Skip to main content

Radio Bulebule G / Paco Nogueiras - David Pintor

Page 1

BULEBULE Abre as orellas, palabras a voar saíndo pola antena, aterrando polo chan. O falar non ten cancelas, vai de aquí para acolá. Chega a radio falangueira que te vai facer pensar. Bulebule, bulebule, bulebule, bulebule, bulebule, bulebule, bulebule, bulebule. Transmitindo cara ao mundo en linguaxe universal, todos teñen o seu sitio, preparados, listos... xa! Emitindo, conectando, do outro lado do dial, Bulebule polas ondas, a túa voz xa vai soar. Bulebule, bulebule, [...] As preguntas, as respostas, aquí podes atopar. Informando, opinando, temos moito que contar. Só falta que ti veñas, estámoste a agardar. Prende a radio, dá volume..., sabes ben o que escoitar. Bulebule, bulebule, [...] 11


UN BO PLAN Teño, teño, teño, ti sabes que teño, teño un bo plan. Teño, teño, teño, se queres vir comigo, dáme a túa man. (bis) Ven comigo ao teatro, é un día sinalado..., hoxe hai función! Pasaremos un bo anaco, se saen monicreques, riremos a cachón. É xenial ir ao cinema; non temos problemas..., cámara e acción! Sentaremos na cadeira, en fronte da pantalla vemos filmes de terror. Teño, teño, teño, [...] Na biblioteca hai contacontos, gozamos coma tolos coa súa narración. Lemos un conto, un poema e, se queda tempo, imos a unha exposición. Hoxe na vila hai un concerto, todos os instrumentos comezan a soar! Bailamos nunha foliada, movendo todo o corpo ata non podermos máis. 12


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Radio Bulebule G / Paco Nogueiras - David Pintor by kalandraka.com - Issuu