Son animal g - Paco Nogueiras / Marc Taeger

Page 1

SON ANIMAL

Son animal, animal son. Son animal, animal son.

Son animal, animal son. Son animal, animal... animal! (bis)

Con cola, con pelos, con plumas.

Con catro patas, con dúas ou ningunha.

Dando brincos, se cadra a voar…

Moitas melodías ten o SON ANIMAL.

Con cornos, gadoupas, con crista.

Con fociño para poder cheirar.

Con orellas grandes ou pequenas…

Podes escoitar o SON ANIMAL!

Son animal, animal son. [...] (bis)

Un burro ornea na eira.

A galiña cacarexa no curral.

Croan as ras no regato.

Voa polo aire o SON ANIMAL!

Miaña o gato cando quere, e ao can dálle por ladrar.

Unha vaca brúa no prado…

Centos de harmonías no SON ANIMAL!

Son animal, animal son. [...] (bis)

9

CAN-CAN CADELO

Can, can, can, cadelo,

can, cadelo, can cadelo (Guau, guau!).

Can, can, can, cadelo,

can, cadelo, can cadelo (Guau!).

Corre como un tolo botando a lingua fóra.

Move moito as patas batendo as de diante coas de atrás.

Se está contento abanea alegre o rabo.

Dá centos de voltas cando se quere deitar.

Can, can, can, cadelo, [...]

Fai buracos grandes para agochar un óso.

Baixa a cabeza seguindo rastros no chan.

Frégase na herba cando lle pica o lombo.

E se alguén se achega ladra forte para avisar.

Can, can, can, cadelo, [...]

Meu amigo, compañeiro, non hai como o meu cadelo.

Cando mira os meus ollos sabe moi ben o que quero. (4 veces)

Can, can, can, cadelo, [...](bis)

10

TEÑO UNHA VACA

Teño unha vaca que non para de bruar.

Teño unha vaca, dáme leite sen parar. Dá paseos polo prado, cara a un e outro lado, move o rabo dun xeito espectacular.

Remoe a herba moi tranquila, parece que está a falar.

Cando cansa deita a barriga e despois dun par de horas volve levantar.

Unha parella de cornos revirados…, ten coidado porque che pode turrar!

Leva unha choca no pescozo que cando camiña comeza a soar.

Teño unha vaca [...]

Move as orellas sen descanso.

Escorrenta moscas ao compás. Catro tetos miran cara abaixo para que veña o becerro e poida mamar.

Ten ollos grandes e fermosos, patas longas que chegan ata o chan. Un fociño rosado e redondo para cheirar as flores que no prado brotarán.

Teño unha vaca [...]

13

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.