Skip to main content

Quen son? América G - Tándem Seceda / Ester García

Page 1

Teño cola de raias, orellas redondas e semella que levo un anteface. Non te fíes da miña cara bonita, porque son un animal salvaxe e podo facerche dano se me intentas atrapar.

Quen son?


Son o mapache. Á noitiña saímos da tobeira á procura de alimentos. Gústannos moito as froitas, os insectos e as ras. Ás veces entramos nas casas e collemos comida. Somos tan mañosos que podemos abrir botes de marmelada!

Sabes que facemos coas ras?

[ Lavámolas, sacámoslles o veleno da pel e comémolas ]


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Quen son? América G - Tándem Seceda / Ester García by kalandraka.com - Issuu