Page 1


I.E.S. Pedra da Aguia

BIBLIOTECA Biblioteca e Familias Desde a biblioteca do IES Pedra da Aguia queremos achegarnos ás familias do alumnado, e a outros adultos interesados, a través dunha serie de actividades que veñen funcionando desde o curso pasado. Sen esquecer que abrimos para todo o público (nais, pais, ex_alumnos…) os xoves pola tarde. Este ano queremos ofrecer, ademais, algunha novidade. Cos vosos fillos e fillas falaremos tamén en breve para presentarlles estas iniciativas:

1.- Club de Lectura Arao Adultos Unha excelente ocasión de compartir a afección á lectura, comentando cos outros os libros que acordamos ler, intercambiando opinións e puntos de vista. Reunímonos, previo acordo, na biblioteca algún xoves pola tarde.

2.- Lendo a pares Pode ser unha boa escusa para retomar a lectura -que moitas veces deixamos de lado pola falta de tempoe seguro que é unha boa ocasión de establecer un diálogo cos fillos/as. Os libros dan pé para falar de moitas cousas, para comentar as diferentes visións sobre a mesma situación, ou coincidir nos puntos de vista… e para aprender xuntos cousas novas.

3.- Cine para Falar Complementando os programas anteriores ofertamos a posibilidade de ver xuntos, adultos e rapaces/as, unha película (escollida pola súa temática) para logo comentar entre todos o que acabamos de ver.

4.- A mochila Viaxeira Ao longo do curso irán chegando ás casas unhas mochilas cargadas con diverso material procedente da Biblioteca, como mostra do que podedes atopar, e utilizar, na biblioteca do centro. Disporedes do material dous fins de semana completos, sempre coa posibilidade de prolongar o préstamo do que vos interese. Podedes consultar as dúbidas que teñades, a través dos vosos fillos, enviando unha nota, achegándovos por aquí... Nós intentaremos resolvelas o mellor que saibamos. Para os que teñades conexión a internet o máis fácil é a través do correo electrónico: biblioteca.ies.pedradaaguia@gmail.com Apuntádevos nas que vos interesen indicando o voso nome e o do fillo/a: ………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………… Nome: _____________________________________________________________________________ Pai/nai …(outro) do alumno/a __________________________________________ Curso: ____________ Club de Lectura Arao-Adultos

Cine para Falar

Lendo a Pares-Arao Alumnos: lerei co meu fillo/a os libros propostos polo club de lectura (A Biblioteca oferta unha guía orientativa do libro con posibles temas a tratar)

Lendo a Pares co(s) libro(s) propostos en clase (o meu fillo/a non forma parte do Club de Lectura) (Esta modalidade contará con guía orientativa se hai un mínimo de 5 nais/país por libro)

Animádevos!! Un saúdo do equipo de biblioteca!!

Present Biblio e familias 09-10  

Carpeta de presentación Biblioteca e Familias e folla inscrición

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you