Van Gogh dicía: «Eu vivo nunha pequena casa amarela con contras verdes. A casa está a pleno sol». A
luz
cegadora,
que o pintor Van Gogh foi buscar á Provenza, no sur de Francia, entra
peneirada
no seu cuarto de Arles polas contras semipechadas da ventá.
O cuarto é
sinxelo
con mobiliario rústico. Velaí a mesa en que coloca os seus útiles de aseo. «Coas formas cadradas dos mobles quero expresar a tranquilidade», escribiulle o pintor nunha carta ao seu irmán Theo.