Page 1

qwertyuiopasdfghjklzxcvbnmq wertyuiopasdfghjklzxcvbnmqw ertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwer CAMIÑOS DE IDA E VOLTA tyuiopasdfghjklzxcvbnmqwerty Proxecto de cooperación internacional Galicia, Cuba e Arxentina. uiopasdfghjklzxcvbnmqwertyui opasdfghjklzxcvbnmqwertyuiop IES “LUÍS SEOANE” - PONTEVEDRA asdfghjklzxcvbnmqwertyuiopas dfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdf ghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfgh jklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjkl zxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzx cvbnmqwertyuiopasdfghjklzxcv bnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbn mqwertyuiopasdfghjklzxcvbnm qwertyuiopasdfghjklzxcvbnmq wertyuiopasdfghjklzxcvbnmqw ertyuiopasdfghjklzxcvbnmrtyui opasdfghjklzxcvbnmqwertyuiop


AGRADECEMENTOS Ás alumnas e ós alumnos do I.E.S. “Luís Seoane” e ás súas familias en Pontevedra e Arxentina, do IPVC “Che Guevara” de Santa Clara”, da S.B. “José Antonio Echeverría” de La Habana en Cuba e do IPEM 88 de Capilla del Monte en Arxentina. Os meus benqueridos colegas Daniel Bulgado Benavides, Lissette Hernández García, Eduardo Muñíz Hernández, Estela Maris Rincón, Patricia Carmen Jaime e Eduardo Néstor Vázquez. Á periodista Mª Elena Carrillo da radio CMHW de Santa Clara. E a todos os galegos e galegas da diáspora que teñen compartido con nós as súas historias familiares, as súas vivencias e as súas lembranzas.


CAMIÑOS DE IDA E VOLTA I.- INTRODUCCIÓN Unha das características máis notabels da Galiza do século XX foi, sen dúbida, a súa condición de pobo emigrante transoceánico. Compartiu esta característica con moitos outros pobos europeos que dende a segunda metade do século XIX e os primeiros decenios do XX, expulsaron importantes continxentes da súa poboación e contribuiron a crear as “novas Europas”.

A cantidade de emigrantes netos saídos de Galiza dende 1880 ata 1930 superou o medio millón de persoas, no contexto dunha poboación que enton rondaba os dous millóns. Mais a emigración neta agocha unhas cifras muito máis elevadas. Máis de medio millón de persoas, nacidas na Galiza, saíron dos portos galegos cara ás Américas. Que dous tercios das mesmas retornaran ( unha ou máis veces ) non é senon unha manifestación máis da cotidianiedade coa que se viviu a emigración na Galiza dos primeiros decenios do XX.


O feito migratorio ten moitas vertentes, dende a puramente individual ata a colectiva e masiva, que reflicte procesos de transformación tanto das sociedades que expulsan ós emigrantes como das que os acollen. Dentro da súa variedade ímonos fixar nas seguintes: 1.- Razóns que explican a saída dos emigrantes Unhas son de tipo indivudual ( ansia de mellora, o medo ás quintas ) e outras estructurais ( miseria do campo, a opresión dos caciques ou o exceso de poboación ) e, en moitas ocasións, como resposta á pobreza, maiormente rural, pola presistencia dos “foros”, o peso dos trabucos ou o minifundismo das labranzas.

Mais isto non é suficiente para explica-lo fenómeno migratorio galego, existen outros factores de expulsión da poboación cara ó exterior, ademais da pobreza. Así, a partires da crise agraria finesecular, o mundo rural galego desperézase e unha das expresións deste espertar é a emigración. Porque non emigra só o pobre, senón e por riba de todo , quen pode cunplir dúas condicións básicas: poder facer fronte ós gastos da viaxe e ter información do destiño. A condición do pequeno campesiño favorecía a obtención dos recursos ( moitas veces cun préstamo hipotecario sobre as terras ) para pagar a pasaxe en terceira que ofrecían as numerosas compañías de transporte. A información viña garantida a través dos fortes lazos familiais e parroquiais das comunidades campesiñas, ademais de “ganchos” e informantes das compañías de navegación. 2.- Os lugares de destiño Un aspecto ineludible de todo o fenómeno migratorio é coñecer os “factores de atracción” dos países de destiño e a capacidade de instalación


dos inmigrantes nas sociedades de acollida. Os emigrantes galegos tiveron, neste aspecto, un comportamento bastante uniforme ó longo do tempo. Dirixíronse de xeito invariabel ós países de América Latina, con preferencia polos de Río da Plata. Na Arxentina recalou a metade da emigración galega, un tercio na illa de Cuba ( tanto antes como despoisa da guerra colonial ) e o resto repartiuse en diferentes países, Brasil, Uruguai

ou os Estados Unidos. Ademais da atracción que estes países exerceron sobre os emigrantes galegos, hai que ter en conta que, dende o último tercio do século XIX, foron moito máis fáciles os medios de transporte para desplazarse cara á América, gracias a difusión da navegación a vapor. As grandes compañías navieiras do Reino Unido, Francia ou Alemaña, fixeron do Atlántico un corridor permanente o que fixo a fortuna dos portos da Coruña e Vigo, coas súas estacións marítimas, casas consignatarias e os representantes consulares.

3.- Os efectos da emigración nos lugares de orixe Se algo influiu na transformación da Galiza de principios do século XX foi a existencia do fluxo migratorio. Dende logo, a emigración supuxo a


perda de brazos para o campo galego, mais tamén outras aportacións non menos importantes, ó favorecer a mecanización dalgunhas tarefas agrícolas. Mais a súa verdadeira influencia está nos “retornos” perceptibles en moitos ámbetos:  O das remesas de diñeiro, destiñado ó pago das pasaxes, a mellora da casa familiar, o pago das rendas e trabucos, a redención dos “foros”,...  O equipamento educativo e cultural e a rexeneración da vida política local, foi extraordinaria a ilusión con que centos de pequenas sociedades de emigrantes construíron locais-escolas, mercaron libros e pagaron mestres. Téñense contado máis de trescentas “escolas de americanos” na Galiza da época, a maioría delas situadas nas comarcas norteñas ( Terrachá, Ribadeo, Viveiro, Ortigueira ). E algo semellante aconteceu con outras iniciativas culturais, como o lanzamento de xornais locais. A modernización cultural da Galiza, a diferencia de grande parte de España, non procedeu de Europa senón de América. A sociedade galega do primeiro tercio do século enriquecesuse coa figura do “emigrante retornado” que non só construiu casas con xardín e palmeira, senón que aportou unha certa cultura política e urbana. Con todo isto construiuse unha parte esencial da modernidade da Galiza no primeiro tercio do século XIX.


II.- ASPECTOS DA EMIGRACIÓN GALEGA

1.- O transporte dos emigrantes A xeneralización do vapor, nos anos sesenta do século XIX, marca un antes e un despois na navegación transatlántica. A emigración galega comezou en buques de vela, que tiñan unha escasa capacidade para o transporte de viaxeiros e supiñan unha alta irregulariedade na duración da viaxe. A introducción do vapor permitiu reducir a duración da viaxe: o traxecto á Habana pasou de mes e medio en 1850 a menos de tres semanas en 1870; o mesmo aconteceu coa emigración dirixida ó Río da Plata, de dous meses pasou a vintecinco días. Nun primeiro momento, o vapor non supuxo un abaratamento da pasaxe. Mais, a comezos do século XX, coa emigración masiva si se produciu.

Os cambios que introduciu o vapor foron de maior calado. Se coa navegación a vela eran os armadores galegos os que controlaban o tranporte dos emigrantes, a chegada do vapor supuxo a hexemonía das compañías europeas, xa que controlaban as redes de captación dos emigrantes. Así, destacamos a homes como Augusto J. De Vila (consignatario da Mala Real Inglesa), Bruno Herce (das Mensaxerías Marítimas) ou Eusebio da Guarda (da Compañía Transatlántica de Barcelona).


2.- O movemento asociativo galego e os Centros Galegos Unha das características máis destacadas da emigración galega é a importancia do seu movimento societario, a agrupación dos emigrantes en sociedades de variada intencionalidade e ámbito xeográfico. Sabemos que as primeiras organizacións de galegos en América fundáronse a mediados do século XVIII. Estas denominábanse “naturais do Reino de Galiza” sendo as primeiras: a de México en 1740, Bós Aires en 1790, Veracruz en 1795 e A Habana en 1804. Á cabeza destas sociedades estaban, sen dúbida, os Centros Galegos.,

Centro Galego da Habana

Nacido en 1897 da idea lanzada polo xornalista galego Waldo Álvarez Insua, que dirixía na capital cubana o xornal “ El Eco de Galicia”. O 8 de decembro de 1907 púxose a primeira pedra ( traída de Galiza ) do edificio do Centro Galego da Habana,dirixindo as obras o enxeñeiro Rayueri.


A laboura desenvolvida foi considerabel dende os seus inicios, dous anos despois da súa creación creábase o centro de ensino “Concepción Arenal” que formou a varias xeracións de galegos na emigración.

No ano 1888 establécese a casa de saúde “ La Benéfica”, que ofrecía asistencia sanitaria a todos os asociados e que pronto se convertiría nunha das máis importantes institucións da colectividade galega emigrada en Cuba. Ademais existiu unha institución hospitalaria adicada á atención das mulleres emigrantes que recibiu o nome de “Hijas de Galicia”.

Promoveu importantes iniciativas culturais como o apoio á creación da Real Academia Galega en 1906. No ano anterior constituírase na Habana unha “Asociación Iniciadora e Protectora” encargada de promove-la Academia. A súa axuda sería indispensabel tamén para a publicación dos volúmenes da Historia de Galicia de Manuel Murguía.


Os destacados servizos que ofrecía o Centro Galego motivaron un rápido crecemento do número de socios, que en 1906 xa eran máis de 10.000 e a comezos da década dos trinta rondaba os 46.000. O mellor símbolo da súa prosperidade é o seu pazo social, inaugurado en 1914 e situado nun lugar privilexiado do centro da Habana.

A fachada deste edificio constitúe un das lembrazas máis vivas da emigración galega a América e da súa importancia na historia contemporánea da Galiza.  O Centro Galego de Bós Aires O primeiro centro galego abriu as súas portas o 4 de maio de 1897 e desapareceu tres anos despois. O actual fundado o 2 de maio de 1907 por un grupo de xóvenes enfervorizados polo artigo do xornalista español José R. Lence, publicado no Diario Español. Concretábase deste xeito un vello anceio dos residentes desta comunidade en Arxentina ( chegaron a ser máis de 700.000 entre 1861 e 1930 ).


Significou un núcleo de unión e asociación. A presencia de persoeiros galegos ( Alfonso R. Castelao, Blanco Amor, Suárez Picallo, Alonso Ríos, Luís Seoane, Basilio Álvarez, Elpidio Villaverde, Rafael Dieste, Emilio Pita, Isaac Díaz Pardo, Laxeiro ) xerarquizó o centro e ós seus asociados e xogaron un papel moi importante como preservadores e xeradores da cultura galega nas “décadas na que a Galiza peninsular estivo silenciada”. Ós poucos meses o centro múdase a San Telmo e alí comeza a dictarse clases nocturnas de alfabetización e decídese publicar unha revista mensual “ Región Galaica”. A Comisión Organizadora, ata o 21 de xullo no que se redactaron os estatutos, estivo presidida por Varela Gómez. A principios de 1909, a sede do Centro trasladouse a rúa Perú 689, onde, gracias á donación de don Fernando Lorenzo Rico creouse a Biblioteca Social. Eiquí se iniciou a asistencia médica e a finais deste período o número de socios era de 400. No ano 1910 intentouse formar unha “Federación de Sociedades Galegas”, uníndose o “Centro Galego”, o “Círculo Galego”, o “Orfeón Galego”, a “Unión Hispano Americana do Val Miñor” e a “Unión Redencionista do Partido de Cangas”, mais o movimento non fraguou.


O 7 de outubro de 1912 apróbase o estatuto que transforma á institución nunha sociedade benéfico-mutualista. O crecemento continuado da comunidade galega obrigou a sucesivos cambios de sede. En 1917 o número de socios ascendía a 4209 persoas e as remesas de diñeiro enviadas a Galiza permitiron a creación de Escolas en españa e a realización de monumentos ós heroes da Reconquista, a Rosalía, a Emilia Pardo Bazán, a José Castro e Chané e a Concepción Arenal.

Nese mesmo ano, por suscripción popular, adquiriuse o edificio de Belgrano 2189. Máis tarde, en 1931, colocouse a primeira pedra do novo edificio social, nas rúas Belgrano e Paseo, onde funciona actualmente o Sanatorio do Centro Galego. No ano 1934, os socios xa ascendían a 48.000 e en 1935 a 50.000. En 1939 e por causa da Guerra Civil, xa eran 70.000, entre eles 28.000 arxentinos. Outro intento unionista e de maior magnitude se produce ó final da guerra civil e del xurden os centros provinciais ( coruñés, lucense, pontevedrés e ourensano) baseados todos eles na maioría das asociacións comarcais e parroquiais de cada unha das catro provincias. En 1950 convertiuse na primeira entidade mutualista de América con 85.000 socios. Actualmente sobrevive coas aportacións dos vellos residentes e as axudas da Xunta de Galicia.


En 1957 constitúese en Bós Aires “AGUEA” (Asociación Galega de Universitarios, Escritores e Artistas) que se integrou cos intelectuais e profesionais galegos residentes na capital arxentina: Antonio Baltar, Eduardo Blanco Amor, Alfonso Díaz Trigo, Rafael Dieste, Laxeiro, Xosé Núñez Búa, Luis Seoane, Ramón de Valenzuela, Lorenzo Varela, Alberto Vilanova e outros. En 1959 outro grupo comeza o seu traballo, trátase da “Asociación Arxentina de Fillos de Galegos”, integrada porºestudantes universitarios de orixe galega. Reuníanse os sábados na sede de “Follas Novas”. Esta asociación disolveuse en 1968, foi a primeira en organizar un seminario sobre o “Sempre en Galiza” de Castelao e continuou coas clases de lingua e literatura galegas, primeiramente impartidas por Eduardo Blanco Amor e despois por Ricardo Palmás.  A Casa de Galicia de Córdoba Atópase situada na Avenida 24 de setembro, 246. É un centro cultural fundado no ano 1995. Conta con 160 familias asociadas e ten un grupo de danzas “Airiños da Terra”. Na actualidade sobrevive xunto compartindo a súa sede coas sociedades do resto do Estado.

III.- A EMIGRACIÓN GALEGA VISTA DENDE O OUTRO LADO DO ATLÁNTICO  Etapas da emigración galega cara á América


Aínda que de escasa manifestación cuantitativa, entre 1492 e 1700, Galicia aparece ligada a América a través das empresas que desenvolve a Coroa castelán, destacándose nas actividades marítimas, especialmente na rexión patagónica. Expedicións da Casa de Contratación Coruñesa (15251526), viaxes de Pedro Sarmiento de Gamboa ou dos irmáns Nodales. Dende 1509 ata 1534 emigraron da Galiza 139 persoas. Nun segundo momento, entre 1710 e 1810, as guerras da independencia paralizaron practicamente a entrada de inmigrantes galegos, mais coincide cun dos poucos momentos de emigración dirixida “A Expedición das familias”, que se ben fracasa no seu intento de poboar a rexión patagónica, supón un aporte importante ó poboamento da fronteira bonaerense co indio, á fundación de novos poboados e o reforzamento dos existentes na costa do litoral uruguaio. Cara a finais desta etapa o nome “GALEGO”, polo menos no Río da Plata, refírese a todo o español. Nun terceiro momento entre 1811 e 1860, prodúcense ingresos clandestinos de inmigrantes galegos cara ó Río da Plata nunha cuantía imposibel de estimar. Nas fases finais a emigración comeza a adquirir un pulo crecente, eliminándose as causas que a paraban, xunto coa modificación parcial das trabas impostas polas autoridades españolas (Real Orde de 1853). Do 1861 ó 1914 representan os anos do maior éxodo migratorio español en xeral e galego en particular. Comezan a actuar en Galiza axentes de emigración oficiais dos países americanos e “ganchos”, na linguaxe popular da época, que someten ó futuro emigrante a toda clase de enganos. Para Arxentina a emigración galega chegou a significar porcentaxes que oscilaron entre o 40 % e o 70 % do total dos españois. Do 1915 ó 1930 comeza un paulatino descenso, se ben o total de galegos ingresados en América supera o “medio millón” de persoas, correspondendo os maiores aportes ás provincias da Coruña e Pontevedra. Entre os anos 1931 e 1945 caen en picado os volúmenes migratorios, xa que as guerras española e europea paralizan caseque por completo a emigración tradicional que vai ser reemplazada polos exilados políticos. En xeral trátase dunha emigración de élite – profesionais, intelectuais, artistas, dirixentes políticos – que se dirixen especialmente a Arxentina. De 1946 e 1965 recupérase a tendencia migratoria producíndose unha saída bruta cara á ultramar de 1.117.136 persoas. A partir do 1960 os destiños europeos comezan a superar ós ultramariños que practicamente desaparecen. Na actualidade a conxuntura económica dos países latinoamericanos teñen invertido a tendencia e son os descendentes de galegos os que están a iniciar o camiño do retorno.


 ARXENTINA: Terra de acollida Dende comezos do século XIX, produciuse unha constante aínda que limitada inmigración española, procedente do País Vasco, Galicia e as Illas Canarias, mais será a finais do século cando Arxentina será testemuña dun desembarco masivo, especialmente de galegos, vascos, asturianos e cataláns. Diversas causas contribuiron ó aumento da inmigración: a navegación a vapor, as políticas das repúblicas americanas que favorecen a entrada de emigrantes, a irrupción das fortes compañías navieras inglesa, alemanas e francesas no negocio e a comunicación epistolar dos xa emigrados. Ó longo da historia houbo numerosas causas (persecucións relixiosas ou políticas, fuxida dos reclutamentos militares, pestes, ...) que deron lugar ás migracións humanas, mais detrás de todas elas está o factor económico “os galegos emigraron forzados pola situación económica e porque non se conformaban con seguir sempre igual, querían mellorar e sobráballes vontade para facelo” (escribe Andrés Solla). Unha grande parte dos galegos establecidos na Arxentina, penso facelo só por un tempo, chegaban empurrados por dúas forzas: unha, a que os levaba fora na procura dunha millor situación económica e outra que os facía voltar, xa que deixaban atrás pais, muller e fillas. Aurora Alonso de Rocha destaca que “A voz do pobo chamou galegos a todos os españois e gringos ós outros estranxeiros. Deste xeito deixaba dúas mensaxes para o futuro: primeiro, os españois non eran estranxeiros comúns; eran, sí, os “outros”, mais os da lingoa común e a tradición da que xa formaba parte do crioulo, e o segundo, que os galegos tiñan sido, entre os españois, os máis numerosos e conspicuos”. Para os galegos había dous destiños: Arxentina e Cuba, moitas viñan co “manual” que lles ía axudar a manexarse en América, “os gobernos preparaban manuais escritos por “doctores en viaxes” e non necesariamente baseados na experiencia”. Eran redactados para orientar ós futuros colonos e contiñan precisas instruccións sobor a viaxe, a chegada e a vida posterior


nun país estraño. Como sacar un boleto, como conseguir un emprego, como coidarse dos estafadores. Aconsellaban non quedarse en Bós Aires, xa que máis lonxe dos centros urbáns, terían maiores posibilidades de facer fortuna. Unha vez finalizada a travesía, moitas veces en condicións moi penosas e xa coa súa documentación “arxentina”, atópanse cos seus familiares, amigos ou empregadores. Os que non teñen coñecidos na nova terra sofren as penurias do desembarco en Bós Aires, “Hotel de Inmigrantes” e a espera dun destiño. Días despois dende alí, uns trasladaránse ó “conventillo”, outros a unha vivenda máis digna e uns poucos viaxarán cara ás colonias. Quenes chegaban ó porto podían aloxarse no Hotel, só se observaban o regulamento da institución. O mesmo establecía, por exemplo, que “despois das comidas, á hora indicada polo regulamento, deberánse limpar os utéis que se tiñan entregado con anterioridade, sen o que non se podería ausentarse do Hotel. Por quendas terán que limpar as instalecións e

ocuparse do transporte dos víveres. A parte destiñada ós homes está separada das mulleres; ó igual que no barco, está prohibida a promiscuidade. Con todo, respectarase o sagrado dereito de axudar a súa dona e os seus nenos. Unha vez escoitado o timbre de silencio nocturno, está prohibido calquera tipo de alboroto. Quen se sinta mal ten que avisar á dirección do establecemento. Está permitido saír a determiñadas horas, mais quen non teña regresado no horario fixado deberá pasar a noite fora do Hotel” cóntanos Diego Armus. No Hotel de Inmigrantes, os recén chegados agrupábanse segundo a súa procedencia e os emigrantes galegos amosaron dende sempre unha forte


vontade de unión e esta unión dos primeiros tempos xurdirían asociacións importantes. Os galegos radicáronse, en xeral, na cidade, algúns viviron nos “conventillos”, os de máis sona foron “As Catorce Provincias”, “O Universo” ou o cenventillo “A Pomba”. Neles compartíanse os balos, os lavadoiros, as letrinas, as cociñas,... Nas pezas vivían familias enteiras, ás veces, con seis ou sete fillos, o que provocaba hacinamento e promiscuidade (...). “Para dormir, os máis pobres tiñan dúas opcións: o sistema de “cama quente”, no que se alugaba un kleito por quendas rotativas para descansar un par de horas, ou a “maroma”, sogas colgadas da parede á altura dos ombreiros. Quenes optaban por iste método pasaban as sogas por debaixo das axilas, deixaban caer o peso do corpo e durmían de pé”. Isto danos unha idea do enorme sacrificio que tiveron que facer moitos dos que viñan na procura dun mundo millor. Os galegos adicáronse preferentemente ó sector servicios, comercio e profesións liberais, recibindo o sector agrario unha porcentaxe moi baixa. “Cara á época do centenario, destacan Álvarez e Pinotti, cando a olnda española supera á italiana, os “galegos” (especialmente os auténticos fillos de Galiza) asomarán tralos mostradores dos almacéns, hoteis, restaurantes, bares e confiterías”.

 CUBA: En busca do Paraíso Na década dos 70 do século XIX, Cuba era o destiño de milleiros de emigrantes galegos que deixaban as súas aldeas para probar sorte na Illa Caribeña. A maior parte destes emigrantes proviñan das zonas norte das provincias da Coruña e Lugo. A illa era, neses momentos, xuntos coas Filipinas, as derradeiras colonias dun imperio que estaba na máis absoluta decadencia. Cos tradicionais emigrantes tamén chegaban funcionarios do goberno, militares, sacerdotes e empresarios. A necesidade de agruparse creou as condicións para que se fundara a primeira entidade galega na emigración. Na mañá do 31 de decembro de 1871 xuntáronse no Teatro


Albisu varias ducias de galegos que fundaron a Sociedade de Beneficencia “Naturais de Galicia”.

Un dos capítulos quizais menos coñecido desta emigración de finais do século XIX e comezos do XX, ten que ver coa chegada á illa caribeña de máis de 60.000 mulleres, moitas das cales terminaron marxinadas, engrosando o exército de prostitutas ou empregadas domésticas. Eran para a época a “cara fea” da emigración e o Centro Galego, dende a súa posición de poder na Habana ocultouno xa que pensaba que deshonraba á comunidade de inmigrantes españois. Xurdíu así, no ano 1917, a asociación “Fillas de Galicia” coma unha irmandade ó redor da prostitución “ a idea era dar asistencia a moitas daquelas mulleres que non eran recibidas nos hospitais e morrían víctimas da sífilis en casa de recollidas” cóntanos González Pagés.


 A vida nas Américas Os sufrimentos dos galegos que decidiron emigrar na procura dun traballo e sufrindo da fame, o servicio militar obrigatorio, etc., comezaba xa na propia Galiza, xa que tiñan que empeñarse, en moitos casos, para pagar a pasaxe do barco. Aquí eran enganados, xa no prezo do billete, nos prazos, nos contratos que se lles facían. Seguían despois os días da viaxe, amoreados nos camarotes de terceira clase, e algunhas veces nas adegas do barco cando a emigración era clandestiña.

Isto semella ser literatura dramática, Roberto Mesa, no seu ensaio da implantación en Cuba dos colonos galegos, organizada por un acordo do goberno español no ano 1854, cóntanos que no contrato asinado polo emigrante decíase entre outras cousas: “Confórmome co salario estipulado, ainda que sei e cónstame que é moito meirande o que gañan os xornaleiros libres e os escravos da illa de Cuba”. Mesa comente “Xa temos pois, na Antilla Maior, á par do escravo negro, o escravo galego, que sería falsedade chamalo doutro xeito e crueldade falar de emigrado”. A pesares disto, houbo galegos que lograron facer fortuna naquelas terras, despois de loitar e nalgunhas ocasións enganar eles mesmos.


BIBLIOGRAFÍA VILLARES, Ramón .- “Historia de Galicia”, Edit. Galaxia, Vigo 2004 PARDELLAS X., Xulio.- “A Emigración”, Edic. Escola Aberta, Vigo 1978 ÁLVAREZ, Marcelo y Pinotti, Luisa.- “A la mesa. Ritos y retos de la alimentación argentina”, Edit. Grijalbo, Buenos Aires 2000 SOLLA, Andrés “A emigración galega a América”, en Internet, Trad. MGR ALONSO DE ROCHA, Aurora.- “Los gallegos en Olavarría”, en El Tiempo, Azul, 30 de octubre de 1994 RIESTRA, Jorge.- “Las voces de la ciudad.htm BARNET, Miguel.- “Gallego”, Alfaguara, 1986 FESQUET, Silvia.- “La tierra de uno”, en Clarín Viva, Buenos Aires 8 de julio de 1999 PELLITERO, Lino “Emigración/Inmigración”, en Faro de Vigo, Vigo 5 de marzo de 2006 ARMUS, Diego.- “Manual del emigrante italiano: Colección Historia Testimonial argentina. Documentos vivos de nuestro pasado, CEAL, Buenos Aires 1983 S/F .- “Para todos los hombres del mundo que quieran habitar suelo argentino”, Clarín, Buenos Aires S/F.- “Todo comenzó en los conventillos”, en La Nación, Buenos Aires, 14 de mayo de 2000 GONZÁLEZ ROUCO, María.- “Inmigración en Argentina: gallegos” en www.monografias.com/trabajos14/gallegos/gallegos.shtml ACOSTA, Alba.- “Historia oculta de las hijas de Galicia en Cuba”,en www.enkidumagazine.com/art/2004 GONZÁLEZ PAGÉS.- “Emigración de mujeres gallegas a Cuba: Las Hijas de Galicia”, Vigo 2006 “Sociedade Benéfica Naturais de Galicia” en www.fillos.org “Revista Latina de Comunicación Social” en www.ull.es/publicaciones/latina SEGRE, Roberto.- “El sistema monumental en la ciudad de La Habana: 1900-1930” en www.habanaelegante.com/Fall2004/Ronda.html

Camiños de ida e volta  

Una unidad para conocer la memoria de la emigración gallega

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you