Skip to main content

Lectura 9 Campaña Mergúllate nun mar de libros

Page 1

As BARCAROLAS son cantigas que teñen a súa orixe en Venecia, xa que as cantaban os gondoleiros desta cidade. Un gondoleiro é a persoa que manexa unha góndola, unha pequena embarcación tradicional desta cidade italiana. Venecia é coñecida co sobrenome de “cidade dos canais”, xa que está formada por 118 illas unidas por 354 pontes e dividida por 177 ríos e canais. Tal vez a barcarola máis coñecida e interpretada sexa a que compuxo o alemán JACQUES OFFENBACH (1819-1880) para a súa ópera “Os contos de Hoffmann”, que formou parte da banda sonora da coñecida película “A vida é bela”.

O MAR NA MUSICA CLÁSICA 2 RICHARD WAGNER (1813-1883), na

ópera “O holandés errante” (tamén coñecida como “O buque fantasma”, conta a redención por amor dun mariño condenado a vagar eternamente polo mar nun buque pantasma. Esta obra está inspirada nunha coñecida lenda que conta que o holandés errante é un barco pantasma que non puido regresar a porto, condeado a vagar para sempre polos océanos do mundo. A obertura (introdución instrumental dunha ópera) é unha das máis coñecidas deste compositor alemán.

Gondoleiro

CAMILLE SAINT-SAËNS (1835-1921), no seu coñecido

Tamén compuxo unha ópera o compositor

“Carnaval dos animais”, adica un movemento desta composición ao

italiano GIUSEPPE VERDI (1813-1901) titulada

“Aquarium”, no que a música, de ritmo pausado e algo misterioso, suxire burbullas e tranquilidade.

RIMSKY-KORSAKOV

(1844-1908) inspirouse na

alega aG

Equ

O compositor ruso NICOLAI

gu

ipo d e

“Otello” e baseada na obra de teatro de William Shakespeare “Otelo: el moro de Venecia”. O compositor describe a chegada do barco ao porto e as dificultades que ten para resgardarse debido á tormenta. A acción transcurre nunha cidade costeira ación da illa de Chipre, a finais do século XV. Dinamiz da Lin

G

Vista aérea de Venecia

novela “As mil e unha noites” para compoñer “Scheherezade”, que comeza describindo a navegación do coñecido mariño e aventureiro Simbad.

Mer gúl l ate nu n m ar de l i bros Campaña de lectura 2010-2011 Biblioteca C.E.I.P. Victor Sáenz


SIMBAD O MARIÑO

(Fragmento dunha adaptación do conto “A segunda viaxe”, de As mil e unha noites, realizado por Cooper Edens). Despois da miña primeira viaxe, vivía moi ben en Bagdad ata que un día sentín o desexo de viaxar a terras descoñecidas polo pracer de ir coñecendo os países e illas deste mundo. Decidín partir en seguida e tomando unha cantidade importante de diñeiro, merquei algúns xéneros e obxectos propios para a viaxe. Despois atopei unha fermosa nave de numerosa tripulación na que embarquei coas miñas mercadorías. Íbamos de mar en mar e de illa en illa e en cada porto mercabamos ou cambiabamos mercadorías. Así continuamos a viaxe ata que arribamos a unha fermosa illa deserta chea de árbores froiteiras. Pouco despois de desembarcar, quedei durmido. Ao despertar, vin con natural disgusto que o patrón olvidárame e a nave partira deixándome só na illa. Atopeime co que levaba posto e un sentimento de tristeza desesperante. Ao cabo dun rato erguinme, e despois de andar un pouco pola illa, subín á copa dunha árbore. Só vía auga e ceo, árbores e paxaros, illas e area. Pero, observando ben, divisei un obxecto branco de grandes dimensións que destacaba ao lonxe. Baixe da árbore e encamiñeime

naquela dirección. Atopeime diante dunha inmensa cúpula branca. Examineina dando unha volta pero non descubrín porta algunha; tampouco me era posible subir a ela, xa que a súa superficie era demasiado lisa. De repente, o ceo escureceuse e, ao levantar os ollos, vin un enorme paxaro que se achegaba voando e que era o que tapaba o sol. Nese momento lembrei a historia que me contaran os viaxeiros: hai en certas illas un paxaro de gran tamaño, chamado “roc”, que alimenta ás súas crías con elefantes. Xa non me quedaba dúbida algunha: aquela cúpula era un ovo de “roc”!!! O paxaro pousouse sobre a cúpula e cubríndoa coas súas ás, durmiu. Mentras, eu quitei o turbante e ateime con el a unha pata do paxaro, mentras pensaba: “Acaso me levará este paxaro a unha terra habitada? Sempre será mellor que estar nesta illa deserta!” Ao amencer, o paxaro alzou o voo, levándome consigo. Elevoume a gran altura, e logo foi descendendo pouco a pouco ata chegar a terra. Aínda ben non tocara o chan, desprendinme da súa pata e aparteime correndo. O roc colleu un obxecto entre as súas garras e iniciou novamente o voo. E sabedes que levaba? Unha serpe de enorme corpulencia, coa que pronto se perdeu sobre a inmensidade do mar. Mirei o lugar no que me atopaba e comprobei que era un profundo val, rodeado de montañas moi escarpadas. Levanteime e baixei ata o fondo do val: o chan estaba cuberto de magníficos diamantes!!!

Mer gúl l ate nu n m ar de l i bros Campaña de lectura 2010-2011 Biblioteca C.E.I.P. Victor Sáenz


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Lectura 9 Campaña Mergúllate nun mar de libros by marichoni marichoni - Issuu