BIBLIOTECA, CÁMARA, ACCIÓN!!!
Rosiña films presenta
OS XÉNEROS CINEMATOGRÁFICOS (Parte I) Do mesmo xeito que clasificamos os libros segundo sexan de ficción -aventuras, misterio, viaxes, medo...- ou de consulta natureza, corpo humano, historia...-, o mesmo ocorre coas películas. Esta maneira de clasificación emprégase en todas as artes, tendo en conta a súa temática. A súa orixe atopámola na cultura clásica: os gregos diferenciaban entre traxedia ou drama (estilo profundo e desenlace triste) e comedia (estilo lixeiro e final feliz). Estes xéneros ampliáronse no teatro, pero as posibilidades do cine fixeron xurdir unha variedade moito máis grande. O DRAMA CINEMATOGRÁFICO
A COMEDIA CINEMATOGRÁFICA
Trata cuestións decisivas na vida, coma o amor, os celos, o desamor, a necesidade de cariño, a dor, etc. Caracterízase por presentar graves conflitos entre os personaxes protagonistas.
Este xénero busca facer rir ao espectador. Para conseguilo usa un recurso denominado “gag”, que é unha situación humorística, moitas veces creadas a partir de anécdotas pouco importantes. Baséanse en conflitos que se resolven a través de persecucións frenéticas, batallas de tortas, labazadas, golpes, caídas... Grandes comediantes foron Charles Chaplin, Stan e Laurel “o Gordo e o Fraco” ou os irmáns Marx.
Na traxedia clásica estes conflitos sempre desembocaban na morte dun ou varios dos protagonistas. O drama moderno, aínda que non chegue á resolución tráxica, adoita conservar un final desgraciado. “Casablanca” (Michael Curtiz, 1942)
PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO
C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ - Curso 2014-15