Skip to main content

Río Bravo G - Chévere

Page 1

-

RIO BRAVO


XUM… FLACA, FLACA!

Río Bravo é a porta para entrar no teatro musical de Chévere, unha porta que xa non se daría pechado, porque unha das constantes do traballo da compañía é a presenza da música, preferentemente ao vivo. Unha música que xorde de xeito natural, coa suficiente espontaneidade como para non ter que imitar ningún modelo previo de teatro musical e fundar un xeito propio e inesperado de integrar a música en escena. A banda sonora de Río Bravo está feita a base de cancións que, na súa brevidade e diversidade de estilos, son toda unha demostración de forza. Pero tamén hai un amplo dispositivo de sons incidentais e onomatopeas sobre as que se levanta unha atmosfera sonora que ensancha o imaxinario colectivo do western. Porque o teatro de Chévere está feito para ser escoitado e visto ao vivo, as súas obras son acontecementos que merecen ser vividos e compartidos mentres suceden. Por tanto, esta colección de textos que se abre con Río Bravo cumpre sobre todo a función de documentar un teatro feito a pé de escenario. De aí que se inclúan descricións máis ou menos detalladas das accións, situacións e movementos, pistas sobre as que imaxinar como se constrúe ese texto en escena, porque a súa tradución ao escenario incorpora solucións imaxinativas e orixinais que fan das obras de Chévere algo único e irrepetible. Xron


RÍO BRAVO 1990 A versión orixinal de Río Bravo estreouse en 1990 no Teatro Principal de Santiago de Compostela. En escena Miguel de Lira, John Eastham, Xron, Blanca Cendán, Vicente Mohedano, Fran Pérez, Pepe Sendón Creación e dirección colectiva Chévere Música Fran Pérez Letras cancións Pepe Sendón

RÍO BRAVO 2002 En outubro de 2002 estreouse na Sala Nasa de Santiago de Compostela unha nova versión, titulada Río Bravo 02, que é a que seguimos para esta edición. En escena Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Xron, Manuel Cortés, Marcos Ptt Carballido, Xacobe Martínez Antelo, Mon Orencio


R ÍO B R AVO · C H É V E R E

LIMIAR Nun recanto do saloon a silueta do Chérif sentado diante dun vaso de whisky e apoiado no seu rifle semella unha natureza morta. As arañeiras atan os seus pensamentos á escuridade. As cordas dunha guitarra augardentosa cospen as notas dunha canción que agranda o silencio, apenas roto pola sensación de que o tempo foi esnaquizado nesta parte do mundo. Coma quen oe chover, o Chérif inicia o relato dunha historia que leva marcada a ferro no lugar que antes ocupaba o seu corazón. CHÉRIF

Eh! Maifréns! GUITARRISTA

Si, Chérif! CHÉRIF

Esa é a canción de Río Bravo, non si?... Biútiful son!

O Chérif canta nun idioma irrecoñecible os primeiros versos dunha canción titulada Río Bravo. CHÉRIF

Aquel era o salvaxe Noroeste, unha terra onde os homes eran homes e as mulleres tamén... Mágoa que morresen todos. Ei, amigos! Sabedes por que me chaman Chérif? 5


R ÍO B R AVO · C H É V E R E

GUITARRISTA

Non, Chérif. CHÉRIF

Porque eu era o chérif aquel día, o fokin chérif. Raios! Si, maifréns! Só eu podo contar a historia que fixo que o cemiterio de Río Bravo quedase pequeno. Lémbrome coma se fose hoxe. Aquel día, aínda que era de día, facía vento. Por iso todos puidemos escoitar o son da locomotora ao chegar á nosa estación. Por iso non nos decatamos de quen era aquel forasteiro que baixara no último tren...

6


R ÍO B R AVO · C H É V E R E

ESCENA 1 · RÍO BRAVO Escóitase o son do tren parando na estación. O fume do vapor refresca o aire bébedo de po. A cativa figura de Flan Flánagan xorde entre a borraxeira buscando refuxio para a súa xenreira. FLAN

(Deletreando un letreiro inexistente.) S-a-l-o-o-n!! S-a-l-o-o-n!! (Entrando por unha porta imaxinaria.) Xum… Flaca, flaca!

Entra SAM arrastrando un bocoi de madeira con rodas. Entra HEREDIA cunha guitarra e unha cadeira. Senta e toca. FLAN avanza ata o bocoi, raña na barba, mete un dedo na orella, cospe no chan. Nesta escena SAM fai todas as onomatopeas que acompañan os xestos mimados de FLAN. SAM

Hi-hi-hi-hi. Ñiqui-ñiqui-ñiqui-ñiqui. Chiu, chiu, chiuuuu. Plun! Splash!! Splash non, eh! Espliiiiiiin!

entón apunta coa mirada ao lugar que lle indica SAM e lanza polo aire un esgarro que acerta na cuspideira.

FLAN

SAM

Fiiiuuuuuuuuuuu... Pin! 7


R ÍO B R AVO · C H É V E R E

mira desafiante a FLAN, sae fóra do seu bocoi, colócase tres ou catro pasos por detrás del, apunta coa mirada ao lugar onde se supón que está a cuspideira, lanza polo aire outro esgarro e volve para o sitio prolongando o voo do cuspe cunha onomatopea interminable.

SAM

SAM

Fiiiuuuuuuuuuuu... Pin!

Ao verse superado, FLAN pide un whisky para desviar a atención. FLAN

Bah, bah!

saca unha botella, móstralle a marca a FLAN pedindo a súa aprobación, le na etiqueta, fai amago de darlle a botella, segue a ler e por fin lánzalla escorregando pola barra. FLAN cóllea dando unha volta sobre si mesmo, saca a rolla coa boca e cóspea no chan, colle o vaso e serve un whisky, bebe e bota un arroto. SAM

SAM

Ugggghhhh! Tapón-tapón-tapón. Glu-glu-glu-glu. Ssssummm, aaahh! Bbrrrrrppp!

limpa a boca do bandido. FLAN pide outro whisky cos xestos da súa man. SAM énchelle o vaso aos poucos.

SAM

SAM

Glu-glu-glu. (Para.) Glu-glu...

entra por outra porta tratando de pasar inadvertido. Pero a onomatopea que fai para acompañar o xesto é demasiado estridente.

DUD

8


R ÍO B R AVO · C H É V E R E

DUD

Iiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii...

mira para el con sorna, ofrécelle un grolo co vaso na man, saca unha moeda do peto, lanza a moeda ao aire apuntando á cuspideira e acerta. Ri.

FLAN

SAM

Fiiiuuuuuuuuuuu... Pin!

agáchase e bota a man para coller a moeda dentro da cuspideira.

DUD

SAM

Blandi-blu, blandi-blu!

O CHÉRIF entra pola mesma porta que usou FLAN. CHÉRIF

Xum… Flaca, flaca! Soa unha harmónica de fondo e dá unha patada á cuspideira.

CHÉRIF

Zaca! Uuuuuuuu! Plumba!

O CHÉRIF encárase con FLAN e avanza. DUD levántase, vai detrás do CHÉRIF e agárrao polo ombro. O CHÉRIF mira para atrás, DUD pégalle unha puñada e o CHÉRIF cae ao chan. DUD encara a FLAN. FLAN fai un aceno a HEREDIA . HEREDIA levántase e colle a DUD por detrás. FLAN dálle unha puñada no estómago a DUD e logo outra na cara. Cando lle vai dar a terceira, alguén que acaba de entrar por un lateral agárrao polo brazo. FLAN mírao aos 9


R ÍO B R AVO · C H É V E R E

ollos, move a cabeza con xesto de desaprobación, saca a pistola coa outra man, cárgaa, pona no estómago do fulano e dispara. FLAN

Uuuiii, ui, ui!!!

estoura un petardo detrás do bocoi. Fume. O fulano cae morto. FLAN sae do saloon pola porta e vaise. SAM

FLAN

Xum… Flaca, flaca! HEREDIA volve tocar. O CHÉRIF acorda, levántase e sae pola porta. CHÉRIF

Xum... DUD

acorda, levántase e sae cara ao lado contrario.

DUD

... Flaca, flaca!

cambia o bocoi de sitio para que pareza outro saloon. HEREDIA fai o mesmo, senta de cara a SAM e segue tocando. FLAN aparece andando de perfil por detrás, para, xira cara ao público, mira para arriba debuxando cos xestos outro letreiro inexistente e entra. SAM

FLAN

Outro s-a-l-o-o-n? Xum... Flaca, flaca!

pide outro whisky cos xestos da súa man. SAM saca unha botella, le a etiqueta e lánzalla. FLAN cóllea, arrinca a rolla e serve un whisky. Bebe. FLAN

10


R ÍO B R AVO · C H É V E R E

SAM

(Segue acompañando con onomatopeas os xestos de FLAN.) Ugggghhhh! Tapón-tapón-tapón. Glu, glu, glu, glu, glu... (SAM non para e FLAN ten que tusir para que se decate e sincronice as onomatopeas cos seus xestos. Logo, bebe o whisky dun grolo.) Ssssummm! Aaahh! Bbrrrrrppp! intenta limpar a boca de FLAN. FLAN aparta con agresividade o pano e pide outro whisky. SAM sérvello aos poucos e FLAN insiste en encher a copa.

SAM

SAM

Glu, glu... Glu... Glu, glu...

O CHÉRIF entra no saloon. CHÉRIF

Xum... (Soa unha harmónica estridente de fondo.) Flaca, flaca! (FLAN xira cara ao CHÉRIF, pero este carga o seu rifle antes de que FLAN poida desenfundar.) Eskarrikasko! Quedas arrestado, forasteiro! HEREDIA deixa de tocar, desenfunda, dispara e desarma o CHÉRIF. HEREDIA

Pois pode que non, Chérif! FLAN

Que vas facer agora, Chérif? DUD

(Entrando.) Xum! (Dispara e desarma a HEREDIA.) Faing! (Dispara ao vaso de FLAN.) Faing! (O vaso salta polo aire.) Iuuuuuu! (Recólleo antes de que caia no chan, bebe e déixao caer.) 11


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Río Bravo G - Chévere by kalandraka.com - Issuu