Texto 13 cine

Page 1

Rosiña films presenta

BIBLIOTECA, CÁMARA, ACCIÓN!!!

A LINGUAXE DA IMAXE. AS ANGULACIÓNS (PARTE II). Ademais das angulacións vistas na parte I (ángulo normal, picado e contrapicado), podemos destacar outras dúas complementarias. ÁNGULO INCLINADO Neste caso a cámara ubícase cunha inclinación hacia un lado, amosando desta maneira imaxes inclinadas. Este tipo de plano acentúa a subxectivididade e agrégalle á escena sensación demovemento, de inestabilidad, de inseguridade...

ACTIVIDADES QUE PODEDES REALIZAR Para comprender a linguaxe audiovisual, podedes facer unha selección de imaxes de anuncios publicitarios. Observade os planos empregados e tratade de analizar por que se empregan uns planos ou outros. Podedes facer unha colección de planos (xeral, americano, etc.) e de angulacións (picados, contrapicados...)

ÁNGULO SUBXECTIVO Pode ser calquera dos ángulos anteriores, coa particularidade de que a cámara intenta amosar o mesmo que o personaxe está a ver. Convértese, en certo modo, nos ollos do personaxe.

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO

Outra actividade máis creativa pode ser elixir unha imaxe, analizala e logo “refacela” de xeito diferente. Por exemplo, elixir un personaxe de banda deseñada (cómic) encadrado nun plano medio, e facer vós os demais planos (ou algúns deles). Detédevos nas imaxes das películas que vexades e comentádeas entre vós, ou cos vosos mestres... Xa veredes canto aprendedes!!!

C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ - Curso 2014-15


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
Texto 13 cine by marichoni marichoni - Issuu