
Nacín nunha oseira que a miña nai escavou no xeo.
Daquela era pequeno como un hámster, pero estou a medrar e chegarei a ser o animal máis grande do Polo Norte.
Quen son?



Nacín nunha oseira que a miña nai escavou no xeo.
Daquela era pequeno como un hámster, pero estou a medrar e chegarei a ser o animal máis grande do Polo Norte.
Nadamos moi ben, pero sempre cazamos fóra da auga.
Andamos amodo e ulimos as presas desde moi lonxe.
Cando atacamos, corremos tanto como un cabalo de carreiras.
Sabes por que non nos afundimos na neve?
[ Porque temos as mans e os pés tan anchos como raquetas ]