Skip to main content

Teño uns pés perfectos G - María Solar / Gusti

Page 1

Melchor Sabichón podería ser o neno máis listo do planeta, ou polo menos o máis listo do seu país ou da súa vila. Era moi listo, sabíao todo, sabía de todo. Cada cousa que vía chamaba a súa atención e estudábaa. Sabía de dinosauros, mamíferos, serpes, ríos e montes, batallas, reis, estrelas e planetas, astronautas, e de case calquera cousa que un poida imaxinar. Por iso se puxo moi contento cando o chamaron para o concurso Na busca do neno máis listo. Que ben!! Por fin podería comprobar se el era o máis listo do planeta. A Melchor tardáballe o día e preparouse ben a fondo. Estudou matemáticas, historia, lingua, bioloxía; estudou de todo, todo o estudou, ata que xa non se lle ocorreu nada máis que lle quedase por aprender. E así, ben preparado, acudiu ao reto. 9


Había moitos nenos do seu colexio agardando na porta con carteis: «Melchor, estamos contigo» ou «Melchor, es o máis listo», e había tamén moita outra xente que o aplaudía ao entrar, persoas que nin sequera coñecía. Tamén estaban alí un monte de xornalistas e as cámaras da televisión. Tal cantidade de xente impresionaba, pero a Melchor Sabichón nada o poñía nervioso porque el o sabía todo. Unha muller da organización, moi amable, acompañouno ao interior do recinto e alí Melchor coñeceu por fin os seus dous contrincantes, os outros dous nenos que o sabían todo. Isidro Todosabe viña doutra vila. Cun ano e medio de idade xa falaba, con dous e medio escribía, podía conversar fluidamente en seis idiomas, pintaba e tocaba o piano, e sabía de dinosauros, mamíferos, serpes, ríos e montes, batallas, reis, estrelas e planetas, astronautas e de case calquera cousa que un poida imaxinar. A outra contrincante era Raquel Requetelista e viña doutro colexio. Aos dous anos sumaba e restaba, con tres multiplicaba e con tres e medio resolvía raíces cadradas. Falaba varios idiomas, facía impresionantes programas informáticos e sabía de dinosauros, mamíferos, serpes, ríos e montes, batallas, reis, estrelas e planetas, astronautas, e de case calquera cousa que un poida imaxinar. 11


O concurso estaba moi disputado. O público animaba a uns e a outros entusiasmado. O presentador falou e mandoulles meter a man, un a un, nunha urna que tiña moitos sobres dentro. Debían escoller un ao chou. Neles estaban escritos os temas sobre os que versarían as preguntas do concurso que se celebraría ao día seguinte, de maneira que cada concursante tería vinte e catro horas para preparar ben a fondo o tema que lle tocase. Raquel Requetelista introduciu a man tranquila e confiada, sacou un sobre e deullo ao presentador. –Cálculo!! –anunciou o home. Raquel brincou de alegría, era infalible nas matemáticas. Melchor pensou que el podía facer calquera operación case instantaneamente e sen erros, sería o mellor se lle caese o cálculo. Isidro Todosabe sacou outro sobre sen alterarse. –Historia do antigo Exipto!! –berrou o presentador. Isidro chimpou e chimpou feliz, sabíao todo sobre a civilización do antigo Exipto e as pirámides. E Melchor pensou que el tamén sería o mellor nese tema porque ninguén tiña máis coñecementos ca el sobre Exipto. Foi entón cando lle tocou a Melchor sacar un sobre. Meteu a man sen que lle tremese nin un só dedo, e elixiu un con decisión. –Pés!! –anunciou o presentador. 12


A Melchor saíronlle os ollos das órbitas de tanto que se lle abriron. –Pééés?!! –preguntou sorprendido. –Si, pés!! –respondeu o presentador mentres lle amosaba o papel que viña no interior do sobre onde estaba escrito:

«TEMA: PÉS».

Poñíao ben grande e ben clariño. E daquela, Melchor non saltou nin chimpou e o público non aplaudiu. Pés. Mirou para os zapatos. Que se pode saber dos pés? Fíxolle ao presentador un aceno de entender o que lle dixera e marchou para a casa abatido, triste e afundido. Estaban tan alá abaixo, tan no fondo, ao final, no extremo e case sempre cerrados nos zapatos que agora recoñecía que nunca mirara para eles. Pouco, ou case nada, sabía dos pés. Tiña de prazo para prepararse ata as nove da mañá do día seguinte, pero non se lle ocorría que interese podían ter os pés. Non sabía nin por onde empezar a estudar. Cando chegou á casa, tirouse tristeiro enriba da cama; entón entrou a súa nai con algo nas mans e sentou onda el. 13


–Ás veces, meu ben –díxolle acariñándolle o pelo–, as cousas que temos máis cerca son as que menos miramos. Pero non te preocupes, tráioche un libro sobre pés. Vaia, Melchor nunca vira un libro sobre pés. Non coñecía ningún sobre o tema. Titulábase:

Teño uns pés perfectos. Así que sen perder un minuto, descalzouse e púxose a ler e a aprender todo o posible sobre os pés, aqueles perfectos descoñecidos.

14


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Teño uns pés perfectos G - María Solar / Gusti by kalandraka.com - Issuu