Mer gúl l ate nu n m ar de l i bros
Campaña de lectura 2010-2011 Biblioteca C.E.I.P. Victor Sáenz
Bibliografía: “A pesca responsable na baixura: curso de formación de mariñeiros.” Plan Forma. Xunta de Galicia
G
CLASIFICACIÓN DOS PEIXES Segundo a súa anatomía e forma, os peixes poden ser clasificados en tres grandes grupos : -OS PEIXES SEN MANDÍBULA Estes peixes caracterízanse pola simplicidade do seu esqueleto, que corresponde ao dun vertebrado moi primitivo. Teñen un corpo anguiliforme (en forma de anguía), e son uns voraces depredadores. A lamprea é un exemplo destes peixes.
Os máis coñecidos son a quenlla e a raia. Teñen mandíbulas e dentes que polo xeral se abren na cara ventral da cabeza.A maioría son carnívoros e carecen de vexiga natatoria. A súa pel presenta pequeñas escamas semellantes a dentes que lle confiren unha textura áspera, como a do papel de lixa. (De feito, os ebanistas do século XIX empregaban a pel da quenlla para dar á madeira un acabado perfecto.) Teñen 5 ou 6 fendeduras branquiales a cada lado.
-OS PEIXES OSEOS Teñen un esqueleto óseo e vexiga natatoria. Son ovíparos e de fecundación externa. Poden ser carnívoros ou herbívoros. Teñen unha boca provista de dentes en posición dorsal o terminal con respecto á cabeza. Teñen unha soa fendedura branquial a cada lado. Son a clase de peixes máis abundantes dentro da inmensa variedade que existe. Exemplos: a dourada, o atún, o bacallao, o rodaballo, etc.
A súa boca ten forma de ventosa, con dentes moi afiados, polo que cando a lamprea ataca á súa presa, adhírese fortemente á superficie do seu corpo. Por se isto fose pouco, na súa boca posúen unhas glándulas e a secreción destas impide a coagulación do sangue, co que o peixe depredado se desangra con moita facilidade. -OS PEIXES CARTILAXINOSOS O seu esqueleto está feito de cartilaxe, unha substancia flexible e resistente pero menos dura que o óso. Por iso, reciben ese nome. Pero son vertebrados, xa que teñen columna vertebral. Poden ser ovíparos, ovovivíparos ou vivíparos. A súa fecundación é interna.
Mer gúl l ate nu n m ar de l i bros Campaña de lectura 2010-2011 Biblioteca C.E.I.P. Victor Sáenz