4
A lingua da Terra Cando a Terra se fixo Terra os que tiñan voz calaron e os que non a tiñan falaron. Dende aquel día as ras gardan o riso das pedras; os corvos, o idioma do bosque; os salmóns, os poemas do río, e as ovellas, a música da herba. E aínda hoxe coidan, entre todos, das linguas grandes e das pequenas.
5
Poemas
VOADORES
7
8
A mosca namorada Viuna vir de lonxe: coas ás veloces, fermosa e negra, antenas dereitas, ollos enormes. Decidiu ir ao seu encontro: coas ás veloces, fermosa e negra, antenas dereitas, ollos enormes. E voou coa boca preparada para darlle un bico na testa: coas ás veloces, fermosa e negra, antenas dereitas, ollos enormes. E alí mesmiño lle deu o bico, sonoro, ruidoso e forte, mentres batía contra o espello, de golpe.
9
10
O mundo está chalado: as cousas de arriba están abaixo e as cousas de abaixo están arriba, todo do revés, todo revirado, séver od odot, odariver odot.
11
Poema do morcego
e o que estaba frío agora é quente.
desordenado.
O que estaba quente estache frío
encerellado,
que sorpresa, todo cambiado.
todo cambiado,
O mundo está revirado,
virado e revirado,
un, dous, tres!
cabezabaixo,
as nubes debaixo dos pés,
patasarriba,
O mundo está do revés:
O mundo está do revés:
Encerellado, odallerecne!