Skip to main content

As aventuras de Pinocho G / Carlo Collodi - Roberto Innocenti

Page 1

H

abía unha vez... –Un rei! –dirán ao momento os meus pequenos lector es.

Pois non, nenos, estades enganados. Había unha vez un anaco de madeira. E non era unha madeira de valor, era un pau normal, deses que, durante o inverno,

se botan aos fogóns e ás lareiras para acender o lume e quentar os cuar tos. Non sei como f oi, pero un bo día este pau apar eceu no obradoiro dun vello carpinteiro chamado tío Antonio, a quen todos chamaban tío Cereixa porque sempre levaba a punta do nariz lustr osa e avermellada coma unha cereixa madura. Tan pronto como o tío Cer eixa viu o cac ho de madeira, ale grou a cara. F regando as mans con satisfacción, dixo a media voz: –Esta madeira vaime de marabilla. Farei con ela a pata dunha mesiña. Meu dito, meu f eito: pillou un mac hado ben af iado para quitar lle a casca e desbastala. Pero cando estaba a piques de dar o primeiro machadazo, escoitou unha vociña que dicía: –Non batas en min con moita f orza! Imaxinade como ficou o bo do tío Cer eixa! Mirou arrepiado por todo o cuar to para coñecer de onde podía vir aquela v ociña, pero non viu ninguén! Mirou debaixo do banco, e ninguén!; mirou dentro dun armario

r 8r


que sempre estaba pechado, e ninguén!; mirou no cesto das serraduras, e tampouco había ninguén alí!; incluso abriu a por ta do obradoiro e botou unha ollada na rúa, per o non pasaba ninguén! Quen podería ser? –Xa sei o que pasa –dixo rindo e rañando na perruca–. Está claro que esa vociña é froito da miña imaxinación. Vou seguir co traballo. Colleu o machado de novo e ceibou un tremendo machadazo no cacho de madeira. –Ai! Que dano me fixeches! –queixouse a vociña.

r 9r


Esta vez o tío Cer eixa quedou de pedra. Do susto que le vou, os ollos saíanlle das órbitas e tiña a boca tan aberta que a lingua lle colgaba ata o queixo. Cando recuperou a fala, dixo tatexando e treméndolle a voz: –Pero de onde saíu esa v ociña que dixo «Ai!»? Aquí non hai unha alma. Será que este pau apr endeu a c horar e queixarse coma un neno? Non o cr

eo. Este anaco de

madeira é coma calquera outro pau para o lume, e non daría máis que para ferver unha pota de fabas. Entón que pasa? Haberá alguén agachado dentro? Pois se hai alguén, peor para el. Xa lle v ou dar eu o que mer ece! O tío Cereixa agarrou coas dúas mans o pobre pau e, sen piedade ningunha, comezou a bater con el nas par edes do obradoiro. Así que agardou a ver se a vociña dicía algo. Agardou dous minutos, e nada!; cinco minutos, e aínda nada!; de z minutos, e seguía sen oír nada! –Xa sei o que pasa –dix o outra vez colocando ben a per ruca e forzándose a rir–. Está claro que esa vociña é froito da miña imaxinación. Vou seguir co traballo. Mais agora o tío Cereixa estaba tan asustado, que decidiu cantar para animarse. Apartou o mac hado a un lado e colleu o ce pillo para alisar e pulir a madeira. Cando a estaba cepillando para arriba e para abaixo, volveu sentir a mesma vociña que lle dicía rindo: –Para, para! Que me fas cóxegas! Desta vez o pobr e tío Cer eixa caeu como fulminado por un raio . Cando v olveu abrir os ollos, atopouse deitado no c han. O seu rostro parecía desfigurado. E mesmo a punta do nariz, que case sempre estaba avermellada, puxéraselle azul polo susto. .

r 10 r


N

aquel momento alguén petou na por ta: –Adiante –dixo o carpinteiro, sen ter forza para se poñer en pé.

Un velliño moi rufo entrou no obradoiro. Chamábase Geppetto, pero os nenos do

lugar, para enf adalo, chamábanlle Mazaroca, xa que le vaba unha per ruca amarela que semellaba as mazar ocas de millo . E pobr e do que lle c hamase Mazar oca, porque se poñía furioso cada vez que o escoitaba. –Bos días, tío Antonio –dixo Geppetto–. Que fai aí tirado no chan? –Estou ensinando a ler ás formiguiñas. –Pois a ver se lle aprenden... –Que o trae por aquí compadr e Geppetto? –Traer, trouxéronme as miñas pernas. Pero, tío Antonio, vin para lle pedir un favor. –O que queira –respondeu o carpinteiro mentres se axeonllaba. –Esta mañá veume unha idea á cabe za. –A ver logo. –Ocorréuseme facer un bonito monicreque de pau, un monicreque marabilloso que soubese bailar, facer pallasadas e dar saltos coma un acróbata. Con el podería viaxar ao redor do mundo e gañar a vida. Que lle par ece? –Así se fala, Mazaroca! –exclamou a mesma vociña que, coma antes, non se sabía de onde viña.

r 11 r


Ao escoitar que lle c hamaban Mazar oca, Ge ppetto tor nouse v ermello coma un tomate e, volvéndose cara ao carpinteiro, dixo con furia: –Por que me insultou? –E quen o insultou? –Chamoume Mazaroca. –Eu non fun. –Quere dicir que fun eu? Foi vostede, xa lle digo!

r 12 r


–Non tal! –Si tal! –Non tal! –Si tal! E cada vez enfadábanse máis e máis. Das palabras pasaron aos feitos e botáronse ás mans, mordéndose e rabuñándose. Cando rematou a pele xa, o tío Antonio tiña entr e as mans a per ruca amarela de Geppetto, e Geppetto decatouse de que tiña enganchada nos dentes a perruca cana do carpinteiro. –Devólvame a miña per ruca! –berrou o tío Antonio. –Pois vostede devólvame a miña, e fagamos as paces. Os dous v ellos, xa con cadansúa per ruca, chocaron as mans e xurar on que serían amigos para toda a vida. –E agora, amigo Geppetto –dixo o carpinteiro como proba de que estaban en paz–, que favor quería vostede? –Quería un anaco de madeira para f acer un monicreque. Terá algo por aí? Tío Antonio estaba encantado, axiña foi ao banco e colleu a peza de madeira que tanto o asustara. Pero no momento en que lla ía dar ao seu amigo, o pau deu unha sacudida e, escor regándolle da man, f oi bater tan f orte como puido nas canelas do pobr e Geppetto. –Ai! Que x eito tan delicado de entr egar os ag asallos aos amig os, tío Antonio! Por pouco me deixa coxo! –Xúrolle que non fun eu! –Quere dicir que fun eu? –Pois logo, a culpa é toda do pau! –Xa sei que foi o pau, pero foi vostede quen me pegou nas pernas con el. –Eu non lle peguei. –Mentireiro! –Geppetto, non me insulte ou chamareille Mazaroca!

r 13 r


–Burro! –Mazaroca! –Mono! –Mazaroca! –Gorila! –Mazaroca! Ao escoitar que lle c hamaban Mazaroca por terceira vez, Geppetto, cego de rabia, botouse ao carpinteiro e volveron pelexar. Cando rematou a liorta, o tío Antonio tiña dúas rabuñadas de máis no nariz e Ge ppetto tiña dous botóns de menos na chaqueta. Como as perdas eran semellantes, chocaron as mans e xuraron que serían bos amigos para o resto das súas vidas. Geppetto colleu a delicada pe za de madeira, deu as g razas ao tío Antonio e marchou coxeando para a casa. .

r 14 r


G

eppetto vivía nun cuartiño a rentes da terra, por debaixo da escaleira. Os seus mobles non podían ser máis simples: unha cadeira cati-

va, unha cama modesta e unha mesa escang

allada. Ao f inal do cuar to víase unha

lareira co lume aceso, pero o lume non era real, estaba pintado. A carón do lume había, tamén pintada, unha ola fervendo con forza e botando unha nube de vapor que parecía talmente vapor de verdade. Cando volveu á casa, Geppetto sacou as ferramentas e púxose a tallar o monicreque. –Que nome lle poñer ei? –dixo para si–. Cr eo que lle v ou chamar Pinocho. É un nome que lle traerá sor te. Unha v ez coñecín unha f amilia enteira chamada Pinocho: Pinocho o pai, Pinoc ha a nai e Pinoc hiños os nenos. E a todos lles f oi estupendamente. O máis rico deles c hegou a mendigo. Unha vez atopado un nome para o seu monicreque, Geppetto púxose a traballar en firme. Deseguida tallara o pelo, a fronte e os ollos. Imaxinade a súa sorpresa cando se decatou de que os ollos que acababa de rematar se movían e miraban fixamente para el. Geppetto ofendeuse e dixo incomodado: –Malvados ollos de pau, por que mirades para min? Ninguén contestou.

r 15 r


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
As aventuras de Pinocho G / Carlo Collodi - Roberto Innocenti by kalandraka.com - Issuu