Skip to main content

Auto-cuestionario para a autorregulación do alumnado

Page 1

AUTORREGULACIÓN DA APRENDIZAXE A suspensión da actividade lectiva por mor do estado de alarma o pasado 13 de marzo ocasionou un cambio de metodoloxía forzoso e evidenciou a necesidade de achegar propostas estratéxicas para afrontar os desafíos do ensino a distancia. Ata agora o alumnado era alleo ao proceso de xestión da aprendizaxe. Porén, semella que este modelo non se pode trasladar con éxito á esfera doméstica, onde non existen horarios preestablecidos e o/a docente unicamente está presente de maneira telemática en momentos puntuais. Cómpre daquela axudar o alumnado a adquirir habilidades de autorregulación da aprendizaxe (distribución temporal das tarefas, planificación, organización, resolución autónoma de problemas, autoavaliación, etc.) que contribúan á adquisición da competencia “Aprender a aprender”.

AUTO-CUESTIONARIO PARA A AUTORREGULACIÓN Nome e apelidos: _______________________________________________________________________ Data: __ - __ - ____

Grupo: ________________

ESTRATEXIAS DE PLANIFICACIÓN Que estou aprendendo nesta unidade? Que coñecementos teño sobre este tema? Que actividades teño que realizar? De canto tempo dispoño para desenvolver cada unha das tarefas? Que pasos vou seguir para realizar cada tarefa? Cales son os recursos ao meu dispor e para que os vou empregar? Coñezo o funcionamento da plataforma/ferramenta empregada para comunicarme co profesorado e co resto de compañeiros/as? Teño claro cales son os prazos de entrega? Que días e cantas horas vou adicar ao traballo programado?


ESTRATEXIAS DE AUTOREFLEXIÓN Que dificultades estou a atopar? En que tarefas? Consulto as dúbidas que non podo resolver por min mesmo/a co profesorado para poder avanzar? Estou a seguir as indicacións do plan de traballo? O tempo programado para as actividades é suficiente? Que aspectos afectan negativamente á miña concentración? Son quen de redirixir a atención cando me disperso? Que tarefas preciso revisar e perfeccionar? Sei como facelo? Podo suxerirlle ao profesor/a ideas que mellorarían a miña aprendizaxe? Interactúo cos/coas compañeiros/as para a realización das tarefas?

ESTRATEXIAS DE AUTOAVALIACIÓN Acadei os obxectivos marcados para esta unidade? Puiden resolver por min mesmo/a as dúbidas xurdidas? Fun quen de avaliar as distintas tarefas? Que destrezas preciso mellorar? Recibín un feedback inmediato e continuado do/a docente? O clima de aula favoreceu a colaboración cos/coas compañeiros/as? Podería empregar as habilidades adquiridas noutras situacións reais? Que aspectos do sistema de traballo cambiaría para sentirme máis motivado?


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Auto-cuestionario para a autorregulación do alumnado by Maria Fernandez - Issuu