O-tranvia-numero-flor-gal

Page 1


O TRANVÍA NÚMERO FLOR

Guia Risari Federico Delicado

Laura sempre contaba historias incribles.

Falaba dun tranvía no que sucedían cousas extraordinarias.

Ninguén a cría, agás Omar, un rapaz reservado e melancólico.

–Estraño a miña casa –dicía el–. Estraño o país onde nacín.

–Queres volver a velo? –preguntoulle Laura un día.

–Mais, como? –respondeu el cos ollos moi abertos.

–Esta tarde espérame ás tres na parada do tranvía.

Iremos xuntos.

Omar asentiu e ás tres en punto estaba con Laura agardando o tranvía.

–Cando vai chegar? –preguntou impaciente.

–Depende... –respondeu ela sen dar máis detalles.

–De que? –insistiu el.

–Do Sol, creo.

Unha raiola acariñou a súa fronte e nese intre chegou troupeleando un vello tranvía de cor laranxa.

Omar tentou ler o seu número, pero no seu lugar había unha flor.

ISBN: 978-84-1343-349-3

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.