Page 1

LETANÍA DE GALICIA GALICIA digo eu/un di GALICIA GALICIA decimos todos GALICIA ate os que calan din GALICIA e saben sabemos GALICIA da door chora á forza GALICIA da tristura triste á forza GALICIA do silencio calada á forza GALICIA da fame emigrante á forza GALICIA vendada cega á forza GALICIA tapeada xorda á forza GALICIA atrelada queda á forza. libre pra servir libre pra non ser libre pra morrer libre pra fuxir GALICIA labrega GALICIA nosa GALICIA mariñeira GALICIA nosa GALICIA obreira GALICIA nosa GALICIA irmandiña GALICIA viva aínda recóllote da TERRA estás mui fonda recóllote do PUEBLO estás n'il toda recóllote da HISTORIA estás borrosa recóllote e érgote no verbo enteiro no verbo verdadeiro que fala o pueblo recóllote pros novos que vein con forza pros que inda non marcou a malla d'argola pros que saben que ti podes ser outra cousa pros que saben que o home pode ser outra cousa sabemos que ti podes ser outra cousa sabemos que o home pode ser outra cousa


VENDO i ouvindo o río vaise o tempo sin sentilo.

Uxío Novoneyra, fillo de labregos, naceu o 19 de xaneiro de 1930 na pequena aldea de Parada de Moreda, en plenas montañas do Courel, en Lugo. Estudou o bacharelato na cidade de Lugo e posteriormente trasladouse a Madrid para comezar a carreira de Filosofía e Letras. E é nesta cidade onde publica os seus primeiros poemas, na revista universitaria Bengala. Estes primeiros poemas están escritos en castelán. No ano 1952 volta a Galicia e entra en contacto con diferentes intelectuais galegos de Santiago de Compostela: Ramón Piñeiro, Otero Pedrayo, Manuel María... o que o leva a tomar conciencia galeguista e a escribir, xa a partir de entón, exclusivamente en idioma galego. Casou en 1973 con Elva Rei, á que coñeceu durante a súa estadía en Lugo, e coa que tivo tres fillos: Branca-Petra, Uxío e Arturo. Durante un tempo vive entre Lugo e O Courel ata que se establece definitivamente, dez anos máis tarde, en Santiago de Compostela. É nesta cidade onde é elexido Presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, cargo que vai exercer ata a súa morte durante dezasete anos consecutivos. Uxío é autor de numerosos libros de poemas: «Muller pra lonxe», «Do Courel a Compostela», «Poemas caligráficos” ... sendo o máis coñecido e máis representativo da súa obra o o qu eleva por título «Os eidos», nos que recompila toda a súa poesía relacionada co Courel. Escribiu tamén tres contos para os máis pequenos: «Gorgorín e Cabezón», «Ilda,o lobo, o corzo e o xabarín» e «O cubil do xabarín». Faleceu en Santiago de Compostela un 30 de outubro de 1999. Este ano 2010 a Real Academia Galega adícalle o 17 de maio, Día das Letras Galegas, como recoñecemento ao seu traballo a prol da lingua e a cultura galega.

Naz’a auga su as abrairas Entr’as penas sombrizas roxe e baixa de pincheira en pincheira e corre entretecida ... COA cara pegada ó cristal da fiestra ollo os fius da auga contra a sombra das penas. Nos fius da auga que ún xa non vei fica a ollada envisa do chover ……………………….. Os fius da auga técense cos fius do soño que eu soño TIÑA o nino unha pomba unha sola no pombal. Un día a pomba non volve a pomba non volve máis. Morreu rapaz. No cruceiro do teito que frente dá veo a pousársell´a pomba que fuxira do pombal. Contáronmo de ben perto: o nino era meu irmán.

CHOVE nas veigas sin que se oia. Unha tras outra cain as follas dando voltas … Ollando a serra calada ún agarda unha cousa queda lonxana

BARBAÑA barbaña... Que noite de lobos! Oulan os cais nas airas. Anda a nebra baixa polos caborcos do souto e polas bouzas da braña ...

CANTA a fontiña canta a fontela i anque a canción é dela ten unha cousa miña pola que podo entendela PAXAROS voando o espacio do canto. Cada sitio ten un camiño que non vai máis alá

CHOVE para que eu soñe ...


FONTIÑA do Carabel! Auga branca nacida ó pé dunha faia teñe que ter bo beber. - Toma pon de calexa esta folla. Aséntaa ben no buraco e préndea cunha pedra.

COUREL dos tesos cumes que ollan de lonxe! Eiqui síntese ben o pouco que é un home.

VIÑA eu dos Calvares soñando no aire.

Vai polo monte o camiño. outeando como un louco polos caborcos do val i as poxas do taramoco.

Eu non sein pra onde vai méntral´o quedo mirando. Solo sein que eilí se compre o soño que estou soñando …

Cruza solo a serra toda sin levar outra compaña que a gran presencia do ceo sobre o silencio da braña.

CHEGA a hora d´irse á cama. O lume xa non dá fume nin chama Trás tantas cousas contadas van indo acabadas as ganas de falar. O ollo do lume xunta nunha as miradas ... .................................... Queda a brasa das ragoadas amontoada no lar.

Pasei su a fonte cos ollos ó lonxe.

Que fontiña mais pequena! Sécase dun sorbato. Fontiña do Carabel que dás xusto o que ún pode beber! CHOVE pausiño pras sombras chove pra baixo e pra riba. O aire de soño en soño a auga pinga que pinga …

ESTA auga da presa son eu ou é ela?

Deiteime na erba cas mans nas meixelas.

CAI a neve cai cai falopiña a falopiña nin o vento arremuíña nin a auga a desfai. ……………………….. Cido Castro de Brío nevados! Baixa a neve ata os prados...

Ven a noite polos eidos ... Vaise a tarde que nin xeme decindo adeus con un xeito que non sein nin se me esquece. CANTA o cuco cala e canta dos castiñeiros do val. Pasa o tempo e non di nada e volta o cuco a cantar.

OIR pacer as vacas no serán no silencio da serra some a un cuase tanto como no val ver pasar a auga das presas.

NEVA venta e fai fume. Vense a xente tralo lume I axóugase toda encol ó cariño do remol. Fora riba do lousado óllase por un furado nevar a copo tendido e logo a entretecido ...

O aire ten unha cousa que se perde si un a conta.

Eu non sein pra onde vai méntral´o quedo mirando. Solo sein que eilí se compre o soño que estou soñando …

NEVA no bico do cume neva xa po la ladeira neva no teito e na eira

TERRA moura das montañas! Boa terra que dás auga e teis auga nas entrañas!

....................................

Eu a ollar pro lume i o lume a ollarme. O lume sin queimarme fai de min fume ... NEVA venta e fai fume Vense a xente tralo lume i axóugase toda encol ó cariño do remol. Fora riba do lousado óllase por um furado

nevar a copo tendido e logo a entretecido...

FRORES de maio nevando dos mazairos pre que ún quede inda máis quedo que ollándovos no alto ANDA o vento ceibe polos eidos con todalas as soltas empreña os castiñeiros ripa as lousas dos teitos i escachafoula nas portas ...


FENTOS secos do inverno! Fainteiras do Val Arcón e Fontela! Manchas de tempo esperdigadas eiquí i aló pola serra!

TRONOU ventou e choveo. Bicouse a terra co ceo. A noite que onte caiu solo foi pra quen´a oíu. Ameteo o rio. Ameteron as fontes i os fontegallos dos montes. Naz´a auga a golforón. Pregan os prados a cachón. O camino sobe baixa torce e more ó lonxe … Vai o José de Parada atravesando il solo a Devesa do Rebolo Cabalgando vagariño cruza a terra do viño cara Viana do Bolo. Deixa a serra pasada. Leva a alma asiñada ca mágoa do camino.

ESTÁ o aire enfexo n´algo que non vexo. Os paxaros os prados os eidos calados...

Pacen as vacas na nabarega. Treme a pequena que vai co´elas. Febreiro chove febreiro xea febreiro neva neve lixeira. FIANDEIRA namorada que fías detralo lume cos ollos postos nas chamas roxíñas brancas i azules. Fiandeiriña que fías nas noites do longo inverno as liñas máis delgadiñas que o fío do pensamento. Cai a neve quedo fóra riba dos teitos calada mentras ti fías e soñas nunha cousiña lonxana... A Branca-Petra do Courel

No bicarelo do bico do brelo canta o paxariño. No mesmiño bicarelo do bico do brelo. ESTA tarde o aire é meu amigo Voume sumindo sumindo. Si o aire quer chegarei a non ser ninguén.

PRADOS da Fontenla que erbiña vos cobre máis marela que primavera máis pobre! Zumega que zumega zumega a fonte do monte na bouza cega...

COA cara pegada ó cristal da fiestra ollo os fius da auga contra a sombra das penas. Nos fius da auga que ún xa non vei fica a ollada envisa do chover. ............................... Os fius da auga técense cos fius do sono que eu soño.

Eí vein os cordeiros fiar os cordallos! Acabáronse os traballos. Viñeron as neves. Veo a chuvia i o vento pre quen non pode estar drento. Eu no meu cada un no seu teña pan teña leña teña erba pros bois e despois veña o que veña: É o prego do labrego Cebalos cochos matalos salalos i afumalos. Ir derretendo na grasa… Ir achegando na brasa … Sempre hai que facer na casa.

XESTAS froridas da Sítima! Virtas de xesta piornal! Terra pobre sequiza de penedo i erba-chá

QUEN na outa tarde anduvo a catar o aire sabe que a sombra é máis que unha lene escuridade

XESTAS froridas da Sítima! Virtas de xesta piornal! Terra pobre sequiza de penedo i erba-chá PENEIRAR do peneiriño pólo Noval e Fontenla! Prados do Val d´Asnela e do Campo do Muíño! “Chove na casa do pobre”

CHOVE no monte e nas viñas Envolca a auga en regueiras i ailí onde caín as beiras baila muiñeiras miudiñas ...

escolma novoneyra  

poesía novoneyra

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you