Así é como comeza o conto. Nun escuro, escurísimo outeiro, había unha escura, escurísima vila. Nesa escura, escurísima vila, había unha escura, escurísima rúa. Nesa escura, escurísima rúa, había unha escura, escurísima casa. Nesa escura, escurísima casa, había unha escura, escurísima escaleira. Baixando a escura, escurísima escaleira, había un escuro, escurísimo soto. E no escuro, escurísimo soto…
AsĂ es como empieza esta historia.
‌ vivĂan tres esqueletos.
Eran un esqueleto grande, un esqueleto pequeno e un esqueleto de can.
QUE PODEMOS FACER ESTA NOITE?
PODEMOS SACAR O CAN A PASEAR!
Unha noite, o esqueleto grande sentou na cama e rascou a súa caveira. –Que podemos facer esta noite? –preguntou. –Podemos sacar o can a pasear! E de paso asustar alguén! –propuxo o esqueleto pequeno. –Moi boa idea! –aceptou entusiasmado o esqueleto grande.