

Era unha vez un pequeno oso chamado Chispa, que vivía nunha aldea rodeada de árbores e flores.
Coñecía ben todos os recunchos do bosque. Alegre e decidido, pasaba horas dun lado a outro na procura de novas aventuras.

Unha mañá, os paxaros que revoaban entre as ramas quedaron sorprendidos ao ver pasar a Chispa coma un raio cara á súa casa, e cantaron: O osiño, moi contento, correndo vai, correndo vai.
Ao seu paso canta o vento: Onde irá? Onde irá?


