Skip to main content

EXPERIENCIA PIALE AMIENS -FRANCIA

Page 1

Milagros Vila Vergara


Cidade do norte de Francia, capital do departamento “Somme”, pertence na actualidade á rexión “Hauts de France” (anteriormente Picardía). A súa situación, preto de París e do canal da Mancha, fixo da cidade un punto estratéxico nas dúas guerras mundiais, polo que a cidade foi tomada polos alemáns e bombardeada polo exército aliado para liberala . O 80% da cidade foi destruído quedando soamente en pé a espléndida catedral gótica, a maior do país, e o barrio de Saint Leu, onde se atopan na actualidade a maior parte das facultades


CATEDRAL E BARRIO DE SAINT-LEU


Detalle barrio Saint-Leu…¿Posible destino Erasmus? Biblioteca universitaria

Université Jules Verne


O contexto  A cidade posúe unha poboación coa media de idade máis baixa do país: 25,6 % teñen menos de 20 anos, o que supón unha gran demanda de centros educativos diversos  Unha situación estratéxica a media distancia entre Lille (gran cidade universitaria) e Paris,  Unha grande actividade en I+D  Unha ampla tradición no desenvolvemento da formación profesional.

Os puntos débiles:  Existe unha taxa de paro superior au resto do país (+2%).  Unha taxa máis baixa nos resultados do exame do BAC. A Academia ten en proxecto numerosos plans de intervención para erradicar estes problemas a través da educación.


O CENTRO: LYCÉE LOUIS THUILLIER


O CENTRO EN CIFRAS O centro está situado na zoa sur da cidade. É una zoa residencial onde viven principalmente familias acomodadas cun nivel de vida medio-alto. O instituto forma parte dunha especie de campus ao que chaman “cidade escolar” onde hai outros dous centros de secundaria e postgrao onde asisten cada día máis de 5000 persoas entre persoal docente e alumnado. No Lycée Louis Thuillier hai 1830 alumnos e estudantes distribuídos en 55 grupos dos cales 34 pertencen aos cursos para a obtención de bacharelato11 grupos de 2e (=4º da ESO) 11 grupos de 1ére (=1º de bacharelato) 12 grupos de Terminale (=2º de bacharelato 21 grupos das denominadas “Classes préparatoires” 90 docentes para os cursos de bacharelato 80 docentes para as “classes préparatoires”


Unha das clases visitadas foi un grupo de “seconde année” ( = 4º da ESO) chamado “pôle sportif” porque acolle a estudantes de toda Francia que se preparan para formar parte da selección nacional do seu país de fútbol americano, fútbol masculino y feminino, balonmán feminino, algúns atletas olímpicos e tamén paralímpicos. Estes estudantes teñen horarios adaptados en función das súas necesidades para as súas sesións de adestramento o para acudir ás competicións. No internado ás comidades destes estudantes están tamén adaptadas en función das necesidades da súa práctica deportiva, pero non teñen unha adaptación especial en canto aos contidos ou instrumentos de avaliación. A directora do centro participa no proceso de selección deste alumnado e está en contacto cos adestradores. Para ser aceptados neste programan teñen que amosar un grao de excelencia no académico e no rendemento deportivo. Un mal resultado académico pode significar a exclusión do programa.


Os profesores de español que me acolleron dedicaban unha boa parte das súas clases á preparación do alumnado para a proba do BAC que é algo parecido ás probas EBAU, pero se un estudante non aproba estes exames non ten o título de Bacharelato. É máis ben unha proba tipo reválida. As probas realízanse ao longo dos dous últimos anos de instituto. Para a proba de lingua estranxeira fan un exame por destrezas coma as nosas probas de certificación


A PROBA DO BAC: ESPAÑOL LINGUA ESTRANXEIRA As clases de lingua estranxeira dos dous últimos anos van moi enfocadas á preparación do alumnado á proba final do BAC.

A proba é común para todos os candidatos pero o criterios de corrección varían en función da opción escollida no bacharelato, e se o español foi escollido como primeira ou segunda lingua (mesmo terceira) Español primeira lingua criterios avaliación B2 Español segunda lingua  criterios avaliación B1


COMPRENSIÓN ORAL A proba parte dun documento de audio ou audiovisual de 1’30’’que se emite tres veces cunha pausa de un minuto entre cada escoita. As persoas candidatas teñen que redactar en lingua materna un texto no que deben idicar de que tipo de documento se trata (reportaxe, informativo, anuncio etc) e tratan de expoñer a maior información posible do que comprenderon ao longo das escoitas. A puntuación calcúlase en función do número de ideas ou a cantidade de información que a persoa candidata é capaz de transmitir no seu texto. Non ten que haber introdución, conclusión ou opinión. O exercicio consiste en contar a información que foi capaz de comprender.


EXPRESIÓN ORAL Cada curso escolar o ministerio fixa 4 grandes temas (“les 4 notions”) que conforman o programa. Os departamentos didácticos poden engadir subtemas relacionados que tratan con diferentes documentos auténticos moi similares aos que utilizamos nas nosas clases: carteis publicitarios, documentos escritos e orais de tipoloxía diversa. O ministerio proporciona exemplos e material para preparar dita proba ao profesorado e tamén ao alumnado A persoa candidata recibe por sorteo o tema que ten que desenvolver (1 de 4):  10 minutos de preparación nos que pode elaborar un esquema e pode facer alusión aos documentos estudados durante o curso para exemplificar a súa exposición.  5 minutos de exposición (monólogo)  5 minutos de entrevista co profesor examinador A proba ten lugar no centro escolar onde asiste o-a alumno-a e é avaliado por un docente do departamento de español do centro.


COMPRENSIÓN ESCRITA A Proba consta dun exercicio a partir dun fragmento literario ou da prensa escrita. As persoas candidatas deben demostrar o grao de comprensión respondendo a preguntas de diversos tipos: -Xustifica con elementos do texto, indicando a liña onde se atopan se una afirmación é verdadeira ou falsa (pódense pedir mais dun elemento se existe no texto) - preguntas de escolla múltiple: xustificar o elemento do texto que o demostra. - unha pregunta de comprensión específica: responder cun ou varios elementos extraídos do texto. ………a afirmación é verdadeira/falsa porque na liña X di que “……………….” A puntuación da proba é de 10 puntos, 1 punto por cada elemento requirido.


EXPRESIÓN ESCRITA A proba realízase na mesma sesión que a proba de comprensión escrita. O texto utilizado para esa destreza é o texto fonte para proporcionar o enunciado da proba da expresión escrita. O número de palabras e o tempo outorgado para a realización da tarefa varía en función dos estudos realizados (bacharelato de ciencias, humanidades, artístico, economía) e tamén da opción escollida para a materia de español (especialidade, primeira lingua, segunda lingua)


 Trata de dar consellos ao teu compañeiro para

utilizar as redes sociais sen riscos apoiándote no seguinte documento. Este tipo de exercicio é o que o alumnado de B2 ten que facer na tarefa 1 da expresión oral. documento utilizado nunha clase de nivel equivalente a 1º de bacharelato


As súas clases parécense moito ás nosas. A maioría das clases de lingua estranxeira son de dúas horas, coa diferencia de que eles fan dous períodos de 50 minutos separados por unha pausa de 10. Traballan con documentos moi parecidos aos que utilizamos nas nosas clases para practicar as destrezas de expresión e de comprensión. ….¿Imaxinades o primeiro documento que vin utilizar na primeira clase á que asistín?


Un dos temas do “BAC” é “lugares e formas de poder”. Os profesores estaban a traballar sobre a memoria histórica e a ditadura. Estes documentos apoiaban un documento escrito sobre unha muller valenciana republicana que atopou refuxio en Francia. Utilizados nunha clase de nivel equivalente a 2º de bacharelato, español segunda lingua.


Tamén puiden observar que en Francia teñen que loitar contra a mesma lacra ca nós. Tiven a ocasión de falar con representantes de “femmes solidaires de la Somme” que estaban facendo unha campaña no instituto. Había máis de 50 carteis e pares de zapatos coma estes nas vallas que rodean a cidade escolar


Dentro do instituto estiveron unha maùå levando a cabo unha campaùa para concienciar aos estudantes do problema


Tamén vin a especialidade dos franceses… aquí en loita polas súas pensións


En xeral a experiencia foi moi positiva, pero agora ven o mellor‌. Invitacións dentro do programa


VISITA GUIADA A CIDADE


VISITA Á BAHÍA DO SOMME


CHEZ LES CH’TIS


PARISVESTIDA DE NADAL


Invitación por parte do Reitorado de Amiens á inauguración, clausura e entrada gratuíta a todas as proxeccións . Este ano o país invitado foi España.

A imaxe de España no estranxeiro parece que non cambia co tempo….


OBRA DE TEATRO NUN CENTRO CULTURAL DA CIDADE O dramaturgo e director iraniano Nassim Soleimanpour é coñecido internacionalmente por unha obra sen director nin ensaios que debe interpretarse seguindo un modelo estrito: unha obra para un único intérprete - diferente en cada función - que nada debería saber sobre o texto. nin da peza ata o momento de entrar en escena e a quen se lle pide que vote o silencio unha vez finalizado o programa. A montaxe foi representada en máis de 1.000 ocasións, entre outras, por artistas como Ken Loach, Stephen Fry ou Whoopi Goldberg. Trátase dun experimento que o autor ideou para cruzar as fronteiras e comunicarse no estranxeiro cando se lle prohibiu saír do seu país - en 2011 negouse a completar dous anos de servizo militar e as autoridades iranianas retiráronse o seu pasaporte - e que rematou. Convértete nun símbolo de liberdade.


Visita ao centro É unha rede de creación e apoio educativo é unha institución administrativa pública e editora de recursos educativos públicos, baixo a autoridade do Ministerio francés de educación nacional. A súa misión é editar, producir e distribuír recursos educativos e administrativos destinados aos profesionais do ensino abarcando dende a educación infantil ata bacharelato. Contribúe ao desenvolvemento de tecnoloxías da información e a comunicación para a educación (TIC), así como a educación artística e cultural. Posúen numerosos recursos gratuítos en liña pero tamén teñen infinidade de recursos que se poden mercar en todas as materias. O enlace pode ser de utilidade sobre todo se sodes profes en seccións bilingües https://www.reseau-canope.fr/  interesante visitar a rúbrica “les fondamentaux”


Quedoume pendente coñecer con mais detalle as “clases preparatorias”, é algo que non temos en España. Son dous cursos que se fan nos institutos e que dan acceso ao terceiro curso de facultade. O nivel é altísimo e din que quen accede á universidade despois de realizar os dous anos de clase preparatoria ten máis preparación e posibilidades de éxito académico, nas oposicións e profesional. Son máis demandadas as que dan acceso a estudos de enxeñeiros, diplomáticos e dirección de empresas, pero no meu centro había unha de humanidades con especialidade de español. O nivel correspondería ao noso C1, cara ao C2. Nesas clases traballaban con textos literarios e facían tradución directa, tradución inversa e comentario de textos. Para as probas de produción oral traballaban con obras literarias. Asistín a dúas clases de español e unha de literatura francesa e podo asegurarvos que o nivel era propio de 3º ou 4º de carreira.


Unha última recomendación:

NON VAIADES…


‌.Se tedes problemas co azucre


Feliz de compartir esta experiencia convosco Moitas grazas pola vosa paciencia se fostes quen de ler ata o final


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
EXPERIENCIA PIALE AMIENS -FRANCIA by Maria Fernandez - Issuu