
Entre eles hai moita diferenza: máis de dous metros.
Esta é Xirafa.
Xirafa é moi alta.
Este é Crocodilo.
Crocodilo é moi baixiño.

Pero, a pesar disto, son parella: unha parella de namorados.

A historia de como se coñeceron cóntase noutro libro.
O importante é que se coñeceron e que se namoraron.
Un día, como se querían tanto, decidiron vivir xuntos.
Así que marcharon a vivir á casiña de Crocodilo, que estaba ás aforas da cidade.

Pero non foi unha boa idea
pois Xirafa ía petando coa cabeza en todas as partes.

