Skip to main content

que bonito é Panamá!

Page 1

Había unha vez un oso pequeno e un tigre pequeno que vivían alá abaixo, á beira do río. Alí onde se ve subir o fume, a carón daquela árbore grande. E ademais tiñan unha barquiña.


Vivían nunha casa con cheminea, pequena e confortable.

–Temos todo o que un pode desexar, e nada polo que preocuparnos. E ademais somos fortes, non si, oso? –dixo tigre pequeno. –Somos –dixo oso pequeno–. Eu son forte coma un oso, e ti es forte coma un tigre. E iso abonda.


Todos os días, oso pequeno ía pescar coa súa cana.

E tigre pequeno ía buscar cogomelos ao bosque.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
que bonito é Panamá! by kalandraka.com - Issuu