Coma un borrón de tinta chinesa sobre un caderno en branco. Así cae a sombra de Mamá Corvo sobre as árbores.
Arroupado coa súa manta de neve, o bosque dorme. Mamá Corvo gralla dende unha póla. –Cinco minutos máis –bocexa o vento entre as árbores.
–Que estraño –murmura o paxaro. Un sendeiro de pegadas cruza o bosque dormente: Avó Oso xa espertou.