Skip to main content

Parece unha formiga G - Pablo Otero

Page 1

Que foi antes, a orde ou a desorde? Dous irmáns, ás veces, pelexan porque non saben darse unha aperta. Aquilo que para uns é orde para outros sempre será desorde. Pero quen ordena a orde? Quen dá a orde? Pode que houbese algo antes. Antes do antes. Antes da orde e da desorde había nada. Un nada tranquilo. O mundo ten un nó que se pode desatar. Cando todo funciona, a vida é un baile, coma abellas bailando baixo o sol. Entón aparece a idea de ordenar todo. Invéntanse os semáforos para que existan accidentes, e os toldos con riscas que van na mesma dirección.


Que curiosa a sombra! Cada un ten a súa, que lle regala o Sol ao nacer. Medrando con nós, sempre ao noso carón. Coa fidelidade dun can. A montaña ten unha. O oso, a campá, as ondas vellas no mar tamén a teñen. Igual que o teu reflexo no espello, as sombras non se poden cambiar. Se estás queda na rúa o tempo suficiente, verás as sombras xogando ao teu redor. Daquela, converteraste nun reloxo de sol. E á formiga asómbraa a súa sombra? Asómbraa. No verán, a sombra dunha rúa ten o seu olor. Un olor especial, dicía meu pai: o olor da sombra.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Parece unha formiga G - Pablo Otero by kalandraka.com - Issuu