Page 1


Os รกngulos da brasa


TAMBO DIRECTOR DA COLECCIÓN :

L UÍS R EI N ÚÑEZ

OS ÁNGULOS DA BRASA . MANUEL ÁLVAREZ TORNEIRO ALÉN DA FRONTEIRA . SETE POETAS VASCOS TRÍPTICO . ANTONI MARÍ

I LUSTRACIÓNS

DE

FAUSTO I SORNA


MANUEL รLVAREZ TORNEIRO

Os รกngulos da brasa

TAMBO


Porque es nuestro el exilio. No el reino. JOSÉ ÁNGEL VALENTE

Saber que somos los inconsolables. CARLOS MARZAL


I

TRAMA DE VIDA


MUNDO Hai unha pedra-mundo reiterada. Hai lameiros sen fondo, gárgolas que desovan tristísimos invernos, e hai millóns de cadáveres, e insomnes, e alienados, e pulsións vergoñentas, e borra e analíticas, e fames selectivas, e un fastío que nunca alcanza a ser catástrofe e, porén, fai que neve cruelmente e minta o calendario. Canto outono este intre no bosque de Bomarzo se miro estas acacias! E hai converxencias de razón cainita, seres asemellados pola sombra, instantáneas do reino da podremia, suicidas que choran humanizando o espello. E números que rosman, insatisfeitos sempre. E mendigos con cans perturbando os domingos. Que vello vai Platero! Que vello o libro que xa era vello, e as virxilianas tardes de parral e postigo! Que cirúrxico o tempo! Que vello Marc Chagall! Que vello Shakespeare, e aquel abril de Schubert! E aquel pecado en chamas consagrado.

11


Que vella tanta débeda: a pagada co corpo, todas as rebentadas costuras do desexo. E a cinematrográfica mentira. E a estética burguesa en cartón pedra. Que derrota ese lince que nos mira! Que vella vai a morte, e mesmo o neno que hoxe faría cinco anos! E hai muros alá ao fondo: unha Europa ecuménica e terrible, crimes de mecánica perfecta, e unha paxinación desencantada, un fagot incontido a media tarde, unha vida pendente dun goteiro, unha memoria para non dar volta e algo que sempre vive de xeonllos. E ese morto que pasa desdurmido, tan contrario ao correcto. Que vello está este día que nada novo trouxo!

12


UN DE TANTOS Apuntouse ao inmediato que era a eira, a brétema plural, a certa espiña igualmente plural, multiplicada. Apuntouse a unha herdanza que non deu máis de si que soños enganosos e campos societarios sementados de espadas como máis tarde soubo. Exerceu de si mesmo. Foi o primeiro de si mesmo, sempre. Camiñou declinante entre as vodas do século e un anticipo de futuro morto. Obedeceu ás chuvias fortuítas, a esa abstracción bovina que teñen certas tardes que xa nada revelan. Ensimesmouse nas arañeiras dos ensimesmados. Perdeu o tren aquel que xa non pasa. Foi terrenal reverso da ledicia sen coñecer a Hölderlin. Non se sabe o seu nome que é o de tantos. 13


ABRIL Abril é penetrante ata drogar a saúde que teño a salvo nas palabras. É fría, como un rancor, a auga espida no meu rostro. Agora estou durando espesamente. A penuria levanta un alpendre de outono, un circo de insufribles luminarias, ofrece a súa maxia de cartón e os tristes transformistas que algunha noite cean un recordo e unhas doses de calcio. E pasan trens con vidros afumados, con luces de sepelio, e soa a canción onde ninguén atopará acubillo. Resiste aínda a muller da alcuza. E os mortos fanse grandes, entran a duras penas nalgún verso, pechan o bulevar dalgunha aurora, extravían un vulto mal atado. O fume fía os días do suburbio e hai animais dobrados de fatiga,

14


e a roupa sufrida que a suor embrutece, o gas贸leo dun luns iconoclasta; e hai un destempo inm贸bil e uns seos vanamente esquecidos. Unha man amarela apaga o candelabro: o que queda da tarde en esperpento. Un sol sucumbe en ouro de holocausto. E o mundo abre un hospital in煤til a onde levar谩n un neno roto no infinito accidente deste tempo. Abril son doce meses cada ano.

15


© do texto: Manuel Álvarez Torneiro, 2012 © desta edición: Kalandraka Editora, 2012 Italia, 37 - 36162 Pontevedra Tel.: 986 860 276 faktoria@faktoriakdelibros.com www.faktoriakdelibros.com Faktoría K de Libros é un selo editorial de Kalandraka Primeira edición: marzo, 2012 ISBN: 978-84-15250-36-4 DL: PO 66-2012 Reservados todos os dereitos


Os ángulos da brasa  

Faktoría K de Libros, poesía, TAMBO

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you