Issuu on Google+

VIII

FARO DE VIGO

MÚSICA

XOVES, 12 DE XULLO DE 2012

A finais do pasado mes de maio Os Cempés presentaron en sociedade Tentemozo, (BOA, 2012), o traballo co que celebran os seus 20 anos sobre o escenario. A banda de Ferrolterra escolleu a Casa das Crechas de Compostela para dar a coñecer o seu novo traballo en petit comité.Tan só amizades e os “mecenas” do novo disco dos Cempés tiveron o privilexio de asistir á súa volta aos escenarios. Porque este quinto traballo do grupo foi financiado mediante unha iniciativa de crowfounding, un mecenado colectivo grazas ao que Os Cempés reuniron o diñeiro para poder gravar o disco coas achegas de máis de 700 seareiros e seareiras. E s t e novo xeito de financiam e n t o, – q u e están a desenvolver tamén c o n éxito outras iniciativas como o tributo a M a g í n Blanco ou o compilatorio Galician Bizarre–, permitiu xuntar o diñeiro para o agardado retorno da banda, que anunciara un parón pouco despois de Moe e moa, (Discmedi, 2003). Agora retornan con folgos renovados e algunha incorporación na formación, na que seguen Antón Varela á gaita, Serxio Ces, no bombo e voz e Óscar Fernández á zanfona e entran Ramón Dopico nas percusións, Pablo da Lama, no saxo e clarinete e mais Fernando Barroso ao bouzuki. Mais o financiamento por crowfounding non é a única novidade neste Tentemozo, no que destaca a colaboración das mozas e mozos da Escola Livre da MPG, para alén doutros moitos convidados, o que se traduce na presenza de até 50 músicos nalgún dos temas. Así, a base tradicional que sempre está na cerna dos traballos dos de Ferrolterra é arroupa-

da por unha instrumentación abondosa e uns arranxos, loxicamente máis traballados, que sen perder a esencia do son da banda achega moitos e variados matices. Entre os 12 cortes que contén Tentemozo atopamos moitas pezas pertencentes ao repertorio tradicional galego, como os pasodobres da Illa e de Lugo–Ferrol, a

Mazurca de Paco de Escornabois, –tirada do repertorio deste prestixioso gaiteiro limiao falecido hai un par de anos–, ou as Polcas de Luis e Secundino, a primeira tirada do disco O cego andante, do eonaviego Pablo Quintana e a

segunda do repertorio de Secundino, gaiteiro da Fonsagrada. Ao carón delas, algunha peza da autoría do zanfonista da banda, Óscar Fernández, responsable tamén dos arranxos da maioría dos temas. Para alén disto, sorprende

No retorno dos

a canción que abre o traballo,“Mirandesa”, sacada do repertorio da gaita de fole de Miranda de Douro e que fai que o comezo deste novo disco soe non só aos Cempés, senón tamén a formacións como Galandum Galandaina. A outra sorpresa gárdana para o remate do traballo, onde “1904” recolle coplas de cego gravadas polos Aires d’a Te r r a de

Cempés Quendas e sorpresas de Tentemozo DANIEL LAVESEDO

Outra formación con disco novo debaixo do brazo son os Carapaus. Porén, ao contrario que Os Cempés, este traballo, homónimo, é a estrea discográfica dun proxecto novo formado, iso si, por músicos experimentados. Para quen non o saiba, cómpre lembrar que Carapaus é o nome que reciben os xurelos no sur do país e en Portugal.Así que estes catro“xurelos”, –Oli Xirál-

A estrea dos Carapaus dez Emilio Lois,Gustavo Couto,Sabela Galbán e Adrián Lareo–,músicos formados durante anos na música tradicional,xuntáronse para dar forma a este proxecto de recente creación, que afonda na parte máis festeira da música de noso.O grupo fai

soar no seu traballo, e nos concertos, múltiples instrumentos: gaitas, acordeón, frautas, zanfona, percusións tradicionais,..., combinados de diferente xeito ao longo das pezas que compoñen o disco,mais tamén lle outorgan unha grande importancia á parte vocal.Xa levan to-

Perfecto Feijoo nese ano, no que foi a primeira gravación da música galega da historia e tamén a primeira vez no mundo que se gravaba unha zanfona. Entre estes dous temas discorren 10 pezas que atesouran a esencia dos Cempés, que seguen a moer na súa moa a tradición galega para presentala co seu selo inconfundíbel. E iso que a presenza de moitos músicos a tocar á canda Os Cempés no disco nos trae por momentos a lembranza da música das orquestras que nos anos 20 e 30 do pasado século abundaban no país. Mais os pasodobres con arrecendo orquestral que seguen a “Mirandesa” non conseguen que esa sonoridade agache a m a n e i ra de interpretar a música tradicional dos de Fe r ro lterra e, como se quixesen borrar calquera dúbida ao respecto, o disco semella dar un xiro a partir do quinto tema, o moi cempeseiro “Encima de mel, filloas”, que abre unha segunda quenda de temas onde o estilo da formación se fai máis evidente. Porén, cómpre non esquecermosr que Os Cempés son unha banda de directo e é nos torreiros das festas onde han volver demostralo. Por exemplo, o sábado 21 de xullo nas Revenidas de Vilaxoán ou o venres 27 no Antrospinos de Taragoña.

cado bastante nesta primavera de 2012, achegando a súa troula a varios puntos da nosa xeografía, e vano seguir facendo no verán.A vindeira cita, mañá venres, no Memorial Ricardo Portela en Pontevedra.Quen vaia que saiba que lle van impedir que permaneza sen bailar mentres dure o seu espectáculo, pois os Carapaus nacen para nos facer gozar coa música tradicional.


Tentemozo: o retorno dos Cempés