Skip to main content

Versos e viceversos G - Antonio García Teijeiro & Juan Carlos Martín Ramos / Juan Ramón Alonso

Page 1

He soñado un nuevo mar que une todas las orillas, que no pregunta al borrarla si la huella es tuya o mía.

Un novo mar que acariña rostros de noites perdidas eu pintei naqueles ollos de lixeiras harmonías.

E nun lenzo deixo un mar, un mar que dorme na beira deses ollos que navegan tras o ronsel das areixas.

Un mar que sabe bicar as máis tristes melodías. Un mar que bica con sal a túa man sobre a miña.

9


É a poesía do vento na casa do Poeta.

Na casa daquel poeta, entra e sae e entra o mar por unha porta entreaberta.

Na casa daquel poeta, anda o vento en zapatillas e fai que voen poemas.

Na casa daquel poeta, hai lupas e telescopios, estrelas e bolboretas.

Na casa daquel poeta, nos caixóns, belas mesturas de xices de cores ledas e tinteiros de tristura.

10


Pero que pasa, que pasa na casa sen o poeta?

Pasa o tempo, non é pouco! Cobre de po a súa mesa e nas flores do balcón adormece a primavera.

Ai!, na casa do poeta, se o poeta non está, canta un paxaro esa ausencia.

11


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Versos e viceversos G - Antonio García Teijeiro & Juan Carlos Martín Ramos / Juan Ramón Alonso by kalandraka.com - Issuu