Nacín pequeno coma unha faba. Axiña me metín no marsupio, que é unha bolsa que miña nai ten na barriga, e comecei a mamar. Agora que son máis grande, entro e saio cando quero.
Quen son?
Son o canguro vermello. Corremos moi rápido dando grandes chimpos e tamén saltamos por riba dos valados. Cando loitamos, sentamos na cola e podemos zoscar fortes patadas.
Sabes que comemos os canguros?
[ Comemos herba, follas, raíces… e toleamos polas flores ]