I.E.S. Pedra da Aguia
BIBLIOTECA
CERTAME DE MICRO-RELATOS e ILUSTRACIÓN Que medo me dás !! A biblioteca do IES Pedra da Aguia convoca un certame de micro-relatos e ilustración, sobre o tema do medo, con estas
bases:
Tema: medo/terror
Máximo 100 palabras, sen contar o título.
En calquera das linguas do currículo: galego, castelán, inglés ou francés.
Deberanse incluír obrigatoriamente, ao longo do relato, estas palabras:
Cadaleito
Brétema
Aloumiño
Valorarase especialmente a forma de contalo (vocabulario, adxectivación, etc) e a imaxinación e a coherencia do relato.
Os relatos poden vir acompañados dunha ou varias ilustracións que pode facer o mesmo autor/a ou outra persoa/s.
Os mellores relatos e ilustracións publicaranse no blog da biblioteca. A data límite de presentación será o próximo
4 de novembro.
Presentaranse preferiblemente por correo electrónico a bibloteca.ies.pedradaaguia@gmail.com ou en soporte informático (lapis de memoria...oriaY)
Os que se presenten en papel entregaranse na biblioteca.
Haberá un premio por ciclo para o mellor relato e outro para a mellor ilustración.