Era unha vez unha nena moi larpeira, que se chamaba Carmela. Un día, antes do Entroido, a mestra dixo na clase: –Cando rematedes a tarefa, invítovos a chulas. Pero Carmela non quería traballar, e pediu permiso para ir ao baño.
Como tiña sono, porque se deitara moi tarde, ficou durmida. E cando volveu á clase, xa non estaban a mestra, nin os pícaros, e das chulas quedaban só unhas migalliñas espalladas polo chan. E Carmela, que era moi larpeira, marchou chorando para a casa.