Page 1

Nado en Toledo en 1221 e finado en Sevilla o 4 de abril de 1284, foi rei de Castela e León. Foi alcuñado " O Sabio" pola súa cultura e a potenciación cultural que mantivo, entre a que podemos salientar a creación da Escola de Tradutores de Toledo e a produción de moitas obras: Las Siete Partidas (recompilación xurídica e principios de dereito), tratados de xadrez e poesía en galego como as Cantigas de Santa María e mesmo poemas trobadorescos. Fomentou a actividade cultural a través da Escola de Tradutores de Toledo e el mesmo foi un bo poeta en galego. Ten unha extensa obra, tanto xurídica como científica, histórica e literaria. Realizou a primeira reforma (normativización) ortográfica do castelán, lingua que adoptou como oficial do reino en troques do latín. Adicóuselle o Día das Letras Galegas de 1980.

(Edimburgo 1831 - Cambridge 1879) foi un físico escocés, pai das catro ecuacións que demostraron que a electricidade e o magnitismo podían ser simplificados nun só fenómeno: o electromagnetismo e demostrou que os campos magnético e eléctrico atravesan o espazo, sobre a forma de ondas, á velocidade da luz, tamén defendeu que a luz é unha forma de radiación electromagnética. .

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA EQUIPO DE BIBLIOTECA ESCOLAR


4 de novembro

Día da CIENCIA en GALEGO O dereito a gozar da ciencia en galego A partir deste ano 2010, o 4 de novembro convértese para as galegas e os galegos nunha cita puntual coa ciencia en galego,

que

nos

permitirá

achergarnos,

educativa

e

socialmente, a aquelas persoas que dedicaron a súa vida ao desenvolvemento e avance da sociedade desde a súa entrega e achegas á evolución do coñecemento científico. O Día da Ciencia en Galego é unha xornada dirixida ao mundo do ensino e a toda a sociedade co obxectivo de expresarmos que o galego é unha lingua axeitada para a transmisión do coñecemento científico e tecnolóxico e para divulgar experiencias escolares pensadas e desenvolvidas en galego. O Día da Ciencia en Galego está adicado no 2010 a Ramón Mª Aller Ulloa, Afonso X O Sabio e James Clerk Maxwel. O noso Centro fará actividades divulgativas que se consideren de interese e, ademais, levará a cabo unha proposta lúdica común: construír papaventos, estudar como funcionan e coñecer a súa historia.

Nado no pazo de Filgueiroa, en Donramiro, Lalín, o 3 de febreiro de 1878 e finado o 28 de marzo de 1966, foi un astrónomo galego, ademais de sacerdote e matemático. Comezou a estudar cos xesuítas na Guarda e continuounos no seminario de Lugo. Con vinte anos obtivo un doutoramento en teoloxía. Foi ordenado sacerdote con dispensa de dous anos, e, aos 26, acadou como alumno libre unha licenciatura en Ciencias Exactas pola Universidade de Madrid. En 1912 doutórase con premio extraordinario e, neste mesmo ano, constrúe en Lalín o primeiro observatorio astronómico de Galicia. En 1939, encargouse de explicar Xeometría e Análise Matemática na Universidade de Santiago. No 1944 creouse a Cátedra de Astronomía para el. Alí na Universidade dispuxo dun observatorio. Nel continuou cos seus estudos do firmamento, sempre cunha estreita relación con importantes astrónomos europeos da época. Ramón María Aller foi membro da Academia das Ciencias Exactas de Madrid, da Comisión da Astronomía e doutras institucións mundiais. Inventou aparellos de medición e observación, algúns deles foron adoptados polo observatorio de París. Foi nomeado catedrático e director vitalicio do observatorio de Santiago, cóengo honorario, e fillo adoptivo da cidade de Santiago de Compostela. O inglés Wilkins puxo o nome de Aller a un cráter da Lúa. Dominaba dez idiomas.

ciencia en galego  

diptico do día da ciencia

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you