Texto 5 cine

Page 1

BIBLIOTECA, CÁMARA, ACCIÓN!!!

Rosiña films presenta

OS XÉNEROS CINEMATOGRÁFICOS (Parte IV) CINE DE ANIMACIÓN Ten como principal característica que non está feito con actores/actrices e en espazos reais, senón con ilustracións, bonecos/as articulados ou planos infográficos ou computerizados, animados fotograma a fotograma, ata lograr a sensación de movemento. É dicir, non existe movemento real ao filmar, senón que se producen as imaxes unha por unha (mediante debuxos, modelos, obxectos, etc.) de maneira que ao proxectarse unha tras outra se produce a ilusión de movemento. Este mesmo fenómeno é o que explica que poidamos desfrutar de calquera película, pois esta non é outra cousa que unha sucesión de fotogramas no celuloide. En canto aos contidos, calquera tema podería ser transmitido mediante imaxes animadas e, polo tanto, poderiamos atopar tanto dramas como comedias, musicais, aventuras... Pero o máis habitual entre as películas de animación son as historias fantásticas, moitas veces protagonizadas por animais antropomorfizados, e dirixidas especificamente a un público infantil, aínda que tamén hai películas animadas para público adulto. O grande impulsor do cine de animación foi o estadounidense WALT DISNEY, creador dunha auténtica factoría na que, desde a realización da primeira longametraxe de debuxos animados (”Brancaneves e os sete ananiños”, 1937), vén realizando novas películas periodicamente.

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO

C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ - Curso 2014-15


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
Texto 5 cine by marichoni marichoni - Issuu