Animais extraordinarios
Ollos 1
páx. 4
2 A nosa visión é unha das máis perfectas do reino animal: somos quen de ver case todas as cores, detectamos o movemento con precisión e dispoñemos dunha visión estereoscópica que nos permite ver o mundo en tres
páx. 6
3 páx. 8
dimensións e calcular as distancias con exactitude. A maioría dos animais ven dunha forma moi diferente á humana. Uns aprecian cores que nós non podemos distinguir. Por exemplo, as abellas ven vistosos debuxos de cor ultravioleta en flores que a nós nos parecen brancas. Outros ven con máis nitidez, teñen un maior campo
4
páx. 10
5 páx. 12
visual ou contan cunha visión nocturna tan sensible que lles permite cazar en condicións nas que nós non veriamos nada. Un destes animais é o tarsio (Tarsius sp.), un
6
páx. 14
pequeno primate arborícola que vive nas selvas do sueste asiático e que se pode ver na portada deste libro.
As cores do mundo dependen do ollo que as mira. Millóns de anos de evolución provocaron que aparecesen
7
páx. 16
8
páx. 18
ollos adaptados a todo tipo de ecosistemas: ollos que permiten espreitar o medio ambiente, recoñecer os perigos que lles axexan, capturar presas…, en fin, sobrevivir. Neste libro descubriremos como ven algúns destes animais extraordinarios e compararemos a súa visión coa dos seres humanos.
9
páx. 20
10 páx. 22
11 páx. 24
12 páx. 26
XIBÓN Hylobates sp
É un pequeno primate da superfamilia dos homínidos. Hai 15 especies de xibóns; todos teñen os brazos moi longos e carecen de cola. O xibón vive en grupos formados por varias parellas coas crías. A súa comida preferida son os figos. Completa a súa dieta con froitas, follas, flores, insectos e outros pequenos animais invertebrados. O xibón pasa case toda a vida pendurado das pólas máis altas das árbores, das que non baixa case nunca. Desprázase cunha axilidade incrible balanceándose dunha póla a outra e facendo piruetas espectaculares. As poucas veces que camiña polo chan, anda cos brazos cruzados por riba da cabeza, así mantén mellor o equilibrio. É o mono que máis se parece ao home na forma de andar. As mandas de xibóns son moi ruidosas: berran e ouvean, todos ao mesmo tempo, cancións moi complexas. Cando están en grupo séntense seguros e, entre todos, espantan outros monos do seu territorio. O xibón vesguea moito. Move os ollos independentemente: os dous cara a dentro para enfocar obxectos próximos ou os dous cara a fóra para enfocar obxectos distantes. Ademais, é capaz de cambiar o enfoque moito máis rápido ca os humanos: nun instante pode pasar de mirar a froita que está a comer a ver a aguia que se lanza sobre el. Isto pode salvarlle a vida.
Vive nas densas selvas tropicais e subtropicais do sueste de Asia.
ANIMAIS EXTRAORDINARIOS |
ollos 1
Precisión de acróbata A maioría dos mamíferos non distinguen as cores, pero o xibón percíbeas igual ca o home. Isto permítelle distinguir os froitos maduros –vermellos, morados ou amarelos– entre a follaxe verde da selva. O xibón dispón dunha extraordinaria visión en tres dimensións: cada ollo produce unha imaxe lixeiramente distinta. Ambas as imaxes superpóñense no cerebro e crean unha escena con sensación de profundidade. Percibe as distancias moito mellor que as persoas e pode chimpar entre as pólas e lianas da selva sen tropezar e caer ao chan.
Para ter esta visión binocular tan boa, a cara ten que ser chata e os ollos deben estar dispostos cara á fronte. Como consecuencia, o seu campo visual é moi pequeno: só pode ver o que ten diante e non o que ten aos lados. Así ve unha persoa a través dunhas lentes de mergullo.
LEÓN Panthera leo
É un gran felino, de corpo musculoso e dotado dunha dentadura colosal na que destacan catro enormes dentes cairos. O león é o depredador máis poderoso e coñecido da sabana africana. Vive en mandas formadas por un grupo de femias cos seus cachorros, baixo o dominio de un ou dous grandes machos. Os machos que non conseguen dominar unha manda viven sós ou en pequenos grupos, lonxe das femias. O león pasa a maior parte do día durmindo a sesta á sombra dunha árbore, movéndose o menos posible para soportar mellor as altísimas temperaturas da sabana. Á noitiña ponse en movemento para buscar auga e alimento. As presas habituais do león son os grandes herbívoros que pastan nas inmensas chairas de África. Cando cazan animais tan grandes e veloces, as leoas forman partidas moi ben organizadas. Para capturar animais máis grandes, como elefantes e xirafas, necesitan a colaboración do macho que, cos seus 250 quilogramos de peso, se colga do pescozo da vítima ata derrubala para que as leoas poidan esnaquizala.
6
Na actualidade, case todos os leóns habitan na África subsahariana, pero aínda existe unha pequena poboación na India.
ANIMAIS EXTRAORDINARIOS |
Visión nocturna do león
Visión nocturna do ser humano
Cazador nocturno Grazas á súa extraordinaria visión nocturna, os ataques do león son moito máis efectivos de noite ca de día. Pode localizar unha presa a centos de metros de distancia, aínda que estea iluminada só pola luz das estrelas.
os demais animais. Isto é así porque detrás da retina ten unha membrana parecida aos reflectores das bicicletas. Esta membrana, chamada tapetum lucidum, fai que os ollos do león brillen cunha cor azul turquesa
O seu agudo oído e o seu sensible olfacto tamén lle son de grande axuda nas cacerías nocturnas.
cando, de noite, son atinxidos polos faros dun auto-
O ollo do león percibe ata o máis tenue resplandor durante a noite, o que lle permite ver moito mellor ca
gatos, que nesas circunstancias tamén quedan cega-
móbil. O mesmo lles sucede a outros felinos, como os dos e poden ser atropelados.
ollos 2