Issuu on Google+

Alba S谩nchez Varela

VERMELLO 17 relatos er贸ticos


© Texto: Alba Sánchez Varela © Lastura, 2011. Blog Eonaviego.

Creative Commons Alcálima by Xavier Frias Conde is licensed under a Creative Commons ReconhecementoNão comercial-Sem obras derivadas. 3.0 Espanha License. All rights reserved worldwide. 2


VERMELLO 17 RELATOS ERÓTICOS


4


Prólogo

Sen moita idea do que facía nin de por que perdía o tempo con algo tan trivial, escribín estes 17 relatos valéndome de experiencias ou simplemente do meu maxín, que é máis poderoso do que eu pensaba. Xurdiron ao longo de tres anos da miña vida que foron emocionalmente bastante conflitivos, tres anos nos que me enfrontei a un monte de sentimentos encontrados e sucesos non sempre desexados. Son demasiado nova para entender o que é a literatura, non coñezo técnicas nin teño un estilo predeterminado. Soamente sigo o meu propio instinto estético á hora de escribir (algo moi do estilo de Harold Bloom). Todo o que escribo é produto da necesidade. Plasmo o que me pasa pola cabeza nun texto porque se non o fago... se non o fago morro. Non sei a quen lle pode interesar o que unha rapaza de 20 anos poida dicir sobre o erotismo. Sinceramente, tampouco me interesa. Nin sei por que publico os textos nin sei se van gustar nin sei se ten importancia algunha. Simplemente fíxeno. 5


Agardo con ilusión que isto me serva para profundar máis na miña creatividade e poida algún día escribir algo que realmente mereza a pena. Vermello, polo de agora e como primeiro intento... non está mal.

Alba Sánchez Varela

6


Vermello

A dona do vestido vermello pensaba que a vida ía arrincarllo antes de que puidese miralo aos ollos e facerlle o amor despois, xa sen vestido nin vergoña. Cando lía as súas verbas acendidas sentíase posuída e entregábase a el cunha arela tal que a tinta do papel de cada unha das súas cartas evaporábase presa do seu desexo, da calor do seu corpo. Con cada verbo –acariñar, bicar, lamber, tocar, chuchar, apertar, foder-, un novo estremecemento; con cada substantivo – peito, cabelo, caluga, ventre, brazo, verga, ollos– un xemido máis. Dende a base, onde repousaba a sortella dourada, ata a punta máis vermella da unlla, vermella como o seu vestido e o seu desexo, as falanxes humedecidas penetraban unha e outra vez no seu sexo –máis e máis espasmos–, na súa boca –succionando como se succiona un membro irto-, nos recunchos máis escuros do seu corpo –un grito máis, un só. Soa na inmensidade do seu cuarto, Helena, a muller do vestido vermello, soñaba coas longas tardes de lascivia e coas noites de risos e 7


bicos. Soñaba coas súas mans porque non podía telo a el, non nesta vida vermella.

8


First Time

Estou soa. Síntome. Respiro. Refúcesme o vestido, báixasme as bragas, tócasme, acaríñasme, penétrasme, ris, suspiras, gritas, córreste. E entre toda esa voráxine de sensacións non me decato de que son eu mesma a que se refuce o vestido, a que se baixa as bragas, a que se toca, acariña, penetra, ri e suspira, a que grita, a que se corre. Porque respiro. Porque me sinto. Porque estou soa.

9


Fantasía

Nota (gratamente, debe admitir) que estes días está máis erótica ca nunca. Resulta frustrante porque non acostuma a se tocar ata que o corpo llo pide, e ultimamente o seu corpo é moi esixente en varios sentidos. Paseniño, que é como as cousas mellor saen, vai descubrindo fantasías, unhas máis reais que outras, unhas máis accesibles que outras. E hai veces que leva sorpresas bastante grandes. Cumprir fantasías é algo que todos queren e cando ela ten a oportunidade de facelo... bam! Non pode. Non pode porque esa noxenta vociña da conciencia non a deixa facelo, e non porque non o estea desexando. Porque o certo é que si o desexa. Cústalle concentrarse, cústalle conciliar o sono, por algún motivo que escapa ao seu control non deixa de pensar nel. Nas súas mans, no seu cabelo, na súa boca, nos seus ollos... e que a leve o demo se non ten unha mirada tan penetrante coma un ferrete! Cando se ducha gustaríalle dar a volta e atopalo tras ela nu, empapado, coméndoa cos ollos. Á noite, cando se mete na cama, desexa10


ría que os seus brazos a apertasen contra o seu peito, que lle arrincase a roupa, que a fixese desfrutar. Ao chegar tarde do traballo á casa querería que saíse de algures e lle dese unha masaxe, e lle preguntase como lle foi o día, e a bicase porque si. E non é que ela non teña xa a alguén que faga todo iso, que o ten. É que o repartidor que lle levou a pizza onte semellaba máis compracente que o seu home.

11


Néboa

Entre a néboa dun amencer sen esperanza, a muller do rostro melancólico tocábase. Tocábase cavilando en que o mundo a esmagaba coma se ela fose unha sorte de Atlante, condenada a cargar sobre os seus ombros o peso de algo que nin sequera ambicionaba. Todo carecía de sentido, pois non había mazá dourada para ela, non había mazá das Hespérides porque a súa Afrodita non lla quería dar. Botada sobre a herba, desesperada, candente e cuberta de néboa, a muller do rostro melancólico seguía a tocarse pensando na Venus inalcanzable pola que velaba día tras día, pensando nas súas mans, pensando no seu cabelo e no aroma do seu pelo e no sabor do seu sexo, en frotalo contra o seu, en lambelo, en rozalo, acariñalo, bicalo, mordelo e un infindo de verbos máis. Entre a néboa dun amencer sen esperanza, a muller do rostro melancólico tocábase anhelando facerlle o amor a unha musa que non desexaba senón que a esquecese. 12


E un estalido de amargo pracer chamou entĂłn ĂĄ sĂşa porta.

13


Decepción

Síntote entrar, irto, cálido, palpitante. Enróscome en ti e apértote para non te deixar ir endexamais, para ter a certeza de que vas entrar máis fondo, máis dentro de min. Abro os ollos. Esperto.

14


Curioso

Que tes que fas que o contorno ao teu redor se empane? Que pode ser ese segredo tan ben gardado que non me confías? Non hai neste mundo nin nos outros algo que me poña tan frenética como pensar en desvelar os teus máis escuros devezos. Quizais non terei que crebar os sisos pensando. Porque eu sei, señor de poucas palabras. Eu sei... eu sei que queres bicarme, sei que queres acurralarme contra unha parede e facer de min o que che apeteza máis no momento. Apertarme? Dicirme palabras fermosas? Non, non, non. O que ti necesitas é tocarme coma un salvaxe, e necesitas que eu te toque a ti, necesitas arrincarme a roupa e necesitas que che berre que tamén eu o preciso. Pero, sabes? Non fai falla berrar, podo bisbarche paseniño, arrastrando as palabras, deixando fluír o alento sobre a túa orella, que o preciso case tanto coma ti e que nada me gustaría máis.

15


Mirada

A Marianne Berckley poñíaa nerviosa que aquel home a mirase aos ollos mentres falaban. Polo xeral ela eludía os ollos dos seus interlocutores e prefería que eles lle fixesen o mesmo favor. Alexander Shelby era un home de carácter e forte personalidade, e sabía que a señorita Berckley non soportaba as súas olladas, por iso canto ela máis se apartaba, máis a miraba el. Ela atolaba, el divertíase. Pero á noite, mentres facían o amor, a realidade mutaba e tornábase en fantasía, e Alexander ollábaa máis intensamente que nunca sen que ela se queixase ao tempo que se fundía con ela nunha sorte de simbiose incandescente. Porque sabía que aquel era o único xeito de que Marianne tivese un orgasmo. Unha mirada, unha eternidade de pracer.

16


Moi Curioso

Tócame. Tócame onde sabes que me vai gustar que me toques. Si, aí, aí mesmo. Máis, tócame máis, así. Bícame agora, aquí, aló, no pescozo, alí onde nacen os fíos de terra do meu cabelo, bícame amodo pero faino forte. Quero sentir a humidade dos teus beizos aló onde nunca imaxinaches poder pousalos. Acaríñame a meixela, acaríñame o brazo, as pernas, acaríñame as costas e mórdeme o ombro. E non deixes que me decate de que xa estás sobre min facendo cousas impensables, non permitas que me dea conta de que che estou a segui-lo ritmo, de que me fas xemer e que ti xemes comigo. Non me deixes falar, tan so faino.

17


Gato Azul

Un gato azul cóase baixo as miñas sabas e o seu pelame suave rózame as pernas. Xoga coas patiñas a facerme caricias, caricias de gato. Levanto a manta e o descubro ollándome cos seus curiosos ollos de gato, move a cabeciña e eu móvoa tamén e non deixo de miralo. Achégase paseniño e miaña, que me quererá dicir? Miaña outra vez, e outra, e non se calma ata que lle acariño o lombo e lle paso os dedos pola cola. Roucexa e eu suspiro. Pero entón o gato azul faise home, un home sabio e desexoso, un home que se sinte luxurioso e tomado polo degoiro de posuír un corpo feminino. E non sabe que eu tamén o desexo tan intensamente que só de pensalo fai que abra as pernas. Ábroas, bícoo, íspeme. Fodémonos sen presas mais nós facemos o amor coma se o mundo fose rematar nun intre, máis rápido, máis forte, máis lascivamente. E non abrimos os ollos cando o orgasmo se fai realidade, non sexa que espertemos antes de nos poder bicar de novo. 18


Aínda máis Curioso

Agora que me quitaches o vestido vermello e lanzaches os meus tacóns a un recanto lóbrego, agora que apegaches o teu corpo nu ao meu e me bicaches como querías, agora que me tocaches e eu te toquei, agora que nos fretamos o un contra o outro coma dous tolos dementes e as nosas linguas xa son íntimas amigas, agora que me dixeches que non crías o que estaba a ocorrer entre nós, é agora cando traspasamos a barreira. E nunca atravesar as dúbidas fora tan perigosamente pracenteiro. Deixei rastros de carmín na túa entreperna, a marca dos teus dentes consérvase no meu ventre. E é curioso canto cambian as cousas cando se lles da unha oportunidade, incriblemente curioso, señor de poucas palabras.

19


Tremor

Tremes cando me bicas e non te atreves a me tocar. Cando me fagas o amor, meu ben, rematarei por correrme da impresi贸n.

20


Soño Escrito no medio dun campo cheo de follas de outono.

Namorouse dela coma quen se namora dun soño. Non existía, non era real, pero enchía os ocos do seu maxín debuxando ronseis de cores e ollando para el coa mirada fixa nos seus beizos. Aquela muller tiña herba verde nos ollos, suave, alta, e flores de toxo entre os dedos finos, e caracois vermellos entre o pelo e auga de regato fresco no alento. Falaba verbas de prata e tocábao como se toca ao máis delicado obxecto de desexo. Paxaros de lume voaban arredor do Cabaleiro de Seingalt cando a dona do seu soño cravaba os olliños tenros sobre a súa armadura broncínea, e a súa lanza de ferro, a lanza poderosa de todo cabaleiro, relucía devecendo de amor por ela. E a doncela, compasiva, astuta, ficaba inmóbil agardando a que o guerreiro por fin se achegase para poder ela anoar na punta da arma a cinta branca que lle había dar sorte na batalla. 21


E penetraba o cabaleiro, lanza en riste, en covas inexploradas saíndo vitorioso de todas elas, e a dona dos caracois vermellos ría e choraba con risos de flores e bágoas de esperanza, retorcéndose, desexando... Namorouse dela coma quen se namora dun soño, coma quen se namora dunha noite de tormenta. E aquela muller que debuxaba ronseis de cores seguía a ollar para el.

22


Second Time

Despois dun día esgotador déitase e pensa. Pensa porque non ten nada mellor que facer, pensa porque o corpo llo pide. Os problemas sempre chegan cando en quen pensa é en ti. É entón cando o que o corpo lle pide non é pensar senón darse pracer, e o certo é que prefire que llo deas ti. Imaxina escenas, situacións carentes de sentido algún, bicos que non existen, miradas que nunca lle dirixiches nin ela a ti, palabras, caricias e algún que outro sorriso. As mans van soas a onde xa saben que deben dirixirse, unha a un peito, outra á entreperna. Unha aperta, a outra masaxea, unha belisca, a outra acariña, unha debuxa formas, a outra humedécese... E ela, mentres tanto, visualízate a ti. Es ti quen lle aperta e belisca os seos, es ti quen masaxea, acariña e humedece o seu sexo. Ve a túa silueta baixando e baixando, descendendo ata o abismo, ve como lle separas con suavidade as coxas e enterra-lo rostro entre eles, ve como lambes, succionas, bicas, mordes... e retórcese, retórcese porque non sabe que facer e non se decata de que non 23


estás aí, de que é ela mesma a que se provoca ese torrente de sensacións. Quere facerche o mesmo, quere enterra-lo rostro na túa entreperna e lamber, succionar, bicar e morder, e por Deus que desexa que te retorzas e xemas como se retorce e xeme ela. Paras e ascendes de novo deténdote en cada punto da súa anatomía que consideras interesante, bícala e axeónllaste entre as súas pernas, agárraslle as coxas. Ela olla para ti extasiada e ti serpenteas sobre o seu corpo e cóaste nel. E o que ocorre a partir de entón non é capaz de imaxinalo porque xa estalou nun éxtase de electrizantes sensacións. Respira fondo, abre os ollos e volve a pensar, cálmase, acomoda a roupa, érguese. Pero non pode evitar caer de novo.

24


Libertino

Hoxe é un deses días... Hoxe é un deses odiosos días nos que se decata de que el xa non a atrae. É terrible, terrorífico, non sabe que facer coa súa vida. Déixao ou non? Aguántase ou dille a verdade? Non quere facerlle dano porque non o merece, tampouco quere que lle doia a ela. Pero a ela vaille doer igual, faga o que faga. Alice concéntrase, respira fondo unhas cantas veces e debuxa no maxín os primeiros días, as primeiras semanas, cando todo lles facía ilusión e a maior das parvadas era un mundo para eles. Agora ri por non chorar. Non soporta que a toque, non lle apetece que a bique e non lle gusta provocarlle ereccións... El non lle fixo nada pero ela non pode evitar sentirse dese xeito! E é entón cando se decata de que o que ocorre non é que non desexe ter sexo, senón que non desexa telo con el. Segue sentindo a mesma necesidade anceiante de sempre, continúa querendo danzar na cama con alguén. Alguén... quen sexa, pero el non, xa non máis. 25


Bota de menos a sensación de coñecer a un home, un home que non sabe nada dela e do que ela tampouco sabe nada, pero que cunha mirada cargada de indecentes intencións íspea e recréase pensando en como sería o sexo con ela. Alice estraña o calafrío que lle percorre o lombo cando ese home se lle achega conversa con ela, cando lle di cousas con sentido e lle demostra que non ten a cabeza chea de aire, cando a escoita e se ri con ela e non dela. Alice estraña os pequenos detalles do flirteo descarado: beizos a tremer, tragar saliva, o pequeno bafexo de desexo. Ese bafexo... só dous homes fixeron que bafexase estando aínda vestida e provista de autocontrol. El non foi un deles. Ese home é alto e atractivo. Na súa mente, ten o cabelo escuro e desordenado, a pel clara, os ollos verdes e é forte, e a súa barba descoidada faino máis interesante. Pode falar con el do que sexa, a súa intelixencia sorpréndea, faina rir, e a súa voz profunda excítaa. Alice estraña o roce do seu dedo contra a liña da mandíbula, a sensación de calor que iso lle produce. Estraña o alento perfumado golpeando o seu rostro, os ollos entreprechándose preguiceiros e as bolboretas no estómago. 26


E é entón cando lembra o tacto suave dos labios alleos contra os seus, a carne atrapando a carne, a mente atrapando a mente. A conexión, a sorpresa, o desexo, unha lingua que desprende caricias e un suspiro. Unha man forte aferrándose á súa cintura, outra á caluga, o cabelo alborotado, saliva brotando, a roupa apegada ao corpo, un bico de puntillas e os acordes de fondo. Alice non quere tenrura, Alice non quere amor. Alice quere a un afectuoso libertino.

27


Onte

Onte estivemos xuntos. Sentaches ao meu carón e eu non podía crer que me resultaras tan atractivo de pronto. Cando apoiei a cabeza sobre o teu ombro temín que te estrañases, que me mirases incómodo. Non o fixeches e sentinme inflamada de desexo por ti. Quería que ollases para min, que me acariñases as meixelas e rozases a túa boca coa miña, que me deixases lamber os teus beizos. Quería que dixeses o meu nome, que me abrazases, que me sentases sobre as túas cadeiras e me bicases. Nalgún momento sentín desexos de espirme para ti, de que sacases a roupa e tirases ao chan todo o que había sobre a cama. Necesitaba compracerte de mil xeitos distintos, necesitaba gustarche, necesitaba parecerche sexy. Durante un segundo crin vernos fodendo sen reparos, tocábasme descontrolado e deixabas que eu te tocase a ti. Nunca deixabas de mirarme e me tratabas con cariño, dentro de toda aquela espiral de lascivia. E xúroche que resultaba fascinante verte penetrándome, agarrándome os pulsos e bi28


cándome como se a noite nunca fose rematar. Pero espertei da miña fantasía e descubrinme aínda apoiada no teu ombro. Quedamos falando e rindo até as tantas da mañá. Despois dixeches que ías durmir. Falaramos de tantas cousas... Nin sequera nos demos un bico de boas noites, só nos despedimos e cada un meteuse na súa cama. E podo prometerche que xamais me tocara tan salvaxemente.

29


Flores Brancas

Noite épica. Flores brancas enredadas entre os fíos de terra do teu cabelo, e un poema a carón da fiestra.

30


Suave, Brutal Os papeis esparexidos polo chan, como a roupa, como a vergoña; olor a vainilla no templo do saber e un té sobre a mesa. Trabadas, suspiros e verbas malsoantes facendo eco, da boca á librería, da librería á alfombra e da alfombra á boca novamente. Soñou tanto con ela, tanto con lle facer esas cousas sucias, tanto con que ela tamén quixera, que agora que está a ocorrer, nese preciso instante, nese mesmo momento, non remata de crelo. Dende que entrou na sala de lectura baleira nunha tarde de primavera, abafante, inesperada, e ela dixo “estiven a pensar en ti”, e el pensou en dicir “tamén eu”, estivo a soñar. Tanta calor, tanto desexo, tantos plans... nin sequera sabe como debería sentirse nin está seguro de como continuar. Só evita deterse, o resto virá por si mesmo co tempo. As palabras non son suficientes para expresar as ganas, o degoiro tan profundo que alberga dentro de si. Necesita, aínda que só sexa durante un breve instante, sentir que é a única persoa que lle fixo iso xamais. Sabe que ninguén a vai desexar tanto como el, que ninguén 31


llo ha facer tan sucio, tan descontrolado, tan auténtico. E é fascinante saber que ela se deu conta, doutro xeito non estaría alí, pegada a esa parede, seminúa e aberta de pernas coma se non houbese nada máis importante no mundo. Aférrase ao seu corpo, á súa pel, á súa alma, non sexa que a perda. Ela acaríñao, el bícaa. Ela saboréao, el tócaa. Escorrega no seu interior sen avisar. Suspiran, bafexan, bisban, gritan, morden, bican, lamben, succionan, tocan, agarran, acariñan. Da parede ao chan, o ritmo frenético, suorento, dos corpos non se ralentiza. Ela arquea o lombo perdida nun océano de sensacións, el busca desesperadamente o xeito de exteriorizar todo o que está experimentando. Berra, desgarra a voz e pensa que esa situación é a definición perfecta da palabra épico. Máis dentro, máis profundo. Máis real. Xa non e o físico, senón a ausencia de soidade, o que lle causa pracer. Ela tampouco quere nada máis del, nada máis que o seu cariño. Choran, saborean as súas propias bágoas comprendendo, aceptando. E estalan nun éxtase suave, brutal.

32



Vermello