Tío Elefante abre a porta
Mamá e papá saíran navegar no seu barco. Eu non puiden ir porque estaba arrefriado e tiña a gorxa irritada. Quedei na cama. 6
Levantouse unha tormenta e o barco non volveu. Mamรก e papรก estaban desaparecidos no mar. Eu estaba sรณ. Quedei no meu cuarto coas cortinas corridas.
7
Sentín petar na porta. –Ola, son Tío Elefante -dixo unha voz. Ollei a Tío Elefante. –Que estás a mirar? -preguntoume-. Xa sei, estás mirando as miñas engurras. –É que tes moitas engurras -díxenlle. –Si -dixo Tío Elefante-. Teño máis engurras que follas ten unha árbore. 8
Teño máis engurras que area unha praia. Teño máis engurras que estrelas hai no ceo 9
–Por que tes tantas engurras? -pregunteille. –Porque son vello -dixo Tío Elefante-. E agora, marchemos deste sitio tan escuro. –Onde iremos? -pregunteille. –Virás comigo -respondeu Tío Elefante.
10
Tío Elefante conta os postes
Subín ao tren con Tío Elefante. Compartimos unha bolsa de cacahuetes. Ollamos pola fiestra. 11