Skip to main content

Saltón no camiño G - Arnold Lobel

Page 1

Saltón quería ir de viaxe –Atoparei un camiño –dixo–. Seguirei ese camiño ata onde me leve. Unha mañá, Saltón atopou un camiño. Era longo e poeirento. Subía ás montañas e baixaba aos vales. –Este camiño paréceme bonito –dixo Saltón–. Seguireino. 8


O club

A MAÑÁ ÉO MELL OR

Saltón camiñaba apurado. Ollou un cartel nunha árbore. O cartel dicía: A MAÑÁ É O MELLOR.

Pouco despois, Saltón viu outro cartel. Dicía: TRES HURRAS POLA MAÑÁ. 10


Saltón descubriu un grupo de escaravellos. Estaban cantando e bailando. Levaban máis carteis. –Bo día –dixo Saltón. TRE HURR S A POLA S MAÑÁ

ME BÍCA A POL Á MAÑ

OS TAN GÚS A Á MAÑ

VIVA A DOCE M A Ñ Á AME N-

CE R


ENCÁN TANME AS MAÑ ÁS

–Si –dixo un dos escaravellos–. Está un bo día. Todas as mañás son un bo día. O escaravello levaba un cartel. Dicía: ENCÁNTANME AS MAÑÁS. –Esta é unha reunión do Club Encántame a Mañá –dixo o escaravello–. Xuntámonos todos os días para festexar a chegada dunha nova mañá. 12


–Saltón, gústanche as mañás? –preguntou o escaravello. –Pois claro –dixo Saltón. –Hurra! –gritaron todos os escaravellos. –A Saltón encántanlle as mañás! –Sabíao –dixo o escaravello–. Pola túa cara xa se vía. Ti es un amante das mañás. VIVA A A AÑÁ MAÑÁ É MIÑA

BÍC POLA MAÑÁ

DOCE AM EN -

CER

TRES HURRAS POLA MAÑÁ


Os escaravellos fixéronlle a Saltón unha coroa de flores. Déronlle un cartel que dicía: A MAÑÁ É O MELLOR.

–Agora –dixéronlle–, xa es do club. –Cando brilla o trevo co orballo? –preguntou un escaravello. A MAÑÁ ÉO MELLOR

–Pola mañá! –gritaron

o resto dos escaravellos.

14


–Cando é máis morna a luz do sol? –preguntou o escaravello. –Pola mañá! –responderon o resto dos escaravellos. Fixeron un pinchacarneiro e quedaron cabeza abaixo. Cantaron e bailaron coas letras da mañá: –M-A-Ñ-Á! 15


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Saltón no camiño G - Arnold Lobel by kalandraka.com - Issuu