Skip to main content

Os catro amigos G - J y W Grimm / Gabriel Pacheco

Page 1

Era unha vez un home que tiña un burro. Durante moitos anos o animal levou a carga ao muíño mais, agora, vello e canso, xa non tiña forzas para ese traballo. Así que o home, para aforrar uns poucos cartos, non lle volveu dar comida. O burro, diante deste negro panorama, decidiu escapar a Bremen para facerse músico da rúa.


No camiño atopouse cun vello can de caza. –Que tes, amigo? –preguntoulle o burro. –Ai! –laiouse o can–, por mor de ser vello e non poder cazar, o meu amo case me mata dunha malleira, así que fuxín. Mais agora non sei como gañar o pan. –Atende –dixo o burro–, eu vou camiño de Bremen para me facer músico, se vés comigo eu tocarei o laúde e ti o bombo. Ao can vello gustoulle a idea e decidiu acompañalo.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook