Nós e a paisaxe

Page 1

Rías Altas Rías Altas

“A Paisaxe” 3º curso. CEIP Xoaquín Loriga. Curso 22/23 1 #PorUnhaGaliciaVerdeAzul.
“A Paisaxe” 3º curso. CEIP Xoaquín Loriga. Curso 22/23 2 O Roteiro de 3º Este será o mapa virtual que nos indicará o camiño a seguir neste “roteiro” tan particular para descubrir e valorar a paisaxe de Galicia con toda a súa biodiversidade. Ti dis : “Galicia é ben pequena” Eu dígoche “Galicia é un mundo”. Vicente Risco. “Coidar o Medio Ambiente é valorar a Vida” Alumnado de 3º curso Comezamos!
“A Paisaxe” 3º curso. CEIP Xoaquín Loriga. Curso 22/23 3

A paisaxe é unha superficie de terra formada por elementos naturais, coma as montañas, vales, ríos, árbores e tamén factores humanos, edificios, estradas, fábricas, monumentos históricos etc. Pero para cada un de nós é tamén un sentimento, un valor necesario para a vida humana. As paisaxes merecen ser defendidas e por iso cómpre establecer certas normas que as protexan para garantir que a beleza permaneza intacta. Todos desempeñamos un papel moi importante na súa conservación. A Xunta de Galicia, os concellos e outros organismos estatais e internacionais deben procurar un desenvolvemento sostible, satisfacendo as necesidades da poboación actual, pero sen prexudicar ás xeracións futuras. E por suposto, cada un de nós, dende o lugar que nos ocupa, tamén debemos colaborar na súa protección poñendo en práctica o consello dos tres R: reducir, reutilizar e reciclar.

“A Paisaxe” 3º curso. CEIP Xoaquín Loriga. Curso 22/23 4
“A Paisaxe” 3º curso. CEIP Xoaquín Loriga. Curso 22/23 5

Galicia está á beiriña do mar e iso fai que teñamos un clima de tipo oceánico con temperaturas suaves todo o ano, nin moito frío no inverno, nin moita calor no verán. E chove, chove moito no outono, no inverno e na primavera e con tanta auga, fai que a nosa comunidade sexa un país tinguido de verde chea de recunchos marabillosos. E por iso Galicia non pasa inadvertida para ninguén e tampouco para moitos escritores, Cunqueiro, Murguía, Machado... pero foi Rosalía de Castro, a nosa Rosalía a primeiriña en escribir versos apaixonados a tanta beleza. Ela compuxo poemas facendo descricións da paisaxe con toda a súa biodiversidade. Cantaba aos ríos, fontes, cascadas, prados, arboredos, flores, grilos, mouchos, vento... Porque a nosa paisaxe é un mundo de contrastes, cores, ulidos, formas, texturas e sons. E non esquezas isto: “Tanta beleza non só depende da paisaxe, tamén depende de ti e os ollos con que a miras”.

“A Paisaxe” 3º curso. CEIP Xoaquín Loriga. Curso 22/23 6
“A Paisaxe” 3º curso. CEIP Xoaquín Loriga. Curso 22/23 7

Galicia é a comunidade de España con máis quilómetros de costa, case 1.500 Km, e sen contar

as illas. Coñécese como o litoral galego e son as terras que están en contacto co mar, coa particularidade de que é o único tramo da costa española que está configurado por rías:

As Rías Altas son máis curtas e estreitas e algunhas están bañadas polo Océano Atlántico ex. de Ortigueira, Cedeira, Ferrol, Ares, Betanzos, e outras polo Mar Cantábrico como a de Ribadeo, Foz, Viveiro e a do Barqueiro.

As Rías Baixas, son máis longas, anchas e con moitísimas illas. Están bañadas polo Océano Atlántico e son a Ría de Muros-Noia, Pontevedra, Arousa, Aldán e Vigo.

Na Mariña Lucense está a Praia das Catedrais, recoñecida como Monumento Natural pola Unesco, moi visitada polos turistas de todo o mundo, debido ao seu valor paisaxístico e a súa enorme beleza.

“A Paisaxe” 3º curso. CEIP Xoaquín Loriga. Curso 22/23 8

Rias Altas

Rías Baixas

“A Paisaxe” 3º curso. CEIP Xoaquín Loriga. Curso 22/23 9

Na Costa coruñesa sitúanse os cantís máis altos de Europa Continental, na coñecida Serra da Capelada e atópase o lugar que, para os romanos era o fin da terra, Fisterra, tamén chamada a Costa da Morte, xa que nestas augas teñen afundido moitos barcos. O máis espectacular e ver como un río o Xallas desemboca no mar, na famosa fervenza de Ézaro, algo que non ocorre en ningún outro punto de Europa.

Nas Rias Baixas podemos contemplar unhas paisaxes diferentes e moi bonitas. Nelas atópase o Parque Nacional das Illas Atlánticas que abrangue os arquipélagos das Cíes, Ons, Cortegada e Sálvora e ás súas augas. Nas Illas Cíes está a Praia de Rodas, que foi elixida coma “a praia máis fermosa do mundo” polo xornal británico The Guardian. No medio terrestre destacan as dunas e cantís e nas augas toda a biodiversidade dos areais, con múltiples especies de peixes e bivalvos. Porque ademais de fermosas, as nosas rías son un dos ecosistemas máis ricos do planeta. Nas nosas augas viven peixes e animais incribles: mariolas, sargos, congros, maragotas, robalizas, sardiñas e tamén cabaliños de mar.

“A Paisaxe” 3º curso. CEIP Xoaquín Loriga. Curso 22/23 10
“A Paisaxe” 3º curso. CEIP Xoaquín Loriga. Curso 22/23 11

No paisaxe do interior de Galicia temos serras, montañas, vales, chairas, lagos, ríos, moitos ríos, Álvaro Cunqueiro falaba do País dos dez mil ríos e como chove moito, todos levan moita auga. O máis caudaloso é o Miño e o Sil é o seu afluente máis importante. Pero hai moitos máis, Ulla, Eo, Tambre ... Na cabeceira do río Miño está A Terra Chá, unha superficie achaiada, rodeada de montañas e na que se erguen frecuentes outeiros e prados con abundantes pastos.

O Courel é unha cordilleira montañosa situada no sueste da provincia de Lugo. Nas súas devesas medran bosques con carballos, castiñeiros, bidueiros, oliveiras, fentos, faias, acivros etc. pero debido aos incendios do pasado verán quedaron moi danados.

Os Ancares.É unha serra que divide Galicia de Castela e León. Aquí a fauna é moi diversa, hai lobos, corzos, oso pardo, aguias, pita do monte. Hai tamén moita vexetación e aquí está o Cebreiro, onde comeza o Camiño Francés en Galicia, un lugar moi, moi fermoso. fermosas paisaxes.

“A Paisaxe” 3º curso. CEIP Xoaquín Loriga. Curso 22/23 12
Paisaxe”
curso. CEIP Xoaquín
Curso 22/23 13
“A
Loriga.

A Ribeira Sacra. Comprende as terras bañadas polo río Sil e o Miño, na zona interior de Galicia, moi pretiño de nós. Nas súas paisaxes, impresionan os canóns do Sil, formados ao longo de millóns de anos polo río no seu percorrido. Son de enorme beleza e están a piques de ser recoñecidos como Patrimonio da Humanidade pola Unesco. No Mirador do Cabo do Mundo, fronte ao meandro que fai o río Miño, pódese divisar unha espectacular panorámica de toda a zona da ribeira Sacra e os cultivos da vide en bancais, que tiveron a súa orixe, disque, na época romana, cunha historia de case dous mil anos. A comarca do Deza está delimitada polas serras do Farelo, Faro, Testeiro e o Candán que conforman a paisaxe de Galicia interior. Son terras de longa tradición agropecuaria e nas súas paisaxes dominan os bosques de ribeira, carballeiras e soutos. Os ríos Deza e Arnego, afluentes do Ulla, cruzan paralelos a comarca. O Deza e o seu afluente, o Asneiro, nacen no monte Testeiro; o Arnego nace na Serra de Faro. A estes úneselles o río Toxa que baixa desde o Candán e na súa caída ao Deza forma unha das fervenzas máis espectaculares de Galicia a fervenza do Toxa, unha das máis altas de Galicia.

“A Paisaxe” 3º curso. CEIP Xoaquín Loriga. Curso 22/23 14

Nas elevacións do monte Faro, Farelo e O Carrio a paisaxe natural vese afectada polo emprazamento de parques eólicos provocando un considerable impacto visual e acústico

Unha das singularidades desta comarca son os pequenos bosquetes de sobreiras do Arnego e os castiñeiros centenarios da Fraga de Catasós.

Outras riquezas da nosa contorna, máis humanizadas pero de gran valor paisaxístico están no enclave da Ponte de Taboada e o Mosteiro de Carboeiro.

A fraga de Catasós

Tamén coñecida como fraga o souto de Quiroga, é unha fraga declarada monumento natural no ano 2000 e que se sitúa no lugar de Quintela, Catasós, no concello pontevedrés de Lalín. Tamén se coñece co nome de Carballeira de Quiroga, xa que a maior parte dos exemplares dominantes son carballos. O nome de Quiroga está relacionado coa próxima casa de Quiroga, unha familia nobre da rexión que posuía este souto para o seu uso e foi en parte responsable desta formación arbórea de folla caduca. O seu propósito era a construción de vigas de madeira de castiñeiro que a alta sociedade

“A Paisaxe” 3º curso. CEIP Xoaquín Loriga. Curso 22/23 15

consideraba adecuadas e de mellor calidade que a do propio carballo, material que empregaban as clases baixas. Por iso as súas ramas non foron cortadas, xa que o seu froito, a castaña, non era o obxectivo principal. Algúns destes castañeiros teñen varios centos de anos, miden uns 5 metros de circunferencia e máis de 30 metros de altura, os máis altos de Europa.

Idade das árbores estímase entre 100 e 150 anos, aínda que algún exemplar podería superar facilmente os 200, como demostra un deles que o furacán Hortensia destruíu en 1984 e que podemos ver nun recanto desta fraga.

“A Paisaxe” 3º curso. CEIP Xoaquín Loriga. Curso 22/23 16
Castiñeiro máis alto de Europa

A gran escritora galega, Emilia Pardo Bazán, ambientou a súa novela, “Os Pazos de Ulloa” nestas terras, nas que pasaba largas tempadas. Nesta paisaxe medran carballos, sobreiras, castiñeiros é un manto de diversas flores como a panqueixo, botón de ouro, chuchamel, quitamerendas, margarida, macela etc. Un monumento natural onde os corzos, coellos, zorros escarreiran as súas anchas e outros animais como as ras, sapos, caracois e insectos buscan refuxio no tronco das súas árbores.

Ponte Taboada. Antigamente chamada Pons Tabulata, é unha ponte medieval, de estilo románico, construída no século X e con reformas posteriores no século XVI e XVII. Cruza o río Deza e por ela pasan os peregrinos que que fan o Camiño de Santiago. Culminan a beleza desta paisaxe o contexto da contorna, os bosques frondosos de ribeira, o canto dos paxaros e o murmurio da auga. Porque a paisaxe, a nosa paisaxe, debemos observala cos ollos, pero tamén cos oídos e sobre todo co corazón, esta será a maneira de poder amala e respectala.

“A Paisaxe” 3º curso. CEIP Xoaquín Loriga. Curso 22/23 17

O Monte do Carrio é importante non só pola súa natureza e a súa paisaxe senón tamén pola presenza de restos arqueolóxicos de moita relevancia. Polo momento, os máis antigos coñecidos son os petroglifos e as mámoas, unhas tumbas prehistóricas con forma de túmulo de terra, normalmente cunha cámara de pedra no seu interior.

A Fervenza do Toxa e o Mosteiro de Carboeiro situados no concello de Silleda, son de extraordinaria beleza paisaxística e non debemos deixar de visitar. Unha natural na queo río Toxa cae a 30 m de altura, rodeado dun denso bosque de carballos, castiñeiros, sobreiras e moitas outras especies arbóreas.

O Mosteiro de Carboeiro é un antigo mosteiro beneditino, orde relixiosa que se dedicaba a contemplación. É de estilo románico e foi construído no século X.

“A Paisaxe” 3º curso. CEIP Xoaquín Loriga. Curso 22/23 18
“A Paisaxe” 3º curso. CEIP Xoaquín Loriga. Curso 22/23 19

Galicia é un dos territorios europeos con maior biodiversidade agraria que permite que a paisaxe sexa moi diferente. O monte, a agricultura e a gandería; entre vales e chairas, con árbores centenarias e construcións tradicionais, como sebes, balados, que servían de refuxio a curuxas, mouchos, conforman unha paisaxe única e de enorme valor natural. Para que non desapareza é necesario crear políticas que favorezan a agricultura e a gandería na nosa comunidade e que o traballo nestes sectores sexa recoñecido e valorado por todos. A Galicia rural pode ter un gran futuro se conserva o seu patrimonio, se protexe a súa paisaxe e se defende e valora a súa cultura.

“A Paisaxe” 3º curso. CEIP Xoaquín Loriga. Curso 22/23 20
“A Paisaxe” 3º curso. CEIP Xoaquín Loriga. Curso 22/23 21 A p a i s a x e A p a i s a x e

A fauna das nosas paisaxes é moi rica e variada. Habitan nos nosos bosques unha gran diversidade de especies. Mamíferos como o lobo, a marta, o raposo, o teixugo, a xineta, a donicela, o furón, os gatos monteses, a garduña, a londra, o xabaril, o corzo, morcegos, o esquío e o oso pardo. Existe tamén unha gran variedade de réptiles: o lagarto das silvas, cobra lagarteira, lagarta galega, víbora de Seoane, lagarto arnal, liscante... O mundo das aves enche unha grande lista: pega, curuxa, andoriña, miñato, moucho, pita do monte, pimpín, paporrubio, peto, lagarteiro, laverca, cegoña, corvo, bubela, carrizo, pombo. Insectos: vacaloura, vagalume, bolboreta, alacrán, abella, abellón, grilo, xoaniña, formigas, saltón etc.

“A Paisaxe” 3º curso. CEIP Xoaquín Loriga. Curso 22/23

A flora de Galicia. Hai moitas especies arbóreas entre a que se atopan carballos, abeleiras, bidueiros, sobreiras, aciñeiras, piñeiros, acacias, salgueiros, loureiros, pradairos, freixos, eucaliptos, érbedos, acivro, sabugueiro, castiñeiro... Esta vexetación xunto cos arbustos como as xestas, a uz, o codeso, o toxo e todas as flores que medran en bosques, soutos, carballeiras e fragas da nosa comunidade, contribúen a configurar unha paisaxe única e moi, moi fermosa. Nós tamén colaboramos coa plantación do noso pequeno souto e carballeira.l

“A Paisaxe” 3º curso. CEIP Xoaquín Loriga. Curso 22/23
P A I S A X E E

PAISAXE AGRARIA

PAISAXE DE COSTA

“A Paisaxe” 3º curso. CEIP Xoaquín Loriga. Curso 22/23 24

Galicia é moi diversa. Nela hai serras, montañas, vales, fragas, cabos, golfos, enseadas, cantís e moitos areais con fermosas praias. Podemos elixir entre setecentas: A Lanzada, Silgar, a de Vilar, a de Carnota, que é a máis longa de todas, ten preto de 7 km de lonxitude. Temos ou non, moitos tesouros dos que presumir? Pero o ser humano, na procura de recursos e da súa explotación imos deixando fondas cicatrices nas nosas paisaxes que persisten ao longo do tempo e o seu impacto abrangue as augas, a atmosfera, a flora, a fauna e a calidade de vida de todos nós. Estas feridas non están a desaparecer semella que seguen a medrar e cada vez máis. Para que Galicia siga sendo un lugar marabilloso, debemos querela e coidala. É a nosa responsabilidade protexer as súas augas, os seus bosques e a fauna e a flora que os habita. Desta maneira viviremos no lugar máis fermoso da Terra e axudaremos a que permaneza así por moitos anos. Nos dicimos: “Coidar o Medio Ambiente é valorar a Vida” Se estás de acordo, asina aquí o teu compromiso. #PorUnhaGaliciaVerdeAzul. Asdo:

“A Paisaxe” 3º curso. CEIP Xoaquín Loriga. Curso 22/23 25

Bibliografía

Traballos escolares realizados polo alumnado. PTPX_NósSomosAPaisaxe. PAGUS-GaliciaUnPaisDePaisaxes. https://gl.wikipedia.org/wiki/Galipedia Libro de texto Santillana de 3º curso. https://www.lalin.gal. Catálogo de paisaxes de Galicia. Observatorio galego da paisaxe. https://proxectoterra.coag.es/ Traballo realizado por: Hugo, Laura, Xoán, Aitana, Coline, Lucía, Xabi, Yoana, Lois, Felipe, Marco, Alberto, Rosalía, Nicolás, Eric, Diego, David, Rosa.

“A Paisaxe” 3º curso. CEIP Xoaquín Loriga. Curso 22/23 26
“A Paisaxe” 3º curso. CEIP Xoaquín Loriga. Curso 22/23 27

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.