M ANUEL Á LVAREZ T ORNEIRO
Onde nunca é mañá
I
O MANDATO DO TEMPO
TERRITORIO Aí está o espiño respirando, a uña irreprimible, aí está a alquitara destripada, exánime, a tecla que confirma, o exabrupto espantando os paporrubios, todos os argumentos do cinabrio e certa dor de vértebra violeta. E os vellos oratorios violentados, as palmas que vibraron, o lirismo do neno mexando nas formigas, a credencial da morte baleirando os espellos, a vida que remata sendo historia proclive ao esquecemento. E a maiores as almofadas cómplices que saben máis que calan: as almofadas, esas que se un día falasen rebentaría o mundo.
11
COÑECINOS Coma apalpando un frío derradeiro cheguei e fun ollándoos; coma pisando espellos entrei ata os durmidos en cóncavos silencios; mirei os resignados e os inocentes e os das perdas nas dores rotatorias, nas brasas da outonía, nas alcobas da morte, nas cohesiós amantes… Coñecinos. Porque dicían o meu nome impuro prolongado en mil nomes, a miña insuficiente paz e vangloria e apuntaron, certeiros, o perigo da desmemoria un día: o de non ser. Precisaron a culpa xeral, de nome duro e humano. Porque alí estaban eles. Porque alí era eu.
12
LOGO FOI A VENCIDA PRIMAVERA Pasan nubes dun ceo desaborido. Pasa un día quedando: aquel tempo durando. Na fragua da montaña golpeaban o ferro e a vida era un son medieval sobre os cotos. Na foto fixa onde nos miramos de súpeto, estrañados, na tarde cara ás sombras, as dalias eran luz esclarecida e había diamantes de madeira, fondo caudal de música, tristuras de algodón, torsos ardentes. Aquela infancia aínda non pensaba apedrar as pozas nin arrincarlles as ás ás moscas na canícula. Logo foi a vencida primavera, o madrigal cativo na inquietude e aquel espello nunca atravesado.
13
ÚNICA GLORIA Roldas de nenos. Citas no labirinto. Lúas demoradas no orballo. Un vento longo, sementes navegantes polo limbo das calmas. Un perfume sabido se cerramos os ollos. Un Tiépolo convulso nun recanto da tarde. O verde en brillo alzado: turbación esmeralda. O reino das especias. A xente nos retratos. O campo dos labores. Un animal de cobre. Esa beleza nunca prendida nas palabras. Nenos azul celeste, a fe dos mendicantes, os desterros que salvan, a deriva dos astros
14
nos que nos desmedimos, liturxias que consolan os do rabel tanguido. Un silencio aĂnda puro. Herdanza. Sangue. Premas. Alborada e vendima. E graza. E morte certa como Ăşnica gloria.
15
WWW.FAKTORIAKDELIBROS.COM