Skip to main content

María no Mundo do Terror

Page 1

Lucía Castiñeiras Ramos (6º Curso)


María era unha nena de 11 anos alegre e bondadosa. Encantábanlle as festas: o Nadal, o Entroido… Sen embargo, agardaba con moito entusiasmo o Samaín pero non cría na fantasía, nin nos feitizos, nin nos seres máxicos… Pero todo iso cambiou no último Samaín. Para esa noite tan especial, María vestiu un horroroso disfraz de meiga, saíu a pedir caramelos pola vila cos seus amigos, bailou e disfrutou moito ata que chegou a hora de volver á casa. Nada máis deitarse, quedou a durmir. A festa fora divertidísima e estaba moi cansa ! A mañá seguinte, cando espertou, todo era distinto. O seu cuarto estaba cheo de teas de araña, calabas con sorrisos maliciosos... Entón, decidiu baixar á cociña e preguntarlle a súa nai se todo aquilo era de verdade ou se era unha broma. Pero cando chegou, descubriu un horrible esquelete que lle dixo cunha terrorífica voz:

-Ti deber ser María, esa nena que no cre na maxia... María fuxíu da casa asustada antes de que o esquelete rematara, pero, fora, o panorama non era moito mellor. Vampiros, cervos, busgosos, pantasmas, árbores negros, e moitas cousas aínda máis terroríficas. María estaba confundida, pero tamén moi asustada. Berrou e berrou, sen dúbida , a peor idea que poido ter, porque todos


aqueles seres se dirixiron a ela ríndose a gargalladas e, de súpeto, atopouse dentro dunha enferruxada gaiola, e rompoeu a chorar. -Ola, son Xabier! -Ah! Quen dixo iso?- preguntou María. -Tranquila- contestou o neno- só quero axudarche. -Bueno –dixo María- entón poderás decirme que fago aquí? E Xabier contoulle que todos os nenos que non crían na maxia, eran transportados ao chamado “Mundo do terror” e metidos nesas gaiolas. - E non hai maneira de saír?- preguntou a nena. Xabier contestoulle que a única forma que había a intentaran moitos nenos e ningún o conseguira. María , de todos modos insistiu en coñecela. O neno indicoulle que había que atrabesar o vello cemiterio que estaba ao lado das gaiolas e logo o pasadizo que comunicaba o “Mundo do terror” co noso mundo.Tamén lle dixo que se conseguía superar a proba, non só ela se salvaría, se non que todos quedarían libres. Esa noite, María non pegou ollo. Estivo pensando no que lle dixera Xabier sobre o cemiterio, e chegou á conclusión de que atravesalo era a mellor idea.


A mañá seguinte, cando María contou a Xabier o que ía facer, quedou tan asombrado coma Zepe, o carceleiro que os vixiaba. Sen embargo, este aceptou a súa proposta. Cando chegou a hora, María adentrouse no cemiterio con paso firme, e a partir de ahí, todo foron morcegos que lle tiraban dos pelos, serpes que se lle enroscaban nas pernas, louxas que se fundían cosas súas pisadas... Pero María, valente, avanzou ata o pasadixo e logrou entrar. Alí todo eran voces de espectros malignos, escalofriantes... E chegou o primeiro enigma, unha adiviña escrita na parede:

“Se dous monstros fortes, pelexan cunha débil bruxa, quen gañaría?” -Pois a meiga, porque cos seus poderes máxicos derrotaría aos

monstros- dixo María. Que ben!!! Unha porta abrírase e misteriosamente. Encendéranse tamén unhas luces, que deixaron ver unha cabaza cun letreiro.

“Se desta trampa queres escapar a baldosa axeitada debes de pisar” No chan, María vía baldosas con serpes e morcegos coa boca aberta coma querendo morderlle, pero había unha cun morcego durmido. Pisou esa baldosa con valentía e, de súpeto, todo comezou a dar voltas e voltas... E , de súpeto, María atopouse no seu cuarto.


Enriba da cama, a nena viu unha carta que dicía:

“Grazas a ti María, o Mundo do Terror desintegrouse e xa ningún neno volverá a caer engaiolado” Moitas grazas. Entón María sentiuse moi felíz, e desde aquel día pensou u pouco mellor o dos seres máxicos e a fantasía porque....

Quen dixo que todo iso non pode ser real?...

Fin.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
María no Mundo do Terror by marichoni marichoni - Issuu