Todos me chaman o rei da selva, pero vivo na sabana. Paso a maior parte do día durmindo á sombra dunha árbore. Meu pai ten unha melena preciosa.
Quen son?
Son o león. Vivo nunha gran familia con moitas leoas e os seus cachorros. As leoas saen de caza para procurar comida. Tamén xogan moito connosco, e así aprendemos a loitar e a cazar.
Sabes como nos protexe o meu pai?
[ Ruxindo. O seu ruxido dá moito medo e óese dende moi lonxe ]