Texto 25 cine

Page 1

Rosiña films presenta

BIBLIOTECA, CÁMARA, ACCIÓN!!! MÚSICA E CINE

BANDA SONORA: é a parte do son completa, incluíndo diálogos, sons e música, aínda que normalmente o termo fai alusión soamente á música. Desde o punto de vista musical, enténdese como banda sonora a música (vocal e/ou instrumental) composta para unha película. Desde logo a música ten unha importancia enorme nas historias cinematográficas. Xa o cine mudo incluía música, e as imaxes acompañábanse con música tocada por instrumentos en directo. Isto servía para romper o xeo, para dar vida ás imaxes e tamén para “tapar” o ruído que facían naquela época os proxectores. El cantor de jazz Coa chegada do cine sonoro, a función da música ampliouse: (1927) é considerada a FUNCIÓN EXPRESIVA: -Esperta emocións (unha escena triste é aínda máis dramática se a música que a acompaña ten tamén esa característica, por exemplo). -Aporta ritmo, modifícao (anticipa acontecementos ou rememóraos). -No xénero musical a música adquire moitísimo protagonismo, e provoca a aparición de números musicais que deteñen a acción, ao tempo que forman parte dela.

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO

primeira película sonora da historia do cine.

FUNCIÓN NARRATIVA: -Recrea a época, lugares ou ambientes (unha música do Renacemento levaranos a imaxinar unha época antiga, por exemplo). -Caracteriza personaxes e situacións. En ocasións, cando soa unha música determinada, xa pensamos nun personaxe en concreto, e non é necesario velo. Ese tema musical denomínase “leit-motiv”. -Espertan a duda, a curiosidade, a inquietude..., na persoa espectadora.

C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ - Curso 2014-15


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.