25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER Na actualidade 1.300 millóns de persoas no mundo son pobres (7 de cada 10 son mulleres). Mais de 840 millóns de persoas adultas son analfabetas (as dúas terceiras partes son mulleres). As mulleres e as nenas son vítimas de todo tipo de violencia no mundo, non só en tempos de guerra, senon a diario en todos os continentes, vítimas de violacións, amputacións xenitais, obrigadas a ocultar o seu corpo ou a espilo e vendelo, condenadas a morrer de fame ou enfermedades, elas e as suas crianzas. Debido á gravidade da situación, a ONU escolle en 1999 o 25 de novembro como Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller conmemorando así o asasinato das irmáns Mirabal, asasinadas polo réxime de Trujillo en 1960 na República Dominicana. Estas 3 irmás opuxéronse á ditadura de Trujillo na República Dominicana. Foron encarceradas e torturadas en varias ocasións. A pesar disto seguiron loitando contra a ditadura. Logo de varios encarceramentos Trujillo dou a orde de acabar coas súas vidas. O día 25 de novembro de 1960 foron asasinadas. A súa morte foi presentada pola ditadura coma un accidente, pero non foi así. Cando as irmás regresaban á súa casa despois de visitar aos seus maridos no cárcere, foron detidas, introducidas nun coche e levadas a un lugar previamente escollido. Alí foron brutalmente asasinadas a garrotazos e os seus cadáveres lanzados por un precipicio. Se mulleres páxina:
queres saber máis sobre dominicanas podes facelo
estas nesta
http://www.jmarcano.com/mipais/biografia/mirabal4.html