Nunha escura, escurísima rúa, hai unha alta, altísima casa. Nesa alta, altísima casa, hai un profundo, profundísimo soto. Nese profundo, profundísimo soto, hai unha cómoda, comodísima cama. E nesa cómoda, comodísima cama…
… tres esqueletos están a soñar. O esqueleto grande soña con dinosauros. –Sabía que os dinosauros podían correr –di (en soños)–. Pero non sabía que tivesen patíns!
oM eu
s
bre
so
ro
sau
ro lib
o din
to
tin
ex–