Skip to main content

Sopa de soño G - Jose Antonio ramírez Lozano / Riki Blanco

Page 1

Aquí está o mellor fogón, ese que os cociñeiros chaman imaxinación. Cociña das palabras que se come polos ollos sen garfo nin culler. Alíñanse nun momento estrelas con adxectivos e corcheas con pementos. Ao mercado a por palabras! hai milleiros de receitas para poder cociñalas.


PINZAS

F R I TA S

As pinzas son a única especie de peixes que vive fóra da auga. Hainas ben en patios, terrazas e lavadoiros; quizais porque a escuma dos deterxentes lles trae á memoria a imaxe afastada do mar. Para pescalas, abonda atar un cordel á punta dunha cana e acudirán voraces a trabalo. Non teñen espiñas nin escamas, e fritas resultan un peixe gorentoso. Convén gardalas nunha caixiña plástica.

12


Se che pillan a roupa cos seus dentes, dĂŠixancha seca.


L I Ñ A S A O R O Q U E F O RT Cóllese un caderno de follas raiadas e arríncanselle, polo menos, as liñas de cinco páxinas. Póñense a ferver durante dez minutos cun pouco de aceite, e quítaselles a auga nun escorredoiro. Quen as prefira con chourizo, só ten que escribir a palabra chourizo en cada liña. Remexer de cando en vez cun lapis do dous.

Terán que aliñarse con roquefort relado, de queixo de goma de borrar.

14


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Sopa de soño G - Jose Antonio ramírez Lozano / Riki Blanco by kalandraka.com - Issuu