4. ZONA DE APRENDIZAXE 5. ALMACÉN DE COÑECEMENTOS 6. BOTÓN DE RECITADO
.
DE
Había unha vez un señor que sabía moitas cousas.
Era un homiño de barba branca e chapeu negro que sempre levaba con el un libro enorme cheo de datos. Pasaba todo o día a ler e a súa sabedoría non tiña fin.
Coñecía a historia do MUNDO, a historia do CEO e da TERRA, a historia dos HOMES e das MULLERES, a historia dos ANIMAIS, a historia dos INSECTOS, a historia dos LUGARES, a historia das CIENCIAS, a historia do PASADO e do FUTURO…
Na súa cabeza amoreábase unha chea de información.
Un día, mentres consultaba na biblioteca unha enciclopedia, decatouse de que non sabía nada sobre o tigre de Bengala.
Amolado por esa falta de coñecemento, devorou todos os libros especializados nesa fera e, despois de moitos meses de estudo, decidiu viaxar á India co fin de ver o famoso tigre cos seus propios ollos.
O LIBRO DE TODOS OS SABERES
VOLUME 12
OS FELINOS