10 PELÍCULAS CLAVE DA HISTORIA DO CINE O Acoirazado Potemk
SERGEI EISENSTEIN Nado en Riga (Letonia) en 1898, está considerado como un dos máis grandes directores do cine soviético. Empezou traballando no teatro, pasándose ó cine cando só contaba con 25 anos. O éxito chegaríalle coa súa primeira película: “A folga” de 1924. Posteriormente, a partido comunista encargoulle varios filmes que retratasen os procesos revolucionarios, resultando dúas das súas grandes xoias: “O acoirazado Potemkin” (1925) e “Outubro” (1927) Xa na época do cine sonoro e tras exiliarse a América, volve a Rusia para rodar novas películas. Nos seus novos filmes vai centrarse nos grandes personaxes da Rusia do pasado, tal é o caso de “Alexander Nevsky” (1938) e as dúas partes de Iván, o terrible” (1945-48) Entre as súas aportacións teóricas, destaca a nova concepción que fixo da montaxe, considerado como un elemento fundamental para o movemento fílmico. FILMOGRAFÍA COMPLETA: - A folga (1924) - O Acoirazado Potemkin (1925) - Outubro (1927) - A liña xeral (1929) - ¡Qué Viva México! (1932) - O prado de Bazhim (1937) [inconclusa] - Alexander Nevsky (1938) - Iván, o terrible (1945) - Iván, o terrble II: a conxura dos Boiardos (1948)
Eisenstein na década
dos 20
Sergei M. Eisenstein Nina Agadzhanova Eduard Tisse Edmund Meissel Aleksandr Antonov Vladimir Barskij Grigori Aleksandrov Ivan Bobrov Mikhail Gomorov
in
Director Guión Fotografía Música Reparto
8
CURTAS IRMAU‘0
[Audiovisual no ensino]
URSS, 1925 (77 min.)
SINOPSE A acción transcorre durante a semana do 26 de xuño de 1905. Os mariñeiros dun acoirazado abrigados a subsistir en condicións infrahumanas deciden amotinarse contra os seus superiores. CURIOSIDADES DA PELÍCULA Prohibida en diferentes países, conta con algunha das escenas máis famosas da súa época. Este filme pretendía ser o primeiro dunha serie centrada na Revolución Rusa de 1905, nunca completada. Algunhas das súas secuencias influirían en directores máis actuais como Brian De Palma, Woody Allen ou Terry Gilliam.
Biblioteca IES “Ramón Mª Aller Ulloa
1ª sesión: Martes, 1 de abril