orella, o nariz. - É posible que haxa un raparigo mais distraído ca o meu fillo? - Bah, señora, todos os nenos son iguais. Por fin chega Giovanni, brincando sobre unha perna, sen orellas nin brazos, pero alegre coma sempre, ledo coma un paxariño, e a súa nai dando á a cabeza, arránxalle todas as pezas e dálle un bico. - Fáltame algo, mamá? Estiven atento, mamá? Porteime ben? - Si, Giovanni, estiveches moi atento e portácheste moi ben.
5 CEIP Xoaquín Loriga
3ºCURSO
CONTOS POR TELÉFONO
- GIANNI RODARI
3.O edificio de xeado Unha vez en Boloña fixeron un edifico de xeado, na mesma praza Maior, e a rapazada viña desde moi lonxe para darlle unha chupadiña. O tellado era de nata; o fume das chemineas, de algodón de azucre; as chemineas, de froita confeitada. O resto: as portas, as paredes e os mobles, todo era de xeado. Un neno pequerrechiño colleu unha mesa e lambíalle as patas unha a unha, ata que a mesa caeu enriba con todos os pratos; e os pratos eran de xeado de chocolate, o mellor que hai. En certo momento, un garda municipal decatouse de que había unha xanela que se derretía. Os cristais eran de xeado de amorodo, e desfacíanse en pequenos ríos de cor rosa. -Rápido! –berrou o garda-, máis rápido aínda! E veña, todos a lamber, para que non se botase a perder nin unha soa pinga daquela obra de arte. -Unha butaca!- imploraba unha velliña que non se daba metido entre a multitude -. Unha cadeira para unha pobre vella! Quen ma trae? Que sexa con brazos, se é posible. Un xeneroso bombeiro correu a levarlle unha butaca de xeado, de crema e pistacho, e a coitada velliña, moi contenta ela, púxose a lamber nela xusto polos brazos. Aquel foi un gran día, e por orde dos doutores, ninguén tivo dor de barriga. Aínda hoxe, cando os rapaces piden máis xeado, os pais suspiran: -Si ho.... inda as querer un edificio enteiro, coma aquel de Boloña!
6 CEIP Xoaquín Loriga
3ºCURSO
CONTOS POR TELÉFONO
- GIANNI RODARI
4.O país sen punta
Don Giovanni Perdetempo era un gran viaxeiro. Viaxa que te viaxa, chegou unha vez a un país onde as esquinas das casas eran arredondadas e os tellados non remataban en punta, senón nunha suave curva. Ao longo das rúas corría unha sebe de rosas, e a Giovannino ocorréuselle a idea de pór unha no ollal. Mentres cortaba a rosa estaba moi atento para non picarse coas espiñas, pero deseguido se decatou de que as espiñas non picaban; non tiñan punta e mesmo parecían de goma, e facían cóxegas na man. -Vaia, vaia –dixo Giovannino en voz alta –aquí hai que estar en garda. E de detrás do sebe apareceu riseiro un garda municipal. -Vostede non sabe que está prohibido cortar rosas? - Síntoo, non pensara niso. - Pois daquela só pagará media multa - dixo o garda, que con aquel sorriso, ben podería ser o homiño de manteiga que levou a Pinocho ao País dos Enredos. Giovannino observou que o garda escribía a multa cun lapis sen punta, e díxolle sen querer: -Desculpe, déixame ver o seu sabre -Como non! -dixo o garda. E, naturalmente, tampouco o sabre tiña punta e ocorréuselle preguntar. - Pero que clase de país é este? – preguntou Giovannino. -É o país sen punta - respondeu o garda, con tanta amabilidade que as súas palabras deberían escribirse todas en letra maiúscula. -E como fan os cravos? Suprimímolos hai tempo; só utilizamos pegamento. E agora, por favor, déame dúas labazadas. 7 CEIP Xoaquín Loriga
3ºCURSO
CONTOS POR TELÉFONO
- GIANNI RODARI
Giovannino abriu a boca asombrado, coma se fose comer unha horta enteira. -Por favor, que eu non quero acabar no cárcere por atentar contra a autoridade. Se acaso, as dúas labazadas tería que recibilas eu, non dalas. - Pero aquí faise desta maneira - explicoulle amablemente o garda-. Por unha multa enteira, catro labazadas, por media multa, só dúas. - Ao garda? - Ao garda. - Pero isto non é xusto; desde logo que é terrible´-dixo o garda-. É unha cousa tan odiosa que a xente, para non se ver obrigada a losquear a un pobre inocente, gárdase ben de facer nada ilegal. Ala, déame un par de labazadas, e outra vez vaia con máis coidado. - Pero eu non lle quero nin tocar a meixela; en lugar das labazadas dareille unha caricia. - Sendo así - concluíu o garda-, terei que acompañalo ata a fronteira. E Giovannino, moi humillado, foi obrigado a abandonar o país sen punta. Pero aínda hoxe soña con poder volver alí algún día, para vivir do modo máis cortés e amable, nunha linda casiña co tellado sen punta.
8 CEIP Xoaquín Loriga
3ºCURSO
CONTOS POR TELÉFONO
- GIANNI RODARI
5.O Despaís Giovanni Pedetempo era un gran viaxeiro. Viaxa que viaxa, acabou dando co despaís. -Pero que clase de país é este? -preguntou a un paisano que tomaba o fresco baixo unha árbore. O paisano, por toda resposta, sacou do peto un afialapis e mostroullo coa palma palma da man ben aberta. - Ve isto? - É un afialapis. -Nada diso. É un “desafiafialapis”. Serve para facer os lapis cando se gastan, e resulta moi útil nas escolas. - Magnífico -dixo Giovannino-. E que máis? -Ademais temos o descolgadoiro. - Quererá dicir o colgadoiro. -O colgadoiro non serve de moito se non se ten abrigo para colgar nel. Co noso descolgadoiro é diferente. Nel non hai que colgarlle nada, xa está todo colgado. Se ten necesidade dun abrigo, vai alí e descólgao. Quen precise unha chaqueta non ten por que ir comprala: vai ao descolgadoiro e descolga unha. Hai un descolgadoiro de verán e outro de inverno, un para homes e outro de señoras. E así aforramos moitos cartos. - Unha auténtica marabilla. E que máis? - Ademais temos a cámara “ desfotográfica”, que no canto de tirar fotografías, fai caricaturas, e así botamos unhas risas. Logo temos o “ descanón”. 9 CEIP Xoaquín Loriga
3ºCURSO
CONTOS POR TELÉFONO
- GIANNI RODARI
-Aiiiii, que medo! - Que va! O “ descanón” é o contrario do canón, e serve para desfacer a guerra. - E como funciona? - É facilísimo; mesmo un cativo pode manexalo. Se hai guerra, tocamos a descorneta, disparamos o descanón e a guerra queda desfeita decontado. - Que marabilla, aquel despaís.
10 CEIP Xoaquín Loriga
3ºCURSO
CONTOS POR TELÉFONO
- GIANNI RODARI
6.A estrada de chocolate Tres irmáns de Barletta ían unha vez camiñando polo monte ata que atoparon unha estrada moi lisa e toda de cor marrón. - Que será?—dixo o primeiro. - Madeira non é— dixo o segundo. - Nin carbón—dixo o terceiro Para pescudaren mellor, axeonlláronse os tres e déronlle unha lambetada. Era chocolate, era unha estrada de chocolate. Empezaron comendo un cachiño, despois outro cachiño e outro; chegou o serán e os tres irmáns seguían alí a comer na estrada de chocolate, ata que non quedou sequera un cadradiño. Xa non quedaba nin chocolate nin estrada. - Onde estamos?—preguntou o primeiro. - En Bari non estamos -dixo o segundo. - Nin en Molfetta—engadiu o terceiro. Non sabían que facer. Por sorte apareceu polo lugar un labrego co seu carro. - Lévovos eu á casa—dixo o labrego. E levounos ata Barletta, ata a porta da súa casa. Ao se baixaren do carro decatáronse de que este estaba feito de galleta. E entón, de boas a primeiras puxéronse a comer nel e non deixaron nin as rodas nin a cabezalla. En Barletta nunca houbera tres irmáns tan afortunados e ... e quen sabe cando os volverá a haber.
11 CEIP Xoaquín Loriga
3ºCURSO
CONTOS POR TELÉFONO
- GIANNI RODARI
7.Os homes de manteiga Giovannino Perdetempo, gran viaxeiro e famoso explorador, chegou unha vez ao país dos homes de manteiga. Cando estaban ao sol derretíanse, polo que tiñan que estar sempre á sombra, e vivían nunha cidade na que en lugar de casas había frigoríficos. Giovannino paseábase polas rúas e víaos asomados ás xanelas dos seus frigoríficos, cunha bolsa de xeo na cabeza. Na porta de cada frigorífico había un teléfono para falar co inquilino. - Ola. - Diga. - Con quen falo? - Son o rei dos homes de manteiga. Todos, nata de primeira calidade. Leite de vaca suíza. Fixouse ben no meu frigorífico? -Meu Deus, é de ouro macizo! Pero non sae nunca de aí? - No inverno, se vai bastante frío, e nun coche de xeo. - E se resulta que o sol se coa de súpeto por entre as nubes mentres a Súa Maxestade anda de paseo? - Non pode facelo, non está permitido. Mandaríalle os meus soldados para que o metan en prisión. -Si, ho!- dixo Giovannino. E marchou a outro país.
12 CEIP Xoaquín Loriga
3ºCURSO
CONTOS POR TELÉFONO
- GIANNI RODARI
8.Brif , bruf , braf Dous nenos estaban a xogar, nun tranquilo patio, a inventarse unha lingua especial para poderen falar entre eles sen que ninguén máis lles entendese. - Brif, braf -dixo o primeiro. - Braf, brof -respondeu o segundo. E soltaron unha gargallada. Nun balcón do primeiro andar había un vello cabaleiro lendo o xornal e asomada pola xanela de en fronte había unha velliña que non era, nin boa nin mala. - Ai, que tolos están eses rapaces! - dixo a señora. Pero o cabaleiro non estaba de acordo: - A min non mo parece. - Non me diga que entendeu o que dixeron… - Pois si, comprendino todo. O primeiro dixo: “Que día fai”. O segundo contestou: “Mañá aínda será mellor”. A señora torceu o bico, pero non dixo nada, porque os nenos puxéronse a falar outra vez na súa lingua. - Marascos, barascos, pipirimoscos –dixo o primeiro - Bruf -respondeu o segundo. E veña a rir os dous. - Non me diga que tamén comprendeu iso –exclamou indignada a vella señora. -Pois comprendinlles todo – respondeu sorrindo o vello señor -. O primeiro dixo: “Que contentos estamos de estar no mundo”. E o segundo respondeulle: “O mundo é precioso”. -E é tan precioso como din? –insistiu a vella señora. - Brif, bruf, braf -respondeu o vello señor. 13 CEIP Xoaquín Loriga
3ºCURSO
CONTOS POR TELÉFONO
- GIANNI RODARI
9.Na praia de Ostia A poucos quilómetros de Roma está a praia de Ostia, onde os romanos que van alá no verán, cóntanse por milleiros. Na praia non queda sitio nin sequera para facer un buraco na area cunha pa, e o que chega de último non sabe onde cravar o parasol. Unha vez chegou á praia de Ostia un estrafalario señor, moi espelido el. Chegou o último, co parasol baixo o brazo, e non atopou sitio ningún para cravalo. Entón abriuno, fíxolle un axuste ao mango e inmediatamente o parasol elevouse polo aire, pasou por riba dos outros miles de parasoles e situouse xusto na beira do mar, pero a dous ou tres metros por riba dos outros parasoles. O espelido señor abriu a súa hamaca, que tamén se elevou no aire; o home sentou á sombra do parasol, tirou do peto un libro e púxose a ler respirando o aire do mar, cargado de sal e iodo. Ao principio, a xente nin sequera se decatou da súa presenza. Todos estaban baixo os seus parasoles, , tentando ver un cachiño de mar por entre as cabezas dos que tiñan diante, ou facían encrucillados, e ninguén miraba cara arriba. Pero de súpeto unha señora oíu caer algo enriba do parasol; pensou que sería unha pelota, levantouse para rifar aos nenos; mirou ao seu arredor e cara arriba e viu ao espelido señor suspendido sobre a súa cabeza. O señor miraba cara abaixo e díxolle a aquela señora: -Desculpe, señora, caeume o libro. Pode guindarmo para arriba, por favor?
14 CEIP Xoaquín Loriga
3ºCURSO
CONTOS POR TELÉFONO
- GIANNI RODARI
Da sorpresa, a señora caeu de costas, sentada sobre a area, e como era moi gorda non se daba levantado. Os seus parentes acudiron para axudala, e a señora, sen falar, sinaloulles co dedo o parasol voador. - Por favor, -repetiu o espelido señor- poden lanzar o meu libro? - Pero vostede non ve que asustou á nosa tía? - Síntollo moitísimo, pero de verdade que non era esa a miña intención. - Entón, baixe de aí; que está prohibido. - Diso nada, na praia non había sitio estiven que pórme aquí. Eu tamén pago os impostos, sabe vostede? Entrementres, un tras outro, todos os romanos da praia puxéronse a mirar cara arriba; e sinalaban rindo a aquel estraño bañista. - Mira para ese -dicían-, ten un parasol a reacción! - Ei, Gagarin, astronauta –berrábanlle-, a ver se me deixa subir a min tamén! Un rapaciño botoulle cara arriba o libro, e o señor colleuno nerviosamente buscando o marcador da páxina, ata que, refungando se puxo a ler nel. Pouco a pouco foron deixándoo en paz- Unicamente os rapaces, de cando en vez, miraban ao ceo con envexa, e os máis atrevidos dicíanlle: -Señor! Señor! -Que queredes? -Por que non nos ensina como se fai para estar así no aire? Pero o señor fungaba e volvía a súa lectura. Ao chegar o solpor, cun lixeiro asubío, o parasol marchou voando, o espelido señor aterrou sobre a estrada cerca da súa moto, montou nela e marchou. Quen sabe quen sería e quen sabe onde mercaría aquel parasol.
15 CEIP Xoaquín Loriga
3ºCURSO
CONTOS POR TELÉFONO
- GIANNI RODARI
10.Historia do reino de Lambonia No remoto país de Lambonia, ao leste do ducado de Bebebén, reinou en primeiro lugar Lambón o Dixeridor, chamado así porque despois de comer os espaguetes roía tamén o prato e dixeríao coma se tal cousa. Sucedeuno no trono Lambón II, alcumado Tres Culleres, porque comía o caldo empregando á vez tres culleres de prata; dúas agarradas coas súas mans e a terceira suxeitáballa a Raíña, e ai dela se non viña chea. Despois del, nesta orde, ascenderon ao trono de Lambonia os seguintes: Lambón III, alcumado o entrante; Lambón IV, Alcumado Costeleta á Parmesana; Lambón V, o Esfameado; Lambón VI, o Tragapavos; Lambón VII, alcumado Nonquedamais, que mesmo comeu a propia coroa, a pesar de que era de ferro forxado; Lambón VIII, alcumado Codia de Queixo, que non atopou xa nada que comer na mesa e enguliu o mantel; Lambón IX, chamado o Mandíbula de Aceiro, que comeu o trono con coxíns e todo. E así desapareceu o reino e acabou o conto.
16 CEIP Xoaquín Loriga
3ºCURSO
CONTOS POR TELÉFONO
- GIANNI RODARI
11.Imos inventar os números -Inventamos números? -Vale, comezo eu. Case un, case dous, case tres, case catro, case cinco, case seis. -Son moi poucos. Escoita estes: un extramillón de billardóns, unha macronelada de trillóns, un catrillonardo e un metabillón. Pois agora eu inventarei unha táboa: Tres por un, pan con atún;
tres por seis, queixo con mel;
tres por dous, o boi pide arroz ;
tres por sete, torta e sorbete;
tres por tres, leite con café;
tres por oito, nata con biscoito;
tres por catro, bigotes de gato;
tres por nove, na casa non chove;
tres por cinco, salto Tres por dez, e brinco; subimos os pés -Canto custa esta pasta? -Dous tiróns de orellas. -Canto hai de aquí a Milán? -Mil quilómetros novos, un quilómetro usado e sete bombóns. -Canto pesa unha bágoa? -Depende: a bágoa dun neno caprichoso pesa menos que o vento, e a dun meniño famento pesa máis que toda a Terra. -Canto mide este conto? -Moitíiiiiiisimo!. -Agora, para rematar, inventaremos axiña outros números. Eu direino á maneira de Venezia: Unha, dola, tela, catola, fumaque, barraque, chinchín, carrampín, conta ben, que son dez. -Pois eu direino á maneira de Roma: Unha, dole, tele, candole, semane, badane, chinchín, carroupín, carroupés e con este fan dez. 17 CEIP Xoaquín Loriga
3ºCURSO
CONTOS POR TELÉFONO
- GIANNI RODARI
12.A tía Ada A tía Ada, cando xa ía moi velliña , foi vivir ao asilo dos vellos, nun cuartiño con tres camas onde xa había outras dúas vellas, tan vellas coma ela. A Tía Ada escolleu logo unha butaca que estaba a carón da fiestra e esmigallou unha galleta sobre a soleira. -Bravo, así virán as formigas! -dixeron irritadas as outras dúas velliñas. Pero en cambio chegou un paxariño do xardín do asilo, peteirou moi contento a galleta e marchouse. -Xa ves o que conseguiches - murmuraron as velliñas -O paxaro comeu e foise. Igual que os nosos fillos, que se foron polo mundo adiante, quen sabe onde, e de nós que os criamos nin sequera se lembran. A Tía Ada non dixo nada, pero todas as mañás esmigáballe unha galleta sobre a soleira da fiestra e o paxariño viña peteirar nela, sempre á mesma hora, puntual como un reloxo, e había que ver o nervioso que se puña cando non atopaba a galleta preparada. Pasado algún tempo, o paxariño trouxo consigo aos seus pitiños, porque xa fixera un niño e nacéranlle varios, e estes tamén viñan todas as mañás a peteirar moi gustosos a galleta de tía Ada e facían un bo rebumbio se non a atopaban. - Xa tes aí os paxariños –dicíanlle entón as velliñas a tía Ada, cun pouquiño de envexa. E ela ía correndo, por así dicilo, con pasiños miudiños ata o seu caixón de onde sacaba unha galleta de entre o paquete de café e de caramelos de anís, mentres dicía: -Paciencia, paciencia que xa vou. -Boh - murmuraban as vellas-, se abondase con pór unha galleta sobre a soleira da fiestra para que volvesen os nosos fillos.... -E os seus fillos, tía Ada, onde os ten? 18 CEIP Xoaquín Loriga
3ºCURSO
CONTOS POR TELÉFONO
- GIANNI RODARI
A tía Ada nin siquera o sabía: quizais en Austria, quizais en Australia; pero ela non se deixaba distraer, esmigaba a galleta para os paxariños e dicíalles: -Ala comede, comede, senón non teredes forza para voar. E cando remataban de peteirar a galleta: -Ala, marchádevos! A que esperades? As ás están feitas para voar. As velliñas sacudían a cabeza e pensaban que a tía Ada debía estar un pouco tola, porque ademais de ser velliña e pobre, aínda lle quedaba algo para regalar sen sequera pretender que lle desen as grazas. Daquela a tía Ada morreu, e os seus fillos non se decataron ata certo tempo despois, cando xa non pagaba a pena facer unha viaxe para asistir ao funeral. Pero os paxariños volveron á xanela durante todo o inverno, e botaban de menos a tía Ada e as súas galletiñas esfareladas.
19 CEIP Xoaquín Loriga
3ºCURSO
CONTOS POR TELÉFONO
- GIANNI RODARI
13.Vellos proverbios - De noite - dicía un Vello proverbio-, todos os gatos son pardos. - pois eu son negro -dixo un gato negro, ao atravesar a rúa de noite. - É imposible: os Vellos proverbios sempre teñen razón. - E máis eu sigo sendo negro, -porfiou o gato. Por culpa da sorpresa e o desgusto, o Vello Proverbio caeu do tellado e rompeu unha perna. Outro Vello Proverbio foi a ver un partido de fútbol, achegouse a un xogador e díxolle ao oído: Mellor só que mal acompañado. O futbolista tentou xogar só, pero era algo terriblemente aburrido e non podía gañar nunca, por iso volveu cos do equipo. O Vello Proverbio coa decepción, caeu enfermo e tiveron que extirparlle as amígdalas. Unha vez atopáronse tres Vellos Proverbios, e nada máis abriren a boca, empezaron a discutir. - O que ben empeza, ben acaba-dixo o primeiro. - Nada diso –replicou o segundo-, no punto medio está a virtude. - Gravísimo erro -exclamou o terceiro-,O mellor chega ao final. Agarráronse dos pelos e alí seguen na trifulca. Logo temos as historias daquel Refrán Antigo que tiña ganas de comerse unha pera e púxose baixo a árbore, mentres pensaba: “A froita madura cae polo seu propio peso”. Pero a pera só caeu cando xa estaba podre de todo e foi bater na cabeza do Vello Proverbio, que co desgusto presentou a dimisión.
20 CEIP Xoaquín Loriga
3ºCURSO
CONTOS POR TELÉFONO
- GIANNI RODARI
14.O semáforo azul. Unha vez o semáforo que hai na praza do Duomo de Milán fixo unha cousa rara. De súpeto, todas as súas luces tinxíronse de azul e a xente non sabía como organizarse. -Cruzamos ou non cruzamos? Pasamos ou non pasamos? Desde todos os seus ollos, en todas direccións, o semáforo propagaba un insólito sinal azul, un azul tan azul como nunca se vira no ceo de Milán. Entrementres esperaban a ver que pasaba, os automobilistas berraban e tocaban a bucina, os motoristas facían ruído co tubo de escape e os peóns máis gordos berraban: -Vostede non sabe quen son eu! Os chistosos facían chistes: - O verde debeu de levalo o alcalde para facerse unha casiña no campo. - O encarnado utilizárono para tinxir aos peixes dos xardíns. - Sabedes que fan co amarelo? Engádeno ao aceite de oliva. Finalmente chegou un garda e situouse no medio da encrucillada para dirixir o tráfico. Outro garda buscou a caixiña dos mandos para reparar a avaría e desconectou a corrente. O semáforo azul, antes de apagarse, tivo tempo de pensar: “Meus pobres! Eu dáballes paso para o ceo. Se me entendesen, agora todos saberían voar. Pero igual lles faltou o valor”.
21 CEIP Xoaquín Loriga
3ºCURSO
CONTOS POR TELÉFONO
- GIANNI RODARI
15.A palabra “chorar” Esta historia aínda non sucedeu, pero seguramente sucederá mañá. Di así. Mañá, unha boa anciá e boa mestra levou aos seus alumnos e alumnas, en fila de dous en dous, a visitar o museo do Tempo Pasado, onde se gardan as cousas de antano que xa non serven para nada, como a coroa do rei, a cola do traxe da raíña, o tranvía de Monza, etc. Nunha pequena vitrina, un pouco poeirenta, estaba a palabra “Chorar”. Os alumnos de Mañá leron o letreiro, pero non o entendían. -Profesora, que quere dicir iso? - É unha xoia antiga? - Pertencía quizais aos romanos? A mestra explicoulles que antigamente aquela palabra era moi empregada, e facía dano. Mostroulles un bote no que se conservaban unhas bágoas: quen sabe, tal vez as vertese un escravo ao ser azoutado polo seu amo, quizais un neno que non tiña fogar. - Parece auga –dixeron os alumnos. - Si, pero proía e queimaba -dixo a mestra. - E logo, fervíana antes de usala? En realidade, os alumnos non o entendían nadiña, é máis, xa empezaban a aburrirse. Entón a boa mestra acompañounos a visitar outras salas do Museo onde había cousas máis fáciles de entender, como: as reixas dunha cárcere, un can gardián, o tranvía de Monza, etc. Todas elas eran cousas que xa non existían no feliz país de Mañá.
22 CEIP Xoaquín Loriga
3ºCURSO
CONTOS POR TELÉFONO
- GIANNI RODARI
16. Deitarse e levantarse Había unha vez unha rapaza que todas as noites, á hora de se deitar, tornábase moi pequeniña: -Mamá –dicía-, son unha formiga. E a nai comprendía que era hora de deitala a durmir. Ao raiar o sol a rapaza acordaba, pero era pequenísima, estaba deitada sobre a almofada e aínda lle sobraba un anaco. -Levanta –dicíalle a nai. -Non podo –respondía a rapaza-, non podo, aínda son demasiado pequeniña. Agora son coma unha bolboreta. Agarda que volva medrar. E pouco despois exclamaba: -Ala, xa medrei Dando un grito, chimpaba da cama e comezaba un novo e marabilloso día.
23 CEIP Xoaquín Loriga
3ºCURSO
CONTOS POR TELÉFONO
- GIANNI RODARI
24 CEIP Xoaquín Loriga
3ºCURSO